Revista Salud y Bienestar

Cegueira temporal; unha de traslados

Por Enferevidente @EnferEvidente
Cegueira temporal; unha de traslados
O que reflicto nesta entrada é unha mostra de cómo moitas cousas que nos suceden son "culpa" de deixarmonos estar cando é evidente que algo non se fai ben... eso ou que simplemente agardamos vermonos beneficiados nalgún intre pola opacidade e o compadreo.

En SACYL se ten artellado un Concurso de traslados "abierto y permanente" que conleva que cada ano se convocan de xeito automático a traslado as prazas vacantes das categorías incluidas. Na categoría de "Enfermero/a" se ven celebrando dende 2020.

Cegueira temporal; unha de traslados

O sistema vai así:

Fas a petición entre o 1 de Febreiro (ou cando abren a convocatoria) e o 15 de Marzo.

Na solicitude debes incluir un "código de plaza" e o CIAS (código de identificación de asistencia sanitaria) da praza en cuestión si se trata dunha praza de atención primaria nun EAP. Para os hospitais compre con por o código do centro en cuestión. Para o noso exemplo elixo a ZBS Ponferrada I.

Cegueira temporal; unha de traslados

Ahí xa empezamos a trasixir uns e a calar outros... porque si miramos a información dispoñible no propio concurso "plantilla orgánica actualizada" atopamos que nos documentos de atención primaria non veñen nin cos códigos de plaza nin os CIAS senon unha relación do número total delas (o que ven sendo a plantilla orgánica). 

Cegueira temporal; unha de traslados

Moi ben; logo toca mirar información que proporcionan as listaxes das demarcacions de cada xerencia de AP na correspondente categoría... (non se ve na imaxe mais na ZBS Ponferrada I hai 19 demarcacions).

Cegueira temporal; unha de traslados

...ou non; a listaxe ofrecida (non só a do Bierzo: a de TODALAS demarcacions) non trae nin os códigos de plaza nin os CIAS así que non sabes si os números que inclues na túa solicitude son os que corresponden a unha ou outra demarcación: Kafkiano.

Por si non vos decatástedes no noso exemplo (ZBS Ponferrada I) na solicitude só aparencen 9 prazas que son as que figuran na plantilla orgánica... mais hai 19 demarcacions. Cómo saber a qué demarcacion corresponde un CIAS? Misterio.

Eso por non falar do turno de traballo; ben por falta de espazos ben por cumplir coas necesidades da poboación hai equipos de profesionais que traballan en turno de tarde. A quen pide un traslado esa información pódelle ser tremendamente necesaria... u-la a información? Non está nos documentos dispoñibles públicamente cando enches a solicitude.

Así pois FAISE A SOLICITUDE A CEGAS e non só eso; as condicions do concurso indican que as vacantes que finalmente se van cubrir son aquelas existentes a 30 de Xuño mais cando se publican (en 2021 non se publicaron)... 

Cegueira temporal; unha de traslados

A información publicada non completa a información dispoñible á hora de face-la petición: segue sen incluir o turno de traballo por non falar doutras informacións que no ámbito da AP poden ser relevantes á hora de escoller: Núcleos de poboación, medios dispoñibles, número e estructura demográfica da poboación, movementos estacionais... supoño que xa é moito pedir mais Non é certo que se mira eso cando se pide un traslado?

Qué fai a maioría da xente ante isto? Buscar fontes alternativas de información; o que se dí "acepta-lo marco".

Eu coido que ahí está a clave para que as cousas seguan así; si ninguén reclama e hai quen se beneficia polo xeito de sair pola tanxente pois xa está pechado o círculo e mantendonos cegos.


Volver a la Portada de Logo Paperblog