Revista Deportes
Carlos Castro, Director de la "Revista del Fútbol Femenino Galego", sin pelos en la lengua...¿Perseguidor o perseguido?
Publicado el 27 octubre 2014 por Jmporense @futbolbaseymasCarlos Castro, Director de la Revista del Fútbol Femenino Galego, se siente como podría sentirse cualquiera al que la Web Oficial de la F.G.F. -una vez mas dando la impresión de ser la página del candidato- le nombre y lo que es peor, le califique de "perseguidor" de un delegado federativo. Sin posibilidad de réplica en el mismo medio, sus opiniones detalladas sobre diversos asuntos federativos dejan con el trasero al viento a mas de uno, diecinueve datos que reflejan en algún punto lo que uno -que no es periodista- se atrevería a tachar de miserias morales. Nada sorprende demasiado a estas alturas, pero no parece malo del todo que el aficionado poco informado vaya conociendo datos que algunos "agradecidos" nunca darían a conocer. F.B.
"Tolerancia cero" ás críticas ou a necesidade de que o lobo se disfrace de ovella
O cansino discurso da FGF de García Liñares: Argumento en dúas liñas máis ameaza
No último número da Revista publicamos un artigo titulado "A outra historiado I Irene González". Nel contamos o complicado proceso de preparación dunha homenaxe a futbolistas de hai trinta anos, as do Chorima de Narón, e a organización dun trofeo, o I Irene González, que xogaron na mesma cidade, o Sárdoma e o Friol o pasado 15 de agosto. Consideramos que as posturas do delegado en Ferrol, Mesa García, avalado pola FGF, e do Narón, estiveron a piques de destruir o noso proxecto. Hai uns días, no sitio web da FGF, levada desde hai unhas semanas por Xan Morales Somoza, criticaron o citado artigo acusándonos de facer, mediante a palabra, unha "persecución" ao delegado en Ferrol, Mesa García, e á FGF e deixando caer esa acción posible do Gabinete Xurídico sobre a noso comportamento.
Curioso que, sendo eles os que dificultaron o acto até o día anterior, feito demostrable a través da torpeza do seu comunicado público, queran agora aparecer como perseguidos. Os que teñen "gabinete xurídico", os que envían comunicados que Morales Somoza e só el publica, pero non o fai coa nosa réplica transgredindo o código deontolóxico da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), os que manexan un orzamento anual de 3 millóns de euros, son os lobos disfrazados de ovellas que se sinten "perseguidos" por un relatorio que aparece na páxina 26 da nosa Revista de outubro.
A nota da FGF (publicámola ao final) lévanos a unhas consideracións: Vemos que non teñen límite sobre a valoración do seu poder, que tal vez pensan pode ser ilimitado. Parece que aínda non se decataron que a poboación xa está farta destas actitudes "castizas".
A conclusión á que chegamos é que lles incomoda calquera síntoma de desacordo, que son incapaces de asumir feitos que outros lles consideran errados, e que entenden que os seus excesos verbais, a través de comunicados, non poden ser cuestionados por ninguén, como se estiveran por riba do ben e do mal, como na carta aos clubs de Ferrolterra de Mesa García do 05/09/2014. Nela di que o partido que organizamos xogouse por dúas razóns, sendo a "segunda de ellas, porque yo lo autorizo". Si, non se xoga o partido porque todo está feito con arranxo á norma, o partido xógase porque Mesa García, como se tivera máis valor que a propia lei, o autoriza, como un rescoldo da manu militari.
En definitiva, que aquela FGF de Julio Meana, fechada e lúgubre, que ía transparentar García Liñares, acabou sendo unha reproducción do anterior que, como tamén critica o candidato Vázquez, carece de protocolos e que, como a anterior, ve conspiradores en todo o que se move ao ritmo doutras músicas.
Pois ben, con certeza non temos intención de montar unha conspiración nin facer unha persecución da FGF, nin de Mesa García como eles afirman. Ese tipo de discursos ermos, personalistas, considerámolos unha perda de tempo. Moito máis cando nós non pertencemos a un grupo de opinión, tamén porque traballamos con independencia e esa frescura nos leva a outros intereses, e porque ese tipo de relatorios baseados na crítica en dúas frases e o remate en ameaza, tan propio da política arcaica, destrutiva, baleira de intelecto, tamén moi propia de herdeiros de boina que só escoitaron de lonxe falar de Willy Brandt, non nos aporta nada.
En todo caso, se temos que perseguir algo, non son persoas nin institucións. Se callar, perseguiremos feitos. Dado que continúan atacándonos con comunicados, contrarréplicas e notas de prensa, como se non tiveran máis que facer, imos abrir unha paréntese no noso camiño e deternos, porque sentimos que o grupo de Liñares está pedíndonolo a gritos. Imos compracelo e lembrar, precisamente, feitos obxectivos saídos en diferentes lugares, que para nós son moi desconcertantes dentro da acción de goberno do alcalde no seu paso pola FGF:
Chamáronnos a atención moitas cousas. E como nós non somos, como dixemos, de dúas frases máis ameaza, imos presentar 19 imaxes do político no exercicio presidencial da FGF:
1. Antes da súa chegada cuestionou á directiva de Meana en relación ás contas. Solicitou por elo unha auditoría e, malia todo, unha das súas primeiras medidas foi unha comellada no Monte San Pedro.
