SÁRDOMA C.F.: Lorena, Natalia, María C., Malvar, Iria, Yaiza, Mª Teresa, Raquel, Miriam (m. 46 Graza), Lucia e Paula (m. 70 Alejandra).U.D. BARBADÁS: House, María (m. 65 Yanina), Pacy, Abi, Noelia ,Cris ,Helena, Mónica, Jani, Alba e Andrea.ÁRBITRO: Alejandro Castro Martínez. ASISTENTES: José M. Galán Montenegro e José A. Brea García. Tarxetas: Natalia e Lucia polo Sárdoma e Cris e Fofi polo Barbadás.O Barbadás feminino está na final da Copa Galicia Feminina con todo merecemento despois de empatar 1-1 e facer valer a vitoria por 3-2 no partido de ida celebrado en Os Carrís. Saíron as visitantes moi concentradas en que non lle escapase a eliminatoria e controlando en todo momento de non se ver sorprendidas pola velocidade das rápidas dianteiras do Sárdoma. Dende o principio non había un claro dominador do partido, xa que aínda que as locais necesitaban a vitoria para pasar non lograban crear perigo en ningún momento ante a portaría de House, mentres o Barbadás intentaba buscar a Helena para facer un gol que podería ser definitivo. Nesta primeira parte a ocasión máis clara local foi a saque dunha falta de Lucia que Paula rematou fóra ante a indecisión na saída de House e por parte visitante Helena recibiu sola un balón na área e cando podería intentar irse cara á portaría pasou o balón a Jani, pero despexou unha defensa. No minuto 53 nunha xogada embarullada e con continuos erros das defensas azuis, Maria C. recibe o balón ao bordo da área e o seu tiro frouxo bota diante de House que falla e pon un inxusto 1-0 que poñía moi costa arriba a eliminatoria para o Barbadás. Aínda que o gol foi un duro golpe para as visitantes, rapidamente souberon sobrepoñerse e empezaron a dominar máis. Coa entrada de Yanina este dominio foi a mais e no minuto 68 prodúcese unha falta a uns 25 metros da portaría defendida por Lorena que Cris cun tiro potente e colocado pon o definitivo e merecido 1-1. Quedaban 22 minutos e as xogadoras visitantes sabían que non se lles podería escapar a final, porque dende ese momento aínda que o cansazo xa empezaba a aparecer, todas fixeron un esforzo enorme para non deixar de correr, presionar e incomodar calquera ataque local. Puido Helena no minuto 86 sentenciar o partido cando recibe o balón a costas das defensas e se vai cara a portaría pero o seu tiro é tocado coa punta dos dedos por Lorena e vaise a "corner". Quedaban 4 minutos e tocaba seguir sufrindo e así foi ata o minuto 93 en que a última xogada do partido foi un "corner" das locais que as xogadoras do Barbadás defenderon coa "alma". Todo o equipo estivofantástico, pero Cris foi aínda mellor que a Cris de antes de ser nai e Mónica tamén foi mellor que a Mónica de antes da súa lesión. Agora toca a final que probablemente se celebre o próximo domingo en Santiago de Compostela contra O Val dé Narón.Revista Deportes
El barbadás femenino a la final de la copa galicia tras superar al sárdoma
Publicado el 18 junio 2012 por Jmporense @futbolbaseymas
SÁRDOMA C.F.: Lorena, Natalia, María C., Malvar, Iria, Yaiza, Mª Teresa, Raquel, Miriam (m. 46 Graza), Lucia e Paula (m. 70 Alejandra).U.D. BARBADÁS: House, María (m. 65 Yanina), Pacy, Abi, Noelia ,Cris ,Helena, Mónica, Jani, Alba e Andrea.ÁRBITRO: Alejandro Castro Martínez. ASISTENTES: José M. Galán Montenegro e José A. Brea García. Tarxetas: Natalia e Lucia polo Sárdoma e Cris e Fofi polo Barbadás.O Barbadás feminino está na final da Copa Galicia Feminina con todo merecemento despois de empatar 1-1 e facer valer a vitoria por 3-2 no partido de ida celebrado en Os Carrís. Saíron as visitantes moi concentradas en que non lle escapase a eliminatoria e controlando en todo momento de non se ver sorprendidas pola velocidade das rápidas dianteiras do Sárdoma. Dende o principio non había un claro dominador do partido, xa que aínda que as locais necesitaban a vitoria para pasar non lograban crear perigo en ningún momento ante a portaría de House, mentres o Barbadás intentaba buscar a Helena para facer un gol que podería ser definitivo. Nesta primeira parte a ocasión máis clara local foi a saque dunha falta de Lucia que Paula rematou fóra ante a indecisión na saída de House e por parte visitante Helena recibiu sola un balón na área e cando podería intentar irse cara á portaría pasou o balón a Jani, pero despexou unha defensa. No minuto 53 nunha xogada embarullada e con continuos erros das defensas azuis, Maria C. recibe o balón ao bordo da área e o seu tiro frouxo bota diante de House que falla e pon un inxusto 1-0 que poñía moi costa arriba a eliminatoria para o Barbadás. Aínda que o gol foi un duro golpe para as visitantes, rapidamente souberon sobrepoñerse e empezaron a dominar máis. Coa entrada de Yanina este dominio foi a mais e no minuto 68 prodúcese unha falta a uns 25 metros da portaría defendida por Lorena que Cris cun tiro potente e colocado pon o definitivo e merecido 1-1. Quedaban 22 minutos e as xogadoras visitantes sabían que non se lles podería escapar a final, porque dende ese momento aínda que o cansazo xa empezaba a aparecer, todas fixeron un esforzo enorme para non deixar de correr, presionar e incomodar calquera ataque local. Puido Helena no minuto 86 sentenciar o partido cando recibe o balón a costas das defensas e se vai cara a portaría pero o seu tiro é tocado coa punta dos dedos por Lorena e vaise a "corner". Quedaban 4 minutos e tocaba seguir sufrindo e así foi ata o minuto 93 en que a última xogada do partido foi un "corner" das locais que as xogadoras do Barbadás defenderon coa "alma". Todo o equipo estivofantástico, pero Cris foi aínda mellor que a Cris de antes de ser nai e Mónica tamén foi mellor que a Mónica de antes da súa lesión. Agora toca a final que probablemente se celebre o próximo domingo en Santiago de Compostela contra O Val dé Narón.
