Revista Deportes

Barbadás-2 celanova-0 (preferente sur)

Publicado el 13 noviembre 2011 por Jmporense @futbolbaseymas
BARBADÁS-2 CELANOVA-0 (PREFERENTE SUR)Dispois dun disparo cruzado nos primeiros segundos  do encontró o Barbadás fíxose co dominio total do xogo fronte dun Celanova que a expectativa esperaba balóns divididos para crear perigo. As mellores ocasións neste primeito tempo estiveron nos pés de Felipe nun disparo de falta no minuto 12 precedida dun remate alto de Martín no minuto 8. 
Pero sería a partires do minuto 30 cando os envites locais terían máis perigo destacando dous remates de cabeza de Martín Fdez no minuto 28 e Martín Pérez no 32, a pase de Cristián. 
No minuto 45 o árbitro sinlaría penalti a prol do Barbadás tras derribo do porteiro visitante a Martín Pérez, trasformando o mesmo Felipe e adiantando no minuto 45 ao Barbadás.
No inicio da segunda metade Martín Fdez, na primeira chegada dos locais conseguiría ampliar a  vantaxe para o Barbadás tras recibir na área un pase de Walter Martín e dun disparo cruzado batir a Michi establecendo o 2 a 0. A Tónica desta segunda metade sería similar a do primeiro tempo con máis posesión do balón por parte dos locais ,sobre todo dispois das expulsións, primeiro de Carballo no minuto 54 e dispois nos derradeiros minutos de encontro de Stefan . No minuto 78 sería Outomuro quen tería unha nova ocasión para os locais ao enviar de forte disparo un balón dende a frontal da área grande.
Ao final terceira victoria consecutiva do Barbadás, que serían 4 si contamos o partido aprazado en Nigran no que o Barbadás gañaba ao descanso 3 a 0.
ALINEACIONS: 
BARBADAS . BERTO , JORGE, OLI (JOSIÑO),LOPEZ, CESAR , ALEX (LUIS GONZALEZ),MARTIN PEREZ( OUTOMURO) ,MARTIN FDEZ,MARTIN ,FELIPE ,CRISTIAN (PRADA)
CELANOVA: MICHI , XURXO,T.CURRAS, DIEGO,J ORGE( FRAN) ,CARBALLO ,RICARDO,ESTEFAN,GIL (MAURO),GUERRA, SIMON
ARBITRO: UCHA (OURENSE) Fuente: Web del Barbadás. 
RESULTADOS Y CLASIFICACIÓNVER FOTOS DE EQUIPOS Y PARTIDO

Volver a la Portada de Logo Paperblog