Magazine

A cidade interpretada en Baleiro

Publicado el 11 noviembre 2010 por Calamar
A cidade interpretada en Baleiro Desde Baleiro gustaríanos convidarvos a un encontro informal co comisario Pablo Fanego. O encontro terá lugar este venres 12 ás 19:30 en Baleiro (mapa), Santiago de Compostela.
Como sabedes, Pablo ven de presentar a segunda edición de A Cidade Interpretada. A nosa intención é establecer unha charla sobre o proxecto de arte pública que naceu en 2006 nas rúas de Santiago de Compostela e que desde outubro de 2010 podemos desfrutar de novo. Así mesmo, tentaremos achegar outras reflexións máis amplas como o papel dos comisarios fronte as políticas culturais ou a situación do espazo público na Galiza, polo que nos gustaría contar coa vosa presenza e opinións. http://www.facebook.com/baleiro.lab

También podría interesarte :

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Quizás te interesen los siguientes artículos :