2. Nesa época tamén se produciu o debate provocado por Chicho Pérez, anterior candidato nas eleccións do 2007, e candidato antecesor do propio Liñares na corrente de renovación que pretendía a Asociación de Clubes Galegos de Fútbol. O actual presidente do Lemos reclamaba un cargo na Xunta Directiva que o novo máximo mandatario da FGF lle negou. A dúbida da promesa extendeuse aos medios de comunicación, e aínda lembramos aquel turbio debate entre a dupla Pérez-Liñares na Radio Galega na que o alcalde de Cerceda afirmaba, textualmente, "chegar á FGF coas alforxas baleiras".
3. Nesa época decretou un indulto antes do remate da campaña 2010/11. O novo presidente quixo ser magnánimo, seguindo a tradición doutros máximos mandatarios, entrantes ou reelectos, decretando unha amnistía nos castigos a futbolistas e técnicos por sancións non graves. A súa decisión foi polémica e no limite, se non fóra, da legalidade. Non se decatou que iso só se fai no comezo dunha campaña, cando apenas atrapalla o normal decorrer dunha competición, e a piques estivo de provocar un serio problema cara á propia Liga. Houbo un protesto inicial do Ourense que, por piedade de Juan Pérez Gómez, entón presidente do equipo das Burgas, non acabou no Comité Xurídico da RFEF.
4. Pouco despois, o colectivo que liderou, Asociación de Clubes Galegos de Fútbol, até entón un grupo críitico, escolleu como presidente a un dos novos vicepresidentes da FGF, o actual presidente do Betanzos, e brazo dereito de Liñares, Ángel "Garrido".
5. Faise público que un dos membros da súa Xunta Directiva está imputado no "Caso Campeón", no que o principal encausado é o empresario lugués Jorge Dorribo.
6. Na seguinte campaña executou a reforma da Primeira Autonómica. Privilexio para os clubs da provincia da Coruña que contan cos dous grupos a diferenza das tres provincias restantes. Modifica a estrutura competicional elaborada por Julio Meana, un dos feitos mellor traballados polo anterior presidente que, entre o máis ou menos positivo que tivera nos seus 18 anos de mandato foi racionalizar, nun sistema piramidal equitativo desde o punto de vista territorial, os distintos chanzos do fútbol galego. Tras isto, cinco feitos:
a) Algún destes equipos "ascendidos por decreto" estaban vinculados a dirixentes entrantes da FGF.
b) Desacordo cos clubs da Costa da Morte na hora de xogar no grupo cos de Santiago.
c) O cerebro da operación, dirixente do Santa Cruz de Montaos, foi un dos primeiros "desertores" do grupo de García Liñares.
d) Establecemento de 18 equipos en cada grupo da Segunda Autonómica. Os dous grupos de Lugo tiveron 16.
e) Foron alertados polo representante do Narón das consecuencias que os puntos c e d ían ter sobre a Terceira Autonómica de Ferrol no plenillo informativo sobre a reforma celebrado en Ferrolterra. O resultado, por non ir moi lonxe, na pasada campaña, é que nesta categoría, nesta delegación, só xogaron nove equipos. Ao longo da campaña, algúns deles xogaron entre si até seis partidos de Liga (Liga regular, grupo dos catro que se recolocaban para a fase de ascenso e fase de ascenso por eliminatorias), que podían ser oito se coincidían en eliminatorias que non fosen a final na Copa de Ferrol.
7. O presidente Liñares aparece nun saúda dunha Guía sobre fútbol base galego. A publicación na que aparece publicado, dá a apariencia dunha vinculación entre a empresa editora, Lugo Líder, e a FGF. Descoñécense os puntos de venta da obra salvo que é distribuída polo propio ente federativo. Lugo Líder é unha empresa vinculada a Jorge Dorribo que, como dixemos, é un dos principais encausados no "Caso Campeón".
8. Grave conflito cos árbitros de Ourense coa destitución do anterior delegado, Docabo, e do informador de Segunda B, Ruiz Castaño. O primeiro é substituído por Presas López.
9. O 09/08/2013, prodúcese a demisión do primeiro dos seus vicpresidentes. Plácido Díaz, un dos históricos da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol, o grupo de presión opositor de Meana que serviu de plataforma para a chegada de Liñares á presidencia da FGF.
10. Escándalo das aliñacións indebidas de Alondras e Sanxenxo e sentencia contraditoria da xuiza única, Inés Pequeño, que finalmente é revocada por apelación, en Madrid, dando a razón aos equipos apelantes da decisión da xuíza do equipo de Liñares.
11. Segundo se fixo público por algúns dos prexudicados, a FGF condicionou, por dar unha información mal documentada, as aliñacións indebidas de Alondras, Sanxenxo e Somozas contra Ribadeo, Choco e Leonesa, respectivamente.
