Revista Viajes

A horta d’obradoiro

Por Xurxo @RXurxo

O día grande de Galiza, a festa por excelencia está aquí, o Apóstolo. E co recordo sempre permanente das víctimas do tren de Angrois, a cidade de Santiago prepárase para o seu día.1437818893871Ver os lumes da Catedral é case unha obriga, estando a noite do 24 na capital galega. Todo o mundo “peléxase” por un bo sitio na Praza do Obradoiro e, os lugares da cidade, cas mellores vistas, están competamente cheos.

1437818516172
Pois un deses lugares que gozará dunha privilexiada vista dos lumes, sen lugar a dúbida, será esa horta marabillosa de A Horta d’Obradoiro. Sí, sÍ, lestes ben, a horta. ¡Santiago nunca deixará de sorprender!. Un local novo, con menos de seis meses de vida e que xa foron varias persoas, sen nada que ver entre eles, os que me deron boas referencias do restaurante.
1437819077015
Con estes comentarios, estaba claro que a visita A Horta d’Obradorio non podía demorar. Pois xusto a semana pasada, á primeira oportunidade que tiven, fun a comprobar as viandas que nesta casa ofrecen e, verificar, “in situ”, a situación privilexiada, aos pés da Catedral.
1437819679646
Era un destes venres calurosos, coa cidade chea de turistas. Quedara co meu querido amigo Alonso, ao cal levaba sen ver unha boa tempada e, tiña que poñerme ao día, da súa vida amorosa.
1437818801033
Cheguei sen reserva, o local está case en fronte ao mítico Casa Marcelo. Prométovos que nin se me pasase pola mente, que fora a estar todo cheo, pero cando os que entraron antes ca min ao restaurante, deron media volta, a cousa non pintaba ben. Aínda así arrisqueime, viñera a comprobar o restaurante e non me ía render tan rápido. Esperei na barra tomando algo, a ver se había sorte e quedaba unha mesa libre, porque Alonso aínda ía tardar un bo anaco.
1437818605452
Un trato exquisito en todo momento, unha atención polos detalles, un mimo polo cliente, teríades que ver como se desculpaban cos turistas que viñan, recomendados polos diferentes hoteis da cidade e, que tiñan que dar volta, ao chegar, e comprobar que estaba o restaurante cheo. Canto teñen que aprender, por aí, moitos que din ser profesionais.
1437819265483
Despois de dar unha boa visual ao restaurante, de gozar dunha caña na horta e o meu acompañante avisarme de que aínda ía tardar vinte minutos, un dos camareiros, avísame de que en menos de media hora teriamos unha mesa, xa que unha das reservas que tiñan non se presentou. ¡A isto chámaselle sorte!
1437819330019
A pesar de todo o bo que ten este restaurante ten un pero, e é, que o “comedor” ao non ser moi grande ten as mesas demasiado xuntas para o meu gusto. Tamén é unha pena, que con esa marabilla de horta, aínda non estea aproveitada para que se poida degustar os ricos pratos que aquí serven.
1437819405423
Mentres chegaban os pratos puxéronnos un “tentepie”, que xunto coa amena conversación que tiñamos, fixeron que a espera, fose do máis levadeira.
1437819467124
De primeiro pedimos un mixto de croquetas, ricas, algo “lixeiro” para os pratos contundentes que virían a continuación. Entre as recomendacións do camareiro, decantámonos polo cordeiro, pero con elaboración distinta. O meu acompañante, clásico el, servíronllelo, imos a dicir, do xeito tradicional e eu aventureime e pedino esmiuzado e prensado. De luxo, un acerto, pratos moi bos.
1437818777516
Aínda cos estómagos cheos, tivemos un oco para degustar a sobremesa, que deu paso aos cafés, pero estes xa foron fóra, na horta.
1437818710134
Un erro pola miña parte foi non botar unha ollada en condicións á carta, xa que en todo momento deixeime aconsellar polo persoal. Prometo en próximas visitas un estudio máis exhaustivo.
1437818566730
Un local singular, ao entrar encontrarédesvos unha pequena barra á dereita, e veredes os “médicos” traballando no “quirófano”. Un pasillo conduciranos ao comedor, para a continuación descubrir ese invernadoiro fantástico, que nos dará paso á horta. Unha pequena aldea no medio da cidade.
1437818923639
Horta d’Obradorio é un dos restaurantes que está en boca de todos en Santiago. Situado onde estaba antes o restaurante Huertas, moi concorrido, reservar mesa, cómese de luxo. Prezos razoables para a calidade do produto. Gustaravos, seguro que volveredes.

UBICACIÓN: tomando como referencia a Catedral, baixaremos polas escaleiras que van pegadas ao Hostal dos Reis Católicos e baixando a rúa Hortas, veremos o restaurante a man dereita.

Dirección: Rúa das Hortas, 16,

Teléfono:881 03 13 75


Volver a la Portada de Logo Paperblog

Revista