Revista Deportes

Denuncia al Delegado de la F.G.F. en Ferrol por presunta actitud sexista/ Encuesta sobre la Federación y el fútbol femenino

Publicado el 30 agosto 2014 por Jmporense @futbolbaseymas

Denuncia al Delegado de la F.G.F. en Ferrol por presunta actitud sexista/ Encuesta sobre la Federación y el fútbol femenino

Mesa y García Liñares inaugurando la sede de Ferrol. 

 Carlos Castro, Director de la revista del Fútbol Femenino Galego-aquí podéis ver la publicación de Agosto-denuncia con todo tipo de datos la presunta actitud sexista del Delegado de la F.G.F. en Ferrol así como la actitud del Narón Balompé. Aquí os dejo el texto integro de su escrito y que cada cual opine lo que estime oportuno, además de participar en la encuesta inferior, no sin antes dejar claro que si hay una persona que se desvive por la información del olvidado fútbol femenino es el autor que firma la denuncia.
Presunto  sexismo  do  delegado  da  FGF  en  Ferrol,  Mesa  García,  desprezando unha homenaxe a xogadoras históricas. 
Presunto colaboracionismo do Narón Balompé Piñeiros, retirándose “silenciosamente” da necesaria organización formal dun partido de fútbol feminino en Narón. 
Ferrol, 30 de agosto de 2014 
En relación a uns actos finalmente celebrados o día 15 de agosto no campo do Cadaval 
en Narón (A Coruña), consistentes en: 
Unha homenaxe ás futbolistas do Club de Fútbol Femenino Chorima, como pioneiras 
deste deporte en Ferrolterra hai trinta anos; e na creación dun trofeo, o Irene González, outra homenaxe nominal á gran pioneira do fútbol feminino galego, polo que competiron os equipos do Club Peluquería Mixta Friol e o Sárdoma Club de Fútbol, da Segunda División española. 
ambos actos organizados polo medio virtual Revista do Fútbol Feminino Galego, 
EXPOÑEMOS ANTE AS SEGUINTES AUTORIDADES E ENTIDADES:  
RFEF,  FGF,  clubs  de  fútbol,  medios  de  comunicación,  partidos  políticos,  Secretaría 
Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de 
Galicia,  Consejo  Superior  de  Deportes,  Ministerio  de  Sanidad,  Política  Social  e 
Igualdad, Comisión Mujer  y Deporte do Comité Olímpico Español e asociacións que 
loitan polos dereitos da muller, o seguinte: 
Homenaxe ao Club de Fútbol Feminino Chorima e I Trofeo Irene González 

Denuncia al Delegado de la F.G.F. en Ferrol por presunta actitud sexista/ Encuesta sobre la Federación y el fútbol femenino

Foto del día del homenaje y crónica
 del Trofeo Irene Gonzalez. 

No mes de marzo quixemos realizar, para a súa posterior publicación, unha reportaxe 
histórica sobre o C.F. Fem. Chorima, que participou na Liga Galega entre as temporadas 
1983/84 e 1985/86. Tras contactar cunha xogadora, organizouse unha reunión entre o 
redactor  e  varias  antigas  futbolistas.  No  medio  daquelas  emocións  que  comezaron  a 
fluír, a Revista decidiu que traballaría para facerlles unha homenaxe. 
Para  levalo  a  cabo  decidimos  que,  dado  que  o campo  no  que  actuaran  habitualmente 
como locais, La Solana, no barrio naronés de Santa Icía, non se atopaba en condicións, a 
homenaxe  debería  ser  noutro  que  tamén  fora  escenario  dos  seus  partidos,  o  campo 
municipal do Cadaval, actualmente e por Convenio Municipal, con prioridade de uso 
para o Narón Balompé Piñeiros. 
De convocar ás antigas futbolistas, dirixentes e os dous técnicos que adestraron ao club 
encargouse unha das xogadoras. 
A  homenaxe,  para  revestila  de  maior  atractivo,  decidimos  organizala  cun  partido 
posterior  entre  equipos  da  Segunda  División  española,  algo  que  nunca  acontecera  na 
comarca de  Ferrol. Nese partido sería xogado o  I Trofeo  Irene González, para tamén 
homenaxear, recollendo o seu nome, á pioneira do fútbol feminino galego. 
