Pois un deses lugares que gozará dunha privilexiada vista dos lumes, sen lugar a dúbida, será esa horta marabillosa de
A Horta d’Obradoiro. Sí, sÍ, lestes ben, a horta. ¡
Santiago nunca deixará de sorprender!. Un local novo, con menos de seis meses de vida e que xa foron varias persoas, sen nada que ver entre eles, os que me deron boas referencias do restaurante.
Con estes comentarios, estaba claro que a visita
A Horta d’Obradorio non podía demorar. Pois xusto a semana pasada, á primeira oportunidade que tiven, fun a comprobar as viandas que nesta casa ofrecen e, verificar, “in situ”, a situación privilexiada, aos pés da
Catedral.
Era un destes venres calurosos, coa cidade chea de turistas. Quedara co meu querido amigo
Alonso, ao cal levaba sen ver unha boa tempada e, tiña que poñerme ao día, da súa vida amorosa.
Cheguei sen reserva, o local está case en fronte ao mítico
Casa Marcelo. Prométovos que nin se me pasase pola mente, que fora a estar todo cheo, pero cando os que entraron antes ca min ao restaurante, deron media volta, a cousa non pintaba ben. Aínda así arrisqueime, viñera a comprobar o restaurante e non me ía render tan rápido. Esperei na barra tomando algo, a ver se había sorte e quedaba unha mesa libre, porque
Alonso aínda ía tardar un bo anaco.
Un trato exquisito en todo momento, unha atención polos detalles, un mimo polo cliente, teríades que ver como se desculpaban cos turistas que viñan, recomendados polos diferentes hoteis da cidade e, que tiñan que dar volta, ao chegar, e comprobar que estaba o restaurante cheo. Canto teñen que aprender, por aí, moitos que din ser profesionais.
Despois de dar unha boa visual ao restaurante, de gozar dunha caña na horta e o meu acompañante avisarme de que aínda ía tardar vinte minutos, un dos camareiros, avísame de que en menos de media hora teriamos unha mesa, xa que unha das reservas que tiñan non se presentou. ¡A isto chámaselle sorte!
A pesar de todo o bo que ten este restaurante ten un pero, e é, que o “comedor” ao non ser moi grande ten as mesas demasiado xuntas para o meu gusto. Tamén é unha pena, que con esa marabilla de horta, aínda non estea aproveitada para que se poida degustar os ricos pratos que aquí serven.
Mentres chegaban os pratos puxéronnos un “
tentepie”, que xunto coa amena conversación que tiñamos, fixeron que a espera, fose do máis levadeira.
De primeiro pedimos un mixto de croquetas, ricas, algo “lixeiro” para os pratos contundentes que virían a continuación. Entre as recomendacións do camareiro, decantámonos polo cordeiro, pero con elaboración distinta. O meu acompañante, clásico el, servíronllelo, imos a dicir, do xeito tradicional e eu aventureime e pedino esmiuzado e prensado. De luxo, un acerto, pratos moi bos.
Aínda cos estómagos cheos, tivemos un oco para degustar a sobremesa, que deu paso aos cafés, pero estes xa foron fóra, na horta.
Un erro pola miña parte foi non botar unha ollada en condicións á carta, xa que en todo momento deixeime aconsellar polo persoal. Prometo en próximas visitas un estudio máis exhaustivo.
Un local singular, ao entrar encontrarédesvos unha pequena barra á dereita, e veredes os “médicos” traballando no “quirófano”. Un pasillo conduciranos ao comedor, para a continuación descubrir ese invernadoiro fantástico, que nos dará paso á horta. Unha pequena aldea no medio da cidade.
A Horta d’Obradorio é un dos restaurantes que está en boca de todos en
Santiago. Situado onde estaba antes o restaurante
Huertas, moi concorrido,
reservar mesa, cómese de luxo. Prezos razoables para a calidade do produto. Gustaravos, seguro que volveredes.
UBICACIÓN: tomando como referencia a Catedral, baixaremos polas escaleiras que van pegadas ao Hostal dos Reis Católicos e baixando a rúa Hortas, veremos o restaurante a man dereita.
Dirección: Rúa das Hortas, 16,
Teléfono:881 03 13 75