Revista Deportes

At. arousana b-0 barbadás-1: preferente femenino

Publicado el 16 enero 2012 por Jmporense @futbolbaseymas
AT. AROUSANA B-0 BARBADÁS-1: PREFERENTE FEMENINOAT. AROUSANA "B": Rocio, Jessica, Lara, Carla, Graciela, Paula, Celia (m.76 Isabel), Ester, Bárbara, Ana e Albita. U.D. BARBADÁS: House, María (m.85 Miriam), Pacy, Abi, Noélia, Cris, Helena, Mónica, Vero, Alba (m. 67 Emma) e Andrea. ÁRBITRO: Pablo Veiga CAMPO: Municipal de BerdónDe novo unha vitoria pola mínima a conseguida polaU.DBarbadás ante un moi bo filial doAt Arousanaque conta con xogadoras moi noviñas pero con moita calidade. O guión deste partido seguiu o da maioría dos partidos desta tempada onde oBarbadáscomezou dominando e chegando constantemente á portaría defendida por Rocio sen que as xogadoras locais lograsen inquietar aHouse. Froito deste dominio, nos primeiros 20 minutos do partido, as visitantes chegaron a sacar 8 "corners"e varias ocasións claras de gol. A primeira clara ocasión chegou aos 5 minutos candoMónica recibe ás costas da defensa e o seu remate sae lixeiramente desviado. Pouco despois éPacia que totalmente soa a un metro da portaría remata de cabeza alto.Helena tamén tivo unha boa ocasión nun remate de cabeza que non encontrou portaría. Co paso dos minutos e a falta de acerto cara o gol doBarbadás, oAtArousanafoise sacudindo do dominio visitante eHousetivo que sacar unha boa man a tiro de Bárbara. O único gol do partido foi no minuto 39 nunha falta a 6 metros fóra da área queCris toca paraHelenae esta de tiro colocado fai inútil a estirada deRocio. Puido empatar oArousana a pouco de finalizar a primeira parte nunha contra no que Albita, unha xogadora de só 14 anos pero cunha técnica e velocidade impresionante, plántase soa anteHousee o seu tiro sae lixeiramente rozando o poste.
Como lle acontece ao
Barbadás nos partidos que non consegue deixar sentenciados no primeiro tempo, oAtArousanadominou na segunda parte e aínda que non conseguían claras ocasións de gol, se que encerraron o Barbadásno seu campo. As azuis xogaban con moita precipitación e non eran capaces de dar ben ese último pase que era necesario para superar a defensa adiantada das locais. A ocasión máis clara das locais produciuse no minuto 76 nun tiro afastado en "parabóla" que fixo queHouse non lograse chegar e o balón pegou no longueiro. A falta de 2 minutos para o final, a visitanteEmma tivo unha inmellorable ocasión para sentenciar o partido nunha contra na que se foi sola dende medio campo ataRocio e cando o máis doado era tirar colocado, golpeou con forza o balón e pegou no longueiro.

Volver a la Portada de Logo Paperblog