Revista Deportes
Asociaciones de Clubes de Fútbol base y aficionado de Galicia muestran desacuerdo con recientes decisiones de la F.G.F.
Publicado el 30 noviembre 2016 por Jmporense @futbolbaseymasAs Asociacións de Clubes de Fútbol base afeccionado de Galicia:AFACO de FerrolAFAC de A CoruñaAFALU de LugoAFOUR de OurenseAFAVI de VigoAFASEC de SantiagoAFAFE de FerrolReunidos o sábado 26 de novembro en Santiago de Compostela queremos facer público os seguintes acordos tomados por unanimidade:1º.- Solicitar unha xuntanza ao Presidente da Federación Galega de Fútbol para amosarlle a nosa preocupación polas medidas que está a tomar a Federación con respecto ao fútbol base galego que enchen de preocupación aos clubes cara o futuro inmediato sobor a viabilidade do fútbol base.2º.- Solicitar da Federación Galega de Fútbol o recoñecemento das Asociacións de Fútbol como parte da estructura do Fútbol en Galicia como entes activos e colaboradores no desenrolo do fútbol base.3º.- Amosar o noso desacordo coa aplicación das últimas medidas referentes ao pago de licencias, fichas, colexiación, contratos, formación de monitores, adestradores e delegados por entender que representa unha carga inasumible.4º.- Pedimos que as medidas que poideran adoptar ao respecto dos resultados abultados nas competicións inferiores, deben ser abordadas tendo en conta o punto de vista do todo o fútbol base e non só polos equipos de élite e profesionais. Polo cal solicitamos se faga un estudo e valoración dos resultados e cales son ou poideran ser as causas das mesmas para logo buscar solución equilibradas que non poidan perxudicar mais ao fútbol base.5º.- Amosamos o noso desacordo á creación de mais categorías superiores nas ligas inferiores polo perxuizo que lle traería ao fútbol e o seu desenrolo e progresión.
As Asociacións arriba referenciadas amosamos o noso compromiso a participar e colaborar nun desenrolo armónico de Fútbol base galego polo cal manteremos xuntanzas periódicas para acadar solucións e alternativas para elo.Futbol Base y mas