Mesa y García Liñares inaugurando la sede de Ferrol.
Carlos Castro, Director de la revista del Fútbol Femenino Galego-aquí podéis ver la publicación de Agosto-denuncia con todo tipo de datos la presunta actitud sexista del Delegado de la F.G.F. en Ferrol así como la actitud del Narón Balompé. Aquí os dejo el texto integro de su escrito y que cada cual opine lo que estime oportuno, además de participar en la encuesta inferior, no sin antes dejar claro que si hay una persona que se desvive por la información del olvidado fútbol femenino es el autor que firma la denuncia.Presunto sexismo do delegado da FGF en Ferrol, Mesa García, desprezando unha homenaxe a xogadoras históricas.
Presunto colaboracionismo do Narón Balompé Piñeiros, retirándose “silenciosamente” da necesaria organización formal dun partido de fútbol feminino en Narón.
Ferrol, 30 de agosto de 2014
En relación a uns actos finalmente celebrados o día 15 de agosto no campo do Cadaval
en Narón (A Coruña), consistentes en:
Unha homenaxe ás futbolistas do Club de Fútbol Femenino Chorima, como pioneiras
deste deporte en Ferrolterra hai trinta anos; e na creación dun trofeo, o Irene González, outra homenaxe nominal á gran pioneira do fútbol feminino galego, polo que competiron os equipos do Club Peluquería Mixta Friol e o Sárdoma Club de Fútbol, da Segunda División española.
ambos actos organizados polo medio virtual Revista do Fútbol Feminino Galego,
EXPOÑEMOS ANTE AS SEGUINTES AUTORIDADES E ENTIDADES:
RFEF, FGF, clubs de fútbol, medios de comunicación, partidos políticos, Secretaría
Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de
Galicia, Consejo Superior de Deportes, Ministerio de Sanidad, Política Social e
Igualdad, Comisión Mujer y Deporte do Comité Olímpico Español e asociacións que
loitan polos dereitos da muller, o seguinte:
Homenaxe ao Club de Fútbol Feminino Chorima e I Trofeo Irene González
Foto del día del homenaje y crónica
del Trofeo Irene Gonzalez.
histórica sobre o C.F. Fem. Chorima, que participou na Liga Galega entre as temporadas
1983/84 e 1985/86. Tras contactar cunha xogadora, organizouse unha reunión entre o
redactor e varias antigas futbolistas. No medio daquelas emocións que comezaron a
fluír, a Revista decidiu que traballaría para facerlles unha homenaxe.
Para levalo a cabo decidimos que, dado que o campo no que actuaran habitualmente
como locais, La Solana, no barrio naronés de Santa Icía, non se atopaba en condicións, a
homenaxe debería ser noutro que tamén fora escenario dos seus partidos, o campo
municipal do Cadaval, actualmente e por Convenio Municipal, con prioridade de uso
para o Narón Balompé Piñeiros.
De convocar ás antigas futbolistas, dirixentes e os dous técnicos que adestraron ao club
encargouse unha das xogadoras.
A homenaxe, para revestila de maior atractivo, decidimos organizala cun partido
posterior entre equipos da Segunda División española, algo que nunca acontecera na
comarca de Ferrol. Nese partido sería xogado o I Trofeo Irene González, para tamén
homenaxear, recollendo o seu nome, á pioneira do fútbol feminino galego.
Posteriormente, os equipos que aceptaron a nosa suxestión, Club Peluquería Mixta Friol
e Sárdoma Club de Fútbol, xunto ás homenajeadas, entenderon que a mellor data era a
do venres 15 de agosto de 2014.
Que é a Revista do Fútbol Feminino Galego?
A Revista do Fútbol Feminino Galego é un medio virtual que naceu en outubro de 2013.
Cada mes edita un exemplar de 32 páxinas, en pdf, gratuíto, que ten por obxecto a
difusión e promoción do fútbol feminino en xeral, e do galego en particular.
A Revista do Fútbol Feminino Galego é o único medio existente en Galicia que, de
xeito periódico e téndose especializado nesta temática, dá a maior visibilidade ás
mulleres que practican este deporte, sendo tamén un dos poucos vehículos que existen
en España para axudar a esa divulgación.
A Revista do Fútbol Feminino Galego, para dar maior visibilidade ás futbolistas, clubs e
técnicas e técnicos que desenvolven cada temporada o seu traballo neste ámbito, é a
única que realiza unha Gala anual específica en Galicia.
