Revista Salud y Bienestar

A lingua de coidar...

Por Enferevidente @EnferEvidente

A lingua de coidar...

Mans que transmiten códigos

Hoxe 17 de maio é un día moi especial para min, pero tamén para a cultura de Galicia... Eu preferiría que en Galicia se tivesen 364 días co galego normalizado na vida social cotián mais como coa hixiene de mans proe non facer ren no día sinalado.
Hoxe coido que é o día de reflexionar sobor da linguaxe (o código do mesmo) como barreira ou ferramenta na comunicación co doente, coidador, comunidade...
Fai uns días dei con un artigo que describe as experiencias de enfermeiras suecas ó falar de saúde con pais non nativos. Xa noutras ocasions temos comentado o difícil que é facer distincions cando neste ámbito se traballa en estuda-la efectividade da comunicación; por iso é doado caer na ilusión de que o código o é todo.
En realidade non hai tanto unha "lingua de coidar" como un "achegamento ó coidar" pois é a falla de comprensión cultural; o recoñecer ás coordenadas culturais do outro, o que marcan as diferencias e fan de barreira ou de porta no coidado.
Fai poucas horas aconteceu un feito tremendo nun servizo de urxencias do CHOU un feito que desafía a nosa comprensión e a organización mesma do servizo de atención sanitario e que é como a punta dun iceberg da incomprensión cultural...
Sen ter que chegar á agresión dese calibre o certo é que en moitas ocasions esa desconexión cultural se produce entre profesional e doente-coidador-comunidade e o primeiro elemento para identificala é a fala.
No tempo que a miña nai estivo na residencia de tódalas profesionais que a atenderon de forma impecable a que, sen dúbida, "conectou" con ela era a que lle falaba galego... non había mais que ve-la sorrir cando entraba pola porta.
Así pois a lingua como elemento cultural e como ferramenta de comunicación ten un papel importante no coidado un papel que non debemos despreciar e que, cecais, os propios defensores da lingua están a mancar cando a cosifican como un "dereito" (que non digo que non o sexa) pois con elo a colocan nun plano de batalla xuridico-política que xustamente resta efectividade como "facilitador cultural".

Volver a la Portada de Logo Paperblog