Posteriormente, os equipos que aceptaron a nosa suxestión, Club Peluquería Mixta Friol 
e Sárdoma Club de Fútbol, xunto ás homenajeadas, entenderon que a mellor data era a 
do venres 15 de agosto de 2014. 
Que é a Revista do Fútbol Feminino Galego? 
A Revista do Fútbol Feminino Galego é un medio virtual que naceu en outubro de 2013. 
Cada  mes  edita  un  exemplar  de  32  páxinas,  en  pdf,  gratuíto,  que  ten  por  obxecto  a 
difusión e promoción do fútbol feminino en xeral, e do galego en particular. 
A  Revista  do  Fútbol  Feminino  Galego  é  o  único  medio  existente  en  Galicia  que,  de 
xeito  periódico  e  téndose  especializado  nesta  temática,  dá  a  maior  visibilidade  ás 
mulleres que practican este deporte, sendo tamén un dos poucos vehículos que existen 
en España para axudar a esa divulgación. 
A Revista do Fútbol Feminino Galego, para dar maior visibilidade ás futbolistas, clubs e 
técnicas  e  técnicos  que  desenvolven  cada  temporada  o  seu  traballo  neste  ámbito,  é  a 
única que realiza unha Gala anual específica en Galicia. 
A  Revista  do  Fútbol  Feminino  Galego,  no  ánimo  de  aumentar  a  presenza  do  fútbol 
feminino  no  noso  territorio,  fundamentalmente  naqueles  lugares  onde  está  menos 
desenvolvido,  pretende  fomentar  este  deporte  organizando  partidos  que  permitan 
ampliar  e  dinamizar  os  contactos  entre  os  clubs,  ademais  de  levar  este  deporte 
practicado  polas  mulleres  a  un  público  novo  que,  estamos  seguros,  non  deixará  de 
sorprenderse ao ver a calidade das xogadoras. 
A  Revista  do  Fútbol  Feminino  Galego,  ademais  do  seu  traballo  informativo,  tamén 
quere, a través do estudo e da investigación, mostrar a descoñecida historia dos equipos 
da  nosa  terra  que  foran  pioneiros,  daqueles  campionatos  oficiais  que  se  xogaron,  e 
recuperar a memoria daquelas futbolistas que deberon pasar, en moitos casos, barreiras 
sociais establecidas por aquel costumismo existente na xeneralidade dos territorios do 
estado español. 
A cronoloxía dos feitos sobre documentos que obran no noso poder 
Día 22 de xullo: 
A Revista do Fútbol Feminino Galego, volve confirmar nunha conversación telefónica 
co  coordinador  deportivo  do  Narón  Balompé  Piñeiros,  que  este  club,  detentor  dos 
dereitos de uso do campo municipal do Cadaval, en Narón, non ten actividades previstas 
no  recinto  para  a  tarde  do  día  15  de  agosto.  A  continuación,  a  Revista  do  Fútbol 
Feminino  Galego  envía  un  email  ao  referido  coordinador  solicitando,  xa  que  a 
normativa establece que só un club pertencente á RFEF teña potestade para facelo, que 
o citado club organice o partido entre el Club Peluquería Mixta Friol y el Sárdoma Club 
de Fútbol. 
Día 28 de xullo: 
O coordinador deportivo do Narón Balompé Piñeiros, despois de poñer en coñecemento 
da Xunta Directiva do club a solicitude feita pola Revista, tendo tamén un coñecemento 
da mesma o vocal desa Xunta, Jorge Manuel Leira Antón, a través dunha conversación 
anterior co director da Revista, fai a solicitude da organización do partido aos correos da 
FGF de “competición” e de “info”. 
Día 29 de xullo: 
Resposta  da  FGF  a  través  do  email  de  “info”  que  as  peticións  deben  ser  feitas  a 
“competicion”. En todo caso, engádese que, nesta ocasión, xa desde “info” ía ser posto 
en coñecemento de “competicion”. O funcionario da FGF descoñecía, obviamente, que 
a solicitud tamén fora realizada a “competicion”. 
