Revista Deportes

Curso de formación de entrenadores en santiago

Publicado el 22 febrero 2012 por Jmporense @futbolbaseymas
CURSO DE FORMACIÓN DE ENTRENADORES EN SANTIAGOO adestrador nacional, Javier Oreiro, actual técnico do Lalín, será un dos profesores no curso "Planificar e dirixir o adestramento de xogadores de fútbol" que organiza a Escola Deportiva Santiagoe o Centro Xuvenil Don Bosco do 26 de marzo ao 30 de abril e no que poderán participar monitores e adestradores de fútbol, con ou sen titulación, e calquera persoa maior de 17 anos que desexen ampliar a súa formación.
As clases terán lugar no Centro Xuvenil Don Bosco os luns de 20.00 a 22.30 horas. Haberá tres módulos de formación de cinco horas cada un. O primeiro (26 de marzo e 2 de abril de 2012) centrarase na planificación dunha tempada; o segundo (9 e 16 de abril) programación do traballo táctico e terceiro (23 e 30 de abril) aplicación práctica dos adestramentos.
O prezo por módulo será de 20 euros., se ben por participar nos tres, o prezo será de 45 euros. O prazo para inscribirse finaliza o 20 de marzo. Máis información: [email protected] ou 981 582 243 e 981 570 263. AFASEC

Volver a la Portada de Logo Paperblog