Magazine

El pabellón c.f. emite un comunicado oficial sobre el caso de la fútbolista vanesa sotelo

Publicado el 08 septiembre 2011 por Jmporense @futbolbaseymas

O club sae ao paso do publicado o mércores na "Voz de Galicia" na que involucra de forma errónea ao Pabellón CF no caso Vanessa

EL PABELLÓN C.F. EMITE UN COMUNICADO OFICIAL SOBRE EL CASO DE LA FÚTBOLISTA VANESA SOTELOO Pabellón CF viuse na obriga de emitir este comunicado con motivo da información publicada este mércores no diario "La Voz de Galicia" na súa edición de Ourense na que involucra -ao igual que anteriores artigos- de forma directa ao Pabellón CF como culpable de que o Cidade das Burgas FSF non facilite a baixa da deportista.
O Pabellón CF non ten nada que ver no asunto da xogadora do Cidade das Burgas FSF Vanessa Sotelo. É certo que entre ambas entidades existe un convenio de colaboración pero baseado principalmente en fomentar o deporte base feminino deste club de fútbol sala dando información nesta web de todas as actividades. En dito convenio queda claro que tanto Pabellón CF como Cidade das Burgas FSF mateñen a súa independencia no funcionamento ao tratarse de dúas entidades totalmente distintas con seus respectivos estatutos, directivas e códigos de identificación fiscal. Tampouco existe ningunha relación contractual entre ambos clubs a nivel federativo.
Tampouco Camilo Saeta, presidente do Cidade das Burgas FSF, forma parte da xunta directiva do Pabellón CF como asegura a "Voz de Galicia". A foto Saeta Gómez aparece neste web no apartado de xunta directiva especificando ben claro "Presidente do Cidade das Burgas FSF". Tamén aparece na parte superior desta web o escudo do club feminino xunto ao do Pabellón CF, aínda que o diario ourensán utilizou nesa información do mércores o do noso club omitindo o do feminino, que ademais non ten dependencia do Consello Municipal de Deportes como se asegura nesa información. O Pabellón CF en ningún momento ao longo desta historia foi consultado pola "Voz de Galicia" para contrastar todo o publicado, algo que molestou moito moitísimo.
O Pabellón CF ten unha postura moi clara desde o primeiro día en canto á esta situación coa deportista. Se a xogadora tivera licencia federativa por este club xa non formaría parte do mesmo, como así se lle aconsellou ao Cidade das Burgas FSF. WEB OFICIAL DEL PABELLÓN

Volver a la Portada de Logo Paperblog