A Revista do Fútbol Feminino Galego, no ánimo de aumentar a presenza do fútbol
feminino no noso territorio, fundamentalmente naqueles lugares onde está menos
desenvolvido, pretende fomentar este deporte organizando partidos que permitan
ampliar e dinamizar os contactos entre os clubs, ademais de levar este deporte
practicado polas mulleres a un público novo que, estamos seguros, non deixará de
sorprenderse ao ver a calidade das xogadoras.
A Revista do Fútbol Feminino Galego, ademais do seu traballo informativo, tamén
quere, a través do estudo e da investigación, mostrar a descoñecida historia dos equipos
da nosa terra que foran pioneiros, daqueles campionatos oficiais que se xogaron, e
recuperar a memoria daquelas futbolistas que deberon pasar, en moitos casos, barreiras
sociais establecidas por aquel costumismo existente na xeneralidade dos territorios do
estado español.
A cronoloxía dos feitos sobre documentos que obran no noso poder
Día 22 de xullo:
A Revista do Fútbol Feminino Galego, volve confirmar nunha conversación telefónica
co coordinador deportivo do Narón Balompé Piñeiros, que este club, detentor dos
dereitos de uso do campo municipal do Cadaval, en Narón, non ten actividades previstas
no recinto para a tarde do día 15 de agosto. A continuación, a Revista do Fútbol
Feminino Galego envía un email ao referido coordinador solicitando, xa que a
normativa establece que só un club pertencente á RFEF teña potestade para facelo, que
o citado club organice o partido entre el Club Peluquería Mixta Friol y el Sárdoma Club
de Fútbol.
Día 28 de xullo:
O coordinador deportivo do Narón Balompé Piñeiros, despois de poñer en coñecemento
da Xunta Directiva do club a solicitude feita pola Revista, tendo tamén un coñecemento
da mesma o vocal desa Xunta, Jorge Manuel Leira Antón, a través dunha conversación
anterior co director da Revista, fai a solicitude da organización do partido aos correos da
FGF de “competición” e de “info”.
Día 29 de xullo:
Resposta da FGF a través do email de “info” que as peticións deben ser feitas a
“competicion”. En todo caso, engádese que, nesta ocasión, xa desde “info” ía ser posto
en coñecemento de “competicion”. O funcionario da FGF descoñecía, obviamente, que
a solicitud tamén fora realizada a “competicion”.
Día 8 de agosto:
A Xunta Directiva do Narón Balompé Piñeiros envía un email asinado á FGF
rexeitando a organización do partido do I Trofeo Irene González e a vinculación aos
actos da homenaxe ao C.F. Fem. Chorima, entre outras razóns, por non ter ningún
beneficio. O contido dese correo “silencioso” non é comunicado ao coordinador
deportivo do club, nin á Revista.
Día 11 de agosto:
O director da Revista do Fútbol Feminino Galego recibe unha mensaxe na caixa de voz
do móbil na que se lle informa do escrito chegado á FGF tres días antes.
Día 12 de agosto:
O director da Revista pregunta ao coordinador deportivo do Narón Balompé Piñeiros se
ten coñecemento do escrito enviado polo seu club á FGF sendo, a resposta do
coordinador, negativa.
O director da Revista ponse en contacto co presidente da FGF coa intención de resolver
o problema, atopando no máximo responsable federativo galego a comprensión e a
vontade necesaria para que os actos do día 15 teñan lugar como foron programados.
O director da Revista é aconsellado por un alto funcionario da FGF que, dada a retirada
do Narón Balompé Piñeiros para a organización do partido do I Trofeo Irene González,
solicitemos a outro club federado que se faga cargo da mesma.
Consultado o Narón pola Revista fan mención a que eles están a seguir os consellos dun
federativo local para retirar o apoio ao partido.
Consultada a delegación de Ferrol da FGF a este último respecto, o funcionario
contratado nega a veracidade do comentario feito polo club naronés, Este funcionario
comprométese a, no caso de recibir de novo a solicitude do Narón Balompé Piñeiros,
darlle saída ao partido coa consecuente designación arbitral.
O coordinador do Narón Balompé Piñeiros volve enviar a solicitude da organización do
partido, esta vez ao email da delegación ferrolá da FGF.
Pola tarde, e desde o club, de novo a Xunta Directiva do Narón Balompé Piñeiros volve
enviar un email á FGF dicindo que nada ten que ver coa organización dos actos e que
polo tanto, e en negrita, “no solicita bajo ningún concepto, de esa Delegación, el
nombramiento de árbitro para dicho encuentro”.