Día 8 de agosto: 
A  Xunta  Directiva  do  Narón  Balompé  Piñeiros  envía  un  email  asinado  á  FGF 
rexeitando a organización do partido do  I Trofeo  Irene  González e  a vinculación  aos 
actos  da  homenaxe  ao  C.F.  Fem.  Chorima,  entre  outras  razóns,  por  non  ter  ningún 
beneficio.  O  contido  dese  correo  “silencioso”  non  é  comunicado  ao  coordinador 
deportivo do club, nin á Revista. 
Día 11 de agosto: 
O director da Revista do Fútbol Feminino Galego recibe unha mensaxe na caixa de voz 
do móbil na que se lle informa do escrito chegado á FGF tres días antes. 
Día 12 de agosto: 
O director da Revista pregunta ao coordinador deportivo do Narón Balompé Piñeiros se 
ten  coñecemento  do  escrito  enviado  polo  seu  club  á  FGF  sendo,  a  resposta  do 
coordinador, negativa. 
O director da Revista ponse en contacto co presidente da FGF coa intención de resolver 
o  problema,  atopando  no  máximo  responsable  federativo  galego  a  comprensión  e  a 
vontade necesaria para que os actos do día 15 teñan lugar como foron programados. 
O director da Revista é aconsellado por un alto funcionario da FGF que, dada a retirada 
do Narón Balompé Piñeiros para a organización do partido do I Trofeo Irene González, 
solicitemos a outro club federado que se faga cargo da mesma. 
Consultado o Narón pola Revista fan mención a que eles están a seguir os consellos dun 
federativo local para retirar o apoio ao partido. 
Consultada  a  delegación  de  Ferrol  da  FGF  a  este  último  respecto,  o  funcionario 
contratado nega a veracidade do comentario feito polo club naronés, Este funcionario 
comprométese a, no caso de recibir de novo a solicitude do Narón Balompé Piñeiros, 
darlle saída ao partido coa consecuente designación arbitral. 
O coordinador do Narón Balompé Piñeiros volve enviar a solicitude da organización do 
partido, esta vez ao email da delegación ferrolá da FGF. 
Pola tarde, e desde o club, de novo a Xunta Directiva do Narón Balompé Piñeiros volve 
enviar un email á FGF dicindo que nada ten que ver coa organización dos actos e que 
polo  tanto,  e  en  negrita,  “no  solicita  bajo  ningún  concepto,  de  esa  Delegación,  el 
nombramiento de árbitro para dicho encuentro”. 
Unha  persoa  volve  avisarnos  telefonicamente  do  novo  email  do  Narón  Balompé 
Piñeiros  á  FGF.  Por  segunda  vez  o  club  faino  silenciosamente,  sen  comunicarllo  aos 
organizadores dos actos, nin ao seu coordinador deportivo. 
A organización do evento, seguindo os consellos da FGF na Coruña, pide a outro club 
da comarca de Ferrol, que solicite a organización formal do partido, algo que efectúa 
pouco tempo despois. 
O  coordinador  do  Narón  Balompé  Piñeiros,  a  petición  da  Revista,  envía  un  email  ao 
Padroado de Deportes de Narón informando que o campo do Cadaval non terá ningunha 
actividade levada a cabo polo seu club. O comunicado é necesario dado que o seu club é 
o detentor dos dereitos prioritarios sobre o uso do recinto por Convenio. 
Día 13 de agosto: 
A organización dos actos solicita o aluguer do campo municipal do Cadaval entre as 
16,30 e as 20,30 do día 15 de agosto, que lle é concedido polo Padroado de Deportes de 
Narón tras cumprimentar as tramitacións e o pago regulamentario das taxas. 
A  organización  recibe  unha  chamada  dun  dirixente  do  novo  club  que  solicitou  a 
organización  do  evento.  Na  mesma,  preocupado,  o  dirixente  infórmanos  que  está 
comezando a sentir recibir por ter facilitado a nosa iniciativa. 
Día 14 de agosto: 
Nunha visita acordada dous días antes polo director da Revista co presidente da FGF, 
para a presentación dun proxecto de difusión do fútbol feminino en Galicia, aproveitase 
a  circunstancia  para  comentar  con  estrañeza  todo  o  que  está  acontecendo  en  Ferrol 
arredor da homenaxe ao Chorima e do I Trofeo Irene González. O presidente da FGF, 
en todo caso, confirma que ten coñecemento definitivo que o partido vai celebrarse por 
estar todo en orde. 
