Revista Deportes

Barbadás femenino 3- val do ulla-1

Publicado el 05 septiembre 2011 por Jmporense @futbolbaseymas

BARBADÁS FEMENINO 3- VAL DO ULLA-1Partido cómodo para o equipo femenino do Barbadas contra un rival que xogou con moita ilusión e na segunda metade fixo sufrir as locais. Comenzou o partido da mellor maneira para o Barbadás cando aos 3 minutos nun balón que Yanina cede a Helena ao borde da área e esta tira por encima da porteira visitante facendo o 1-0. O dominio era total das locales pero sin moita profundidade e Pacy fixo o 2-0 no minuto 35 despois de remachar o despexe da porteira nunha falta lanzada por Helena. O Barbadás tivo outra ocasión moi clara na primeira metade cando Yanina sola debaixo da portería non consigue empuxar o balón estando totalmente sola. No minuto 43 do primeiro tempo Helena ten que ser substituida por unha forte rotura fibrilar e o equipo resentiuse da súa baixa. No minuto 55 Yanina fai o 3-0 a pase de Masana e o partido queda prácticamente sentenciado. A partir dese momento o Barbadás xoga totalmente desordenado e con moi pouca actitude e isto fai que o Val do Ulla faga o 3-1 nun penalti cometido por Abi precedido dun erro de toda a defensa local no minuto 65. De ahí ata o final do partido as locais cometeron innumerables erros que non lle custaron algún gol mais pola pouca “pegada” das coruñesas. No minuto 86 Alba erra un penalti .Fofi
BARBADÁS: House, María, Paci, Abi, Jani, Noelia (Rocio m. 70), Helena (Emma m. 43), Alba, Yanina (Nuri m. 60), Masana (Andrea m. 55) e Vero (Laura m. 65)

Volver a la Portada de Logo Paperblog