Revista Cine

Entre libros y chaparrones

Publicado el 31 marzo 2018 por Lu

De momento Semana Santa pasada por agua. Tiempo para leer y para hacer una reseña diferente. Comento tres libros en un breve vídeo. Experimentando.

Bibliópatas e fobólogos de Enma Pedreira
Entre libros y chaparrones

Un mollo de relatos, dende micros a máis longos, nos que a trama e o desenlace se adiviñan entre páxinas, entre lombos de volumes curiosos para xente así de curiosa: os biblíopatas e fobólogos. Libros polos que matar e polos que vivir. Libros que dan a vida e a quitan. Personaxes nos lindes da razón que atopan na lectura, nas letras, nas semánticas máis estrañas, a súa razón de ser ou un motivo para mandar.

Páxinas: 148Editorial: Galaxia. Colección: Literaria, 2017ISBN: 978-84-9151-037-8 Once portasde Héctor CajaravilleEntre libros y chaparrones
O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre. Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido.Once portas é unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais.
Nº de páginas: 104 págs.Editorial: XERAIS, 2017ISBN: 9788491211792
Nordeste de Daniel Asorey
Entre libros y chaparrones
No bergantín Leboreiro, volve a unha Compostela poderosa e marítima Carme de Candingas, vedora maior da República das Santas Irmandades da Galiza. Recibira a orde de visitar as colonias que a patria posuía no Nordeste brasileiro. Naqueles territorios arredados debeu comprobar se o goberno da Compañía Galega de Indias concordaba cos principios xurdidos, había máis de douscentos anos, nas revoltas irmandiñas. Moito despois, na década de 1930, Matilda, unha xornalista que traballa en Sao Paulo, viaxa tamén ao Nordeste para informar sobre a máis perigosa banda de cangaceiros, bandoleiros que coa súa presenza talvez están a crebar o autoritarismo que se apodera do goberno do Brasil e do mundo enteiro. Na dureza daquela viaxe coñecerá a Maria Bonita, a máis famosa salteadora do Brasil. A bandoleira, cunha vida fóra das leis ditadas polos homes, presentaralle o sertao desértico, fermoso e implacable. As tres mulleres sentirán o amor, a violencia e a beleza dunha terra castigada e esquecida. As tres compartirán, ao cabo, a difícil e perigosa opción da liberdade.
Premio de Narrativa Breve Repsol 2016Nº de páginas: 156 págs.Editorial: GALAXIA, 2016ISBN: 9788491510116

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Revistas