Revista España

Doraemon e o reino de Kibo

Publicado el 12 febrero 2010 por Jlopez
14 pelis para os peques
14 pelis para os peques
Sábado 13 de febreiro: Doraemon e o Reino de Kibo. Ciclo de cine para nenos, 14 PELIS PARA OS PEQUES, Todos os sábados de xaneiro a abril, ás 18:00 horas no MACUF.
Nesta aventura, Nobita ten que protexer a Terra do Señor do Planeta Verde que pretende levar todas as plantas a outra galaxia. Vai contar coa axuda de Kibo, unha planta máxica que encontra na montaña que está preto da súa escola.

CONDICIÓNS DE ACCESO: Para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes, a partir das 17:30 horas, e por rigorosa orde de chegada, a recepción do Museo expedirá un número limitado de etiquetas adhesivas, que os asistentes deberán levar en lugar ben visible para poder acceder ao auditorio. Agradecémoslles de antemán a súa colaboración, e recordámoslles que está terminantemente prohibido tocar as obras expostas, así como realizar fotografías con flash dentro do recinto do Museo.

Coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Linguística do Concello da Coruña.
www.macuf.es


También podría interesarte :

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Quizás te interesen los siguientes artículos :

Revista