Unha persoa volve avisarnos telefonicamente do novo email do Narón Balompé
Piñeiros á FGF. Por segunda vez o club faino silenciosamente, sen comunicarllo aos
organizadores dos actos, nin ao seu coordinador deportivo.
A organización do evento, seguindo os consellos da FGF na Coruña, pide a outro club
da comarca de Ferrol, que solicite a organización formal do partido, algo que efectúa
pouco tempo despois.
O coordinador do Narón Balompé Piñeiros, a petición da Revista, envía un email ao
Padroado de Deportes de Narón informando que o campo do Cadaval non terá ningunha
actividade levada a cabo polo seu club. O comunicado é necesario dado que o seu club é
o detentor dos dereitos prioritarios sobre o uso do recinto por Convenio.
Día 13 de agosto:
A organización dos actos solicita o aluguer do campo municipal do Cadaval entre as
16,30 e as 20,30 do día 15 de agosto, que lle é concedido polo Padroado de Deportes de
Narón tras cumprimentar as tramitacións e o pago regulamentario das taxas.
A organización recibe unha chamada dun dirixente do novo club que solicitou a
organización do evento. Na mesma, preocupado, o dirixente infórmanos que está
comezando a sentir recibir por ter facilitado a nosa iniciativa.
Día 14 de agosto:
Nunha visita acordada dous días antes polo director da Revista co presidente da FGF,
para a presentación dun proxecto de difusión do fútbol feminino en Galicia, aproveitase
a circunstancia para comentar con estrañeza todo o que está acontecendo en Ferrol
arredor da homenaxe ao Chorima e do I Trofeo Irene González. O presidente da FGF,
en todo caso, confirma que ten coñecemento definitivo que o partido vai celebrarse por
estar todo en orde.
Paralelamente a esa reunión, o delegado da FGF en Ferrol, Mesa García, envía un
comunicado a 89 emails de xornalistas, medios, dirixentes, clubs, e asociacións de
fútbol en Ferrol, manifestando o desinterese na celebración deses actos por parte da
FGF, facéndose eco de comentarios de, segundo di el, dirixentes do Chorima que “han
mostrado su decepción e inquietud ante el homenaje que se va a celebrar”. Sabemos que
Mesa García non ten capacidade para xustificar documentalmente que eran dirixentes,
trinta anos despois.
Aconséllasenos que para o partido programado de fútbol 8, que sirve como homenaxe
principal ás xogadoras do Chorima, non xogue ou adestre, nin o Narón Balompé
Piñeiros nin outro club federado.
Día 15 de agosto:
Algo tan simple e positivo, que foi antecedido por tantos atrancos incomprensibles, ten
por fin lugar entre a emoción de 27 futbolistas que se volvían atopar tras longos anos.
As xogadoras do Chorima enfrontáronse finalmente contra ex xogadoras do Narón
Balompé Piñeiros, ás que se uniu unha membro da Revista, e recibiron a súa homenaxe
como pioneiras, como se plasmou nunha placa de cristal que lles foi entregada.
Finalmente, con árbitro y asistentes, e de acordo á regulamentación, celebrouse o I
Trofeo Irene González entre o C. Peluquería Mixta Friol e o Sárdoma C.F.
ENTENDEMOS QUE:
Sobre o Narón Balompé Piñeiros:
tentou prexudicar claramente a organización do evento polas seguintes razóns:
A Xunta Directiva tiña coñecemento do que ía acontecer o día 15 de agosto no campo
municipal do Cadaval, a través do seu coordinador deportivo e do vocal, Jorge Manuel
Leira Antón. Tanto é así que enviaron, a través do coordinador deportivo, a solicitude
para a organización do partido e a consecuente designación arbitral.
Sen embargo, descoñecendo os motivos, enviaron dous escritos posteriores á FGF nos
que se opuñan a unha colaboración que eles sabían necesaria, sen comunicar o seu novo
posicionamento, nin ao coordinador deportivo nin aos organizadores reais do mesmo,
Revista do Fútbol Feminino Galego.
