Revista Deportes

Amistoso: barbadás cadete a 3 -c.d. ourense 2

Publicado el 05 septiembre 2011 por Jmporense @futbolbaseymas

O Cadete A conseguiu derrotar ó Ourense por 3-2 grazas un “hat trick” de Ian na primeria parte. Os locais comezaron moi enchufados o partido. Presionando moi ben a saída de balón contraria e, sobre todo, con moita intensidade. O dominio do Barbadás era moi craro nestes minutos. Non tardaría moito en chegar o primeiro gol de Ian. O dianteiro local aproveitou un erro do porteiro ourensanista e logrou marcar a porta baleira. Xa co marcador a favor, o Cadete A seguiu controlando o xogo. Ian logrou o seu segundo tanto tras aproveitar un bo pase de Manu. Eran minutos nos que o Cadete A tiña o control do partido. Antes de chegar o descanso, Ian conseguiu o seu terceiro gol tras un moi bo disparo dende fora da área. Chegouse ó descanso co 3-0 no marcador.
Na segunda parte o Barbadás deixou de apretar tanto en defensa e, ademáis, deixou de xerar tanto perigo. Porén, as mellores ocasións seguían a ser as do conxunto local que puido facer o cuarto gol en sendas ocasións de Pablo Bande, Yago e Manu. Foi nestes minutos nos que o Ourense conseguiu o seu primeiro gol. Nos últimos minutos de partido o Ourense marcou o 3-2 definitivo logo dun erro en defensa dos locais. E con este resultado chegouse ó final dun partido que deixa boas sensacións de cara ó inicio da liga. FERNANDO

Volver a la Portada de Logo Paperblog

LOS COMENTARIOS (1)

Por   Rita10086
publicado el 05 septiembre a las 13:45
Denunciar

Cuando el espíritu, la voluntad, la derrota mental, la tecnología sólo puede ser una decoración

al por mayor de la camiseta de fútbol www.league-jersey.com [email protected]