Paralelamente  a  esa  reunión,  o  delegado  da  FGF  en  Ferrol,  Mesa  García,  envía  un 
comunicado  a  89  emails  de  xornalistas,  medios,  dirixentes,  clubs,  e  asociacións  de 
fútbol  en  Ferrol,  manifestando  o  desinterese  na  celebración  deses  actos  por  parte  da 
FGF, facéndose eco de comentarios de, segundo di el, dirixentes do Chorima que “han 
mostrado su decepción e inquietud ante el homenaje que se va a celebrar”. Sabemos que 
Mesa García non ten capacidade para xustificar documentalmente que eran dirixentes, 
trinta anos despois. 
Aconséllasenos que para o partido programado de fútbol 8, que sirve como homenaxe 
principal  ás  xogadoras  do  Chorima,  non  xogue  ou  adestre,  nin  o  Narón  Balompé 
Piñeiros nin outro club federado. 
Día 15 de agosto: 
Algo tan simple e positivo, que foi antecedido por tantos atrancos incomprensibles, ten 
por fin lugar entre a emoción de 27 futbolistas que se volvían atopar tras longos anos. 
As  xogadoras  do  Chorima  enfrontáronse  finalmente  contra  ex  xogadoras  do  Narón 
Balompé Piñeiros, ás que se uniu unha membro da Revista, e recibiron a súa homenaxe 
como pioneiras, como se plasmou nunha placa de cristal que lles foi entregada. 
Finalmente,  con  árbitro  y  asistentes,  e  de  acordo  á  regulamentación,  celebrouse  o  I 
Trofeo Irene González entre o C. Peluquería Mixta Friol e o Sárdoma C.F. 
ENTENDEMOS QUE: 
Sobre o Narón Balompé Piñeiros: 
tentou prexudicar claramente a organización do evento polas seguintes razóns: 
A Xunta Directiva tiña coñecemento do que ía acontecer o día 15 de agosto no campo 
municipal do Cadaval, a través do seu coordinador deportivo e do vocal, Jorge Manuel 
Leira Antón. Tanto é así que enviaron, a través do coordinador deportivo, a solicitude 
para a organización do partido e a consecuente designación arbitral. 
Sen embargo, descoñecendo os motivos, enviaron dous escritos posteriores á FGF nos 
que se opuñan a unha colaboración que eles sabían necesaria, sen comunicar o seu novo 
posicionamento, nin ao coordinador deportivo nin aos organizadores reais do mesmo, 
Revista do Fútbol Feminino Galego. 
Terían  logrado  o  seu  propósito  se  non  fose  porque  unha  persoa  alertounos  por  dúas 
veces  a  tempo  do  que  estaba  acontecendo.  Do  contrario,  chegaríamos  ao  día  15 
descoñecendo que nos atoparíamos o campo de fútbol fechado e a ausencia de árbitros, 
frustrándose  a  homenaxe  ao  C.F.  Fem.  Chorima,  a  celebración  do  I  Trofeo  Irene 
González e o consecuente dano para homenaxeadas, clubs vindos desde Friol e Vigo, 
organizadores e os 61 establecementos, xunto ao propio Concello de Narón que, a través 
das Concellalías de Igualdade e de Deportes, apoiaron este proxecto de exaltación de 
deportistas naronesas pioneiras e de promoción do fútbol feminino en Narón. 
Sobre Mesa García, delegado en Ferrol da FGF: 
Aproveitou a súa posición de poder en cargo e credibilidade, que lle deu a facilidade 
para  crear  opinión  cun  comunicado  enviado  a  dirixentes,  profesionais,  medios  e 
entidades, alleas ou non ao fútbol, en total 89 emails, desdeñando un acto en favor da 
muller e o deporte e proxectando unha imaxe negativa sobre o mesmo. 
No comunicado expresouse no nome da FGF salientando e recalcando “que en ningún 
momento la Federación ha tenido un particular interés en la celebración del encuentro“, 
cando o certo é que o presidente da FGF, José García Liñares, non mostrou ese desdén 
cara o que estábamos organizando. 
O comunicado foi enviado desde a delegación en Ferrol da FGF cando o partido estaba 
aprobado. 
