Os ditos son un xeito de transmisión da sabidoría popular que non se debe desbotar.
"Poñe-la venda antes da ferida" ten moitas variantes na súa interpretación e non imos facer un tratado do refraneiro popular; en todo caso enténdese que ante un tema que manca ou sinala se toma unha medida protectora... irrelevante.
Que hai un grave problema coas comunicaciones e pósteres nos congresos profesionais é un feito irrefutable do que neste blog temos pedido axuda para tratar de aportar datos (ver resumo XXII Encuentro internacional de investigación en cuidados páxina 52 ou captura de pantalla na parte final da entrada) e agardamos a pronta publicación dos mesmos como artigo.
Tamén fixemos propostas para "acabar coa perversión do incentivo". na que sinalamos que "Ninguén se atreve a definir nin de lonxe criterios de calidade destas actividades" porque hai un estímulo perverso que pecha o circulo: A relación entre comunicacions/pósteres aceptados e inscripcións ós congresos. Por iso propuñamos unha doble certificación para os eventos; unha para os asistentes que se concede a priori (a actual "interés científico sanitario") e outra para as comunicacions/pósteres a posteriori "Evento baremable SNS" que xulga o sistema de avaliación científica de cada evento.
Sabemos que pouca xente lee as nosas diatrabas (esa entrada leva só 2500 visitas) así que o que comentamos ten mais que ver coa ameaza cada vez mais real por parte dalguns sistemas de saude do SNS de deixar de baremar os eventos científicos.
Mais decepcionantemente non hai un atisbo de autocrítica nin unha proposta de mellora só hai unha "vendaxe preventiva" un "Así son as cousas e non pasa nada que xustifique...".
Volo deixo para leer:
Concordo con que o criterio do ISBN é ridículo posi é un código que se merca e punto mais o resto semella unha estratexia da avestruz.
Curiosamente quen non se pronunica é a "parte social" que é quen negocia nas mesas coa administración eses baremos de méritos e os mecanismos de control e agora que están a meterse no tema da organización de eventos cecais... cecais ou deixan de seren xuiz e parte ou poñen claros os criterios.... porque si non o que se pode pensar é que teñen visto un filón e o que queren é barrer á competencia deixando fora de xogo a outros eventos.
Nas derradeiras liñas do comunicado das SSCCEE sinálase algo moi interesante e que debera aplicarxe xa vai 10 anos a todolos eventos científicos e cursos de formación certificados CfC... un sistema de rexistro... electrónico.
A certificación de todo esto segue a ser unha maraña na que cada quen sae por onde pode dende certificados en papel de alto gramaxe e con timbre do estado ata correos con arquivos de procesador de texto ou pdf no mellor dos casos... mais sin un xeito de verificar a súa autenticidade mais iste é outro problema que pode que tratemos outro día.
EDICIÓN 6/11/19
Do feedback inmediato que recibín quédome coa opinión que apunta a que cecais "temos sociedades científicas por riba das nosas posibilidades" e que a este paso o "científico" vaise converter en irrelevante por saturación.
RESUMO DA COMUNICACIÓN NO XXII ENCUENTRO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN EN CUIDADOS CÓRDOBA 2018.