Revista Deportes

El barbadás femenino golea a un guardesa que finalizó con nueve jugadoras

Publicado el 27 mayo 2012 por Jmporense @futbolbaseymas

EL BARBADÁS FEMENINO GOLEA A UN GUARDESA QUE FINALIZÓ CON NUEVE JUGADORASU.D. BARBADÁS: House, Abi, Pacy, Jani (m. 60 Rocio), Noelia (m. 60 Laura), Cris, Helena, Mónica (m. 60 Junior), Emma, Alba (m. 68 María) e Andrea (m. 60 Yanina).C.U.D. UNIÓN GUARDESA: Caridad, Laura, Sara, Andrea, Mª del Carmen, Nuria, Mabel, María, Ana e Marta.ÁRBITRO: José Ramón Jiménez Alberte. ASISTENTES: Iovanna Rodríguez e Miriam Pousa.CAMPO: Os CarrísNon tivo cor o partido de ida dos cuartos de final da Copa Galicia Feminina debido a que o C.U.D. Guardesa presentouse en Os Carrís con tan só 10 xogadoras. Dende un principio víase que a goleada ía ocorrer si ou si porque as chegadas das locais á portaría de Caridade eran constantes e aínda que fallaron moitas ocasións era previsible un marcador amplo. En apenas 10 minutos o marcador xa era de 2-0 e Emma e Helena xa fallaran 2 ocasións claras. O C.U.D. Guardesa utilizou unha táctica "suicidia" adiantando constantemente a defensa ata a liña de medio campo e o Barbadás conseguía desfacer en moitas ocasións o fóra de xogo e cada pouco se plantaban as xogadoras locais solas ante Caridade que estivo moi acertada facendo que o resultado non fora ainda maior. Co resultado de 3-0 finalizou a primeira parte, pero por ocasións ben poderían ter as locais o dobre de goles. Aínda para maior desgracia, lesiónase a a defensa Sara quedando as visitantes con 9 xogadoras durante a segunda parte onde o Barbadás conseguiu outros 4 goles, mentres as visitantes de "penalty" fixeron o gol da honra. O partido de volta o próximo domingo en A Guardiadebería ser de puro trámite para as azuis que teñen pé e medio na semifinal na que presumiblemente se enfrontará ao Sárdoma que ascendeu merecidamente a Nacional. Este xa será un partido moito máis esixente onde o Barbadás non será favorito e terá que loitar moito para poder chegar á final. Ademais hoxe foi o último partido que disputou Emma coas locais nesta tempada xa que marcha a traballar a Madrid e sen ela será máis difícil xa que é a máxima goleadora do equipo.PINCHA AQUÍ PARA VER FOTOS A TAMAÑO GRANDE

Volver a la Portada de Logo Paperblog