Non nos constan precedentes de comunicados desta clase, con ese tipo de valoracións, 
sobre partidos de fútbol ou homenaxes, realizados pola FGF ou pola súa delegación de 
Ferrol. Este comunicado foi unha excepcionalidade, o que nos causa máis estrañeza ao 
ser  tratado  así  un  acto  de  promoción  e  exaltación  da  muller  deportista  por  parte  do 
delegado. 
Non  entendemos  por  que  ese  comunicado  foi  enviado  aos  medios  de  comunicación, 
algo que nos parece desproporcionado, alleo ás súas funcións para un asunto como este 
e carente da mesura que cabe esperarse nun dirixente dunha entidade da transcendencia 
histórica e deportiva da FGF. 
Tampouco entendemos esa súa petición de "disculpas a todos aquellos ex-directivos del 
club que se hayan podido sentir ofendidos por la celebración del evento y las posibles 
molestias ocasionadas". 
Como tampouco entendemos que fale de "aclarar todas las circunstancias que rodeaban 
el contexto del partido, recabada la información necesaria", cando conosco, que éramos 
parte, e el o coñecía, tampouco se puxo en contacto para recabar información. 
Entendemos  que  ese  comunicado  é  un  desprezo  a  un  acto  de  exaltación  de  mulleres 
futbolistas e de promoción do fútbol feminino nesta comarca. 
No comunicado, en relación á homenaxe, hai valoracións carentes do rigor esixible e 
que, por iso, comprometen ao delegado nunha postura que nos lembra outras épocas. 
No comunicado dáse valor de verdade á presunta condición de dirixente dunha persoa 
que  non  o  pode  demostrar,  nin  na  propia  delegación  existen  medios  para  constatalo 
debido  á  inexistencia  de  documentación  desa  época,  destruída  pola  humidade  ao  ser 
almacenada en malas condicións no campo de San Juan. 
No  comunicado  faise  eco  da  manifestación  do  presunto  dirixente  para  quen  unha 
homenaxe  ás  súas  presuntas  ex  xogadoras,  tras  trinta  anos  de  silencio,  cáusalle 
“decepción e inquietud”. “Decepción”, por que? “Inquietud”, por que? 
A situación do fútbol feminino na Delegación de Ferrol desde a chegada de Mesa 
García. 
Si sabemos, en todo caso, e esa foi outra das razóns que nos decidiron a organizar o 
partido en Narón, que a delegación de Ferrol, por estar na cola das sete delegacións da 
FGF na promoción do fútbol feminino, precisa de actos deste tipo. 
Si  sabemos  que  a  delegación  de  Ferrol  organiza  unha  liga  de  fútbol  8  feminina  que 
parece ser unha fin en si mesma, cando desde calquera estamento, ou de calquera estudo 
profesional, sábese que o fútbol 8, igual que acontece na base, é un paso transitorio cara 
o fútbol 11. 
Descoñecemos  se  Mesa  García,  como  delegado,  ve  realmente  ao  fútbol  8  feminino 
como unha fin ou como ese paso transitorio. O certo é que, en Ferrol, o fútbol feminino 
pareceu estancarse no fútbol 8 desde a chegada de Mesa García á delegación. 
A delegación de Ferrol, no momento da chegada de Mesa García no 2011, xa contaba 
con  ese  problema,  que  en  todo  caso  agravouse  baixo  a  súa  xestión  cando  o  C.D.  As 
Pontes  tamén  pasou  do  fútbol  11  ao  fútbol  8.  Nestes  instantes,  só  a  S.D.  O  Val  está 
incluída nas ligas federadas de fútbol 11, concretamente, na Primeira División Galega. 
Descoñecemos,  igualmente,  se  para  atallar  este  estancamento,  Mesa  García  realizou 
algún tipo de traballo, creou algún tipo de estímulo, ou se preocupou de que a muller se 
presentara  a  unha  competición  de  fútbol  11  na  que  se  puidera  equiparar  ao  home,  e 
mudar a dinámica. 
Descoñecemos, no caso de telo feito, se iso foi publicado en algún lugar, ou levado á 
Comisión do Fútbol Feminino da FGF. 
En todo caso, o problema no foi resolto a teor da realidade. 