12. En setembro deste ano dimite o seu segundo dos tres vicepresidentes, Juan Carlos Vázquez Veras.
13. Vázquez Veras verque sobre Liñares acusacións relacionadas coa decisión de que a FGF avalase as débedas de clubs vinculados a dirixentes da FGF, incluído o do presidente, cun pacto FGF-AFE-RFEF. Os clubs son Cerceda, equipo do que García Liñares foi presidente para acceder ao cargo, amén de alcalde desa localidade desde hai moitos anos; Betanzos, equipo que agora preside o seu único vicepresidente; e Dorneda, no que figuraba un membro da Comisión Delegada. Ademais, engádense críticas a decisións semanais da xuiza única que, nos últimos anos, din, puderon beneficiar ao citado trío de clubs.
14. A FGF ampara ao delegado en Ferrol, Mesa García, na hora de ter publicado un comunicado desdeñoso contra un partido de fútbol en Ferrolterra. O comunicado foi extemporáneo por producirse cando o partido estaba lexitimado pola propia FGF; falto de rigor nos contidos por incluír valoracións chamativas de presuntos dirixentes de hai trinta anos - cargos que non pode constatar -, que din que unha homenaxe a aquelas futbolistas cáusalles "decepción" e "inquietud". O texto do comunicado tamén o consideramos contrario á imaxe e promoción do fútbol feminino na delegación, na que o fútbol 11 está en precario, ao afirmar que o partido de fútbol feminino de máis calidade, pola categoría dos contendentes, celebrado en Ferrolterra, "en ningún momento la Federación ha tenido un particular interés en la celebración". Paradoxalmente, no partido estivo unha das persoas que simbólica e facticamente, mellor representa o noso futbol, a seleccionadora absoluta Pilar Neira Martínez que, coincidentemente, foi excompañeira das homenaxeadas.
15. Inestabilidade permanente no fútbol feminino con tres directores da Comisión referida que case non tomaron decisións na mesma: Chus Gil Herbello (Bueu), Ángel "Garrido" (Betanzos) e Juan Carlos Vázquez (Victoria). Desde o último mes antes da entrada da Comisión Xestora, o fútbol feminino galego está sen representante.
16. Dúas mudanzas na estrutura da Primeira Feminina Galega en tres anos.
17. Desfeita no calendario da Segunda División Galega, Grupo 2, desta temporada, que provocou protestas dos clubs.
18. Desde o 2007, época de Julio Meana, a directiva de Liñares foi incapaz de concertar un partido da selección galega absoluta feminina -tamén masculina- contra outra selección nacional ou doutra federación territorial.
19. Na última parte do seu mandato, pouco antes de dar paso á Comisión Xestora, vincula ao sitio web oficial da FGF a Xan Morales Somoza, dono de Mediagalicia, S.L. que xestiona dous sitios web sobre fútbol comarcal e galego. O vínculo de Morales Somoza á web oficial da FGF é presuntamente transgresora dos principios deontolóxicos da profesión xornalística. Enténdese que os medios xestionados por Morales Somoza van disfrutar de vantaxes, por razóns obvias, no acceso á información. No ano 2000, Morales Somoza foi crítico co Racing de Ferrol por un feito semellante acontecido con outro xornalista pertencente a un medio que foi nomeado xefe de prensa do club. Ao presentar esta presunción transgresora da ética non podemos evitar aparellala aos seguintes feitos vitais que Morales Somoza fai públicos nun dos seus sitios web: Morales Somoza foi membro fundador do Colexio de Xornalistas Profesionais de Galicia; tamén foi presidente do Club de Prensa de Ferrol e, sen entrar en moitas máis consideracións, é para salientar que é co-presidente do Premio José Couso á liberdade de Prensa. Sen que apareza no curriculum, engadimos que, desde hai tres anos, en colaboración con Mesa García, delegado en Ferrol da FGF, organiza a Gala de Fútbol de Ferrolterra.
Publicamos agora a nota de prensa editada no sitio web da FGF, xestionado polo dono de Mediagalicia, S.L.:
La Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia declara que no se aprecia, ni el indicio, de ninguna actuación sexista en el comportamiento del delegado de Ferrol
Ante la publicación de una noticia en la página 26 del número 13 de la “Revista do Fútbol Feminino Galego”, en soporte digital, que dirige Carlos Castro, la FGF estudia, a través de su gabinete jurídico, las acciones necesarias a emprender ante la presunta acusación de sexismo contra el delegado federativo de Ferrol Manuel Mesa.
La Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia declaró en su escrito del pasado 7 de octubre y ante la reclamación de Carlos Castro que “non se aprecia a existencia, nin o indicio, de ningunha actuación que se poida cualificar de discriminatoria por razón de xénero, nin a posible vulneración da normativa vixente en materia de igualdade”.
La FGF no entiende está “persecución” del señor Castro contra el delegado federativo de Ferrol Manuel Mesa y contra la actuación de la FGF.Futbol Base y mas