Terían logrado o seu propósito se non fose porque unha persoa alertounos por dúas
veces a tempo do que estaba acontecendo. Do contrario, chegaríamos ao día 15
descoñecendo que nos atoparíamos o campo de fútbol fechado e a ausencia de árbitros,
frustrándose a homenaxe ao C.F. Fem. Chorima, a celebración do I Trofeo Irene
González e o consecuente dano para homenaxeadas, clubs vindos desde Friol e Vigo,
organizadores e os 61 establecementos, xunto ao propio Concello de Narón que, a través
das Concellalías de Igualdade e de Deportes, apoiaron este proxecto de exaltación de
deportistas naronesas pioneiras e de promoción do fútbol feminino en Narón.
Sobre Mesa García, delegado en Ferrol da FGF:
Aproveitou a súa posición de poder en cargo e credibilidade, que lle deu a facilidade
para crear opinión cun comunicado enviado a dirixentes, profesionais, medios e
entidades, alleas ou non ao fútbol, en total 89 emails, desdeñando un acto en favor da
muller e o deporte e proxectando unha imaxe negativa sobre o mesmo.
No comunicado expresouse no nome da FGF salientando e recalcando “que en ningún
momento la Federación ha tenido un particular interés en la celebración del encuentro“,
cando o certo é que o presidente da FGF, José García Liñares, non mostrou ese desdén
cara o que estábamos organizando.
O comunicado foi enviado desde a delegación en Ferrol da FGF cando o partido estaba
aprobado.
Non nos constan precedentes de comunicados desta clase, con ese tipo de valoracións,
sobre partidos de fútbol ou homenaxes, realizados pola FGF ou pola súa delegación de
Ferrol. Este comunicado foi unha excepcionalidade, o que nos causa máis estrañeza ao
ser tratado así un acto de promoción e exaltación da muller deportista por parte do
delegado.
Non entendemos por que ese comunicado foi enviado aos medios de comunicación,
algo que nos parece desproporcionado, alleo ás súas funcións para un asunto como este
e carente da mesura que cabe esperarse nun dirixente dunha entidade da transcendencia
histórica e deportiva da FGF.
Tampouco entendemos esa súa petición de "disculpas a todos aquellos ex-directivos del
club que se hayan podido sentir ofendidos por la celebración del evento y las posibles
molestias ocasionadas".
Como tampouco entendemos que fale de "aclarar todas las circunstancias que rodeaban
el contexto del partido, recabada la información necesaria", cando conosco, que éramos
parte, e el o coñecía, tampouco se puxo en contacto para recabar información.
Entendemos que ese comunicado é un desprezo a un acto de exaltación de mulleres
futbolistas e de promoción do fútbol feminino nesta comarca.
No comunicado, en relación á homenaxe, hai valoracións carentes do rigor esixible e
que, por iso, comprometen ao delegado nunha postura que nos lembra outras épocas.
No comunicado dáse valor de verdade á presunta condición de dirixente dunha persoa
que non o pode demostrar, nin na propia delegación existen medios para constatalo
debido á inexistencia de documentación desa época, destruída pola humidade ao ser
almacenada en malas condicións no campo de San Juan.
No comunicado faise eco da manifestación do presunto dirixente para quen unha
homenaxe ás súas presuntas ex xogadoras, tras trinta anos de silencio, cáusalle
“decepción e inquietud”. “Decepción”, por que? “Inquietud”, por que?
A situación do fútbol feminino na Delegación de Ferrol desde a chegada de Mesa
García.
Si sabemos, en todo caso, e esa foi outra das razóns que nos decidiron a organizar o
partido en Narón, que a delegación de Ferrol, por estar na cola das sete delegacións da
FGF na promoción do fútbol feminino, precisa de actos deste tipo.
Si sabemos que a delegación de Ferrol organiza unha liga de fútbol 8 feminina que
parece ser unha fin en si mesma, cando desde calquera estamento, ou de calquera estudo
profesional, sábese que o fútbol 8, igual que acontece na base, é un paso transitorio cara
o fútbol 11.
Descoñecemos se Mesa García, como delegado, ve realmente ao fútbol 8 feminino
como unha fin ou como ese paso transitorio. O certo é que, en Ferrol, o fútbol feminino
pareceu estancarse no fútbol 8 desde a chegada de Mesa García á delegación.
A delegación de Ferrol, no momento da chegada de Mesa García no 2011, xa contaba
con ese problema, que en todo caso agravouse baixo a súa xestión cando o C.D. As
Pontes tamén pasou do fútbol 11 ao fútbol 8. Nestes instantes, só a S.D. O Val está
incluída nas ligas federadas de fútbol 11, concretamente, na Primeira División Galega.