Por iso deducimos que o delegado en Ferrol da FGF, Mesa García, ten un desinterese 
absoluto no fútbol feminino. Coa su responsabilidade nesta delegación, e a través do seu 
comunicado, deu  a entender a  razón de por que é a máis precaria de toda Galicia  en 
fútbol 11 feminino. O contido do seu comunicado é outro indicio desta situación: Un 
desprezo desmedido ao fútbol feminino e ao papel da muller no deporte. A súa actitude 
ante  os  actos  citados  expresa  esa  falta  de  sensibilidade,  impropia  da  súa 
responsabilidade, cara un acto de exaltación de futbolistas pioneiras e de promoción do 
fútbol feminino, cando a súa delegación está tan carente das mesmas. 
POR ISO SOLICITAMOS 
Das autoridades que podan ter competencia sobre isto: 
1. Que abran un expediente informativo e, se proceder, disciplinario, polo comunicado 
de  Mesa  García  e  sobre  se  houbera  indicios  ou  comportamentos  sexistas  na  súa 
intención, coas consecuencias que sobre a súa persoa poidan pesar. 
2. O mesmo aos dirixentes actuais do Narón Balompé Piñeiros debido ao seu estraño 
proceder. 
3. Investigar se existiu unha unidade de acción entre o Narón Balompé Piñeiros e Mesa 
García. 
4. Investigar se desde a delegación ferrolá da FGF, ou desde o Narón Balompé Piñeiros, 
houbo  algún  comentario  negativo  ou  presionante  sobre  un  dirixente  do  club  que, 
finalmente, solicitou a organización do partido. 
Dos  grupos  de  calquera  signo,  particularmente  aqueles  implicados  na  loita  pola 
igualdade social, sobre todo por razóns de sexo: 
Que apoien este escrito para que o delegado da FGF en Ferrol, Mesa García, e os actuais 
dirixentes do Narón Balompé Piñeiros, rectifiquen o seu comportamento ante actos de 
estas  características  que  procuran  o  recoñecemento  deportivo  e  social  da  muller  e  a 
difusión do fútbol feminino. 
Carlos Castro Piñón – DNI 32.641.995 G 
Director de la Revista do Fútbol Feminino Galego 
PS: 
Para  facilitar  a  súa  valoración,  engadimos  nun  anexo  o  comunicado  asinado  polo 
delegado da FGF en Ferrol, Manuel Ángel Mesa García, enviado a 89 emails. 
14/08/2014 
N O T A   D E   P R E N S A   F . G . F .   - F E R R O L
 FEDERACIÓN GALLEGA DE FÚTBOL         
DELEGACIÓN DE  FERROL 
Ref: “I Torneo Irene González” 
Debido  a  la  información  solicitada  y  las  diferentes  cuestiones  realizadas  a  la  F.G.F.  –  Delegación  de Ferrol, acerca del “I Torneo Irene González”, queremos aclarar ciertos aspectos del citado encuentro. 
Ex-directivos del Club Chorima nos han mostrado su decepción e inquietud ante el homenaje que se va 
a celebrar, por lo que, notificamos que la F.G.F. no tiene nada que ver con la organización de dicho 
evento. Reseñar y recalcar que en ningún momento la Federación ha tenido un particular interés en la 
celebración del encuentro. 
De igual modo, deseamos notificar que el Narón B. Piñeiros tampoco está ligado a la organización del 
encuentro,  y  si  finalmente  se  va  a  celebrar  es  por  la  buena  voluntad  del  Cultural  Maniños,  que  ha 
solicitado el colegiado pertinente para su celebración. 
A su vez, queremos pedir disculpas a todos aquellos ex-directivos del club que se hayan podido sentir 
ofendidos por la celebración del evento, y las posibles molestias ocasionadas.  
Por  último,  señalar  que  no  hemos  publicitado  ningún  comunicado  anteriormente,  ya  que  era 
imprescindible  aclarar  todas  las  circunstancias  que  rodeaban  el  contexto  del  partido,  recabada  la 
información necesaria, mostramos nuevamente, nuestras más sinceras disculpas a aquellas personas 
relacionadas con el club pero ajenas al I Torneo Irene González. 
Sin otro particular, reciban un cordial y afectuoso saludo. 
Fdo: Manuel Á. Mesa García 
Delegado F.G.F. Ferrol  Debate y participa con tu voto y tus argumentos:
Futbol Base y mas

Volver a la Portada de Logo Paperblog