Descoñecemos, igualmente, se para atallar este estancamento, Mesa García realizou
algún tipo de traballo, creou algún tipo de estímulo, ou se preocupou de que a muller se
presentara a unha competición de fútbol 11 na que se puidera equiparar ao home, e
mudar a dinámica.
Descoñecemos, no caso de telo feito, se iso foi publicado en algún lugar, ou levado á
Comisión do Fútbol Feminino da FGF.
En todo caso, o problema no foi resolto a teor da realidade.
Por iso deducimos que o delegado en Ferrol da FGF, Mesa García, ten un desinterese
absoluto no fútbol feminino. Coa su responsabilidade nesta delegación, e a través do seu
comunicado, deu a entender a razón de por que é a máis precaria de toda Galicia en
fútbol 11 feminino. O contido do seu comunicado é outro indicio desta situación: Un
desprezo desmedido ao fútbol feminino e ao papel da muller no deporte. A súa actitude
ante os actos citados expresa esa falta de sensibilidade, impropia da súa
responsabilidade, cara un acto de exaltación de futbolistas pioneiras e de promoción do
fútbol feminino, cando a súa delegación está tan carente das mesmas.
POR ISO SOLICITAMOS
Das autoridades que podan ter competencia sobre isto:
1. Que abran un expediente informativo e, se proceder, disciplinario, polo comunicado
de Mesa García e sobre se houbera indicios ou comportamentos sexistas na súa
intención, coas consecuencias que sobre a súa persoa poidan pesar.
2. O mesmo aos dirixentes actuais do Narón Balompé Piñeiros debido ao seu estraño
proceder.
3. Investigar se existiu unha unidade de acción entre o Narón Balompé Piñeiros e Mesa
García.
4. Investigar se desde a delegación ferrolá da FGF, ou desde o Narón Balompé Piñeiros,
houbo algún comentario negativo ou presionante sobre un dirixente do club que,
finalmente, solicitou a organización do partido.
Dos grupos de calquera signo, particularmente aqueles implicados na loita pola
igualdade social, sobre todo por razóns de sexo:
Que apoien este escrito para que o delegado da FGF en Ferrol, Mesa García, e os actuais
dirixentes do Narón Balompé Piñeiros, rectifiquen o seu comportamento ante actos de
estas características que procuran o recoñecemento deportivo e social da muller e a
difusión do fútbol feminino.
Carlos Castro Piñón – DNI 32.641.995 G
Director de la Revista do Fútbol Feminino Galego
PS:
Para facilitar a súa valoración, engadimos nun anexo o comunicado asinado polo
delegado da FGF en Ferrol, Manuel Ángel Mesa García, enviado a 89 emails.
14/08/2014
N O T A D E P R E N S A F . G . F . - F E R R O L
FEDERACIÓN GALLEGA DE FÚTBOL
DELEGACIÓN DE FERROL
Ref: “I Torneo Irene González”
Debido a la información solicitada y las diferentes cuestiones realizadas a la F.G.F. – Delegación de Ferrol, acerca del “I Torneo Irene González”, queremos aclarar ciertos aspectos del citado encuentro.
Ex-directivos del Club Chorima nos han mostrado su decepción e inquietud ante el homenaje que se va
a celebrar, por lo que, notificamos que la F.G.F. no tiene nada que ver con la organización de dicho
evento. Reseñar y recalcar que en ningún momento la Federación ha tenido un particular interés en la
celebración del encuentro.
De igual modo, deseamos notificar que el Narón B. Piñeiros tampoco está ligado a la organización del
encuentro, y si finalmente se va a celebrar es por la buena voluntad del Cultural Maniños, que ha
solicitado el colegiado pertinente para su celebración.
A su vez, queremos pedir disculpas a todos aquellos ex-directivos del club que se hayan podido sentir
ofendidos por la celebración del evento, y las posibles molestias ocasionadas.
Por último, señalar que no hemos publicitado ningún comunicado anteriormente, ya que era
imprescindible aclarar todas las circunstancias que rodeaban el contexto del partido, recabada la
información necesaria, mostramos nuevamente, nuestras más sinceras disculpas a aquellas personas
relacionadas con el club pero ajenas al I Torneo Irene González.
Sin otro particular, reciban un cordial y afectuoso saludo.
Fdo: Manuel Á. Mesa García
Delegado F.G.F. Ferrol Debate y participa con tu voto y tus argumentos:
Futbol Base y mas