Revista Salud y Bienestar

Eu, Eu mesmo e #NursingNow

Por Enferevidente @EnferEvidente
Rematamos 2019 na nosa linea estratéxica "Making friends".
A verdade é que a saude mental non é para nada o meu campo apenas distingo unha alucinación dunha paranoia así que pouco podo falar de duplicación de identidade mais cando analizo a actitude das "Masculindades fráxiles" que dirixen a profesión enfermeira (a das enfermeiras e enfermeiros) en calquer ámbito (provincial, autonómico i estatal) vénseme á cachola a comedia do cartaz.
Eu, Eu mesmo e #NursingNow
As mesmas persoas que non queren escoitar as solicitudes [email protected] [email protected] sobre a transparencia e a participación nas organizacions profesionais enfermeras andan a mandar mensaxes como o vídeo da presidenta do ICN que pide:
Eu, Eu mesmo e #NursingNow
Así mesmo por cada iniciativa a prol da profesión que xorde nas redes ou nos espazos físicos tratan de fagocitala por múltiples medios dende mercar nomes comerciais para impedi-lo seu uso polos impulsores pasando por apropiarse de etiquetas, iso si, obviando a parte da mensaxe que lles molestaba a crear grupos paralelos ós primeiros que se sumaron ó movemento NursingNow ó que chegaron tarde e arrastrados pola presión de ver cómo grupos "fora de control" (do seu control) acadaban acordos con gobernos de CCAA.
NursingNow xurdiu como un movemento global baseado en dous esforzos moi concretos (en EEUU a iniciativa da fundación Robert Wood Johnson e o Institute of medicine polo futuro da enfermería e no RU o informe do parlamento británico "el triple impacto da enfermería") que xermolou no ICN e seguro que se falou delo no congreso de Barcelona mais as persoas que asistiron no noso nome semella que non se enterasen de cales son os obxectivos e os mecanismos e teiman en facerse fotos con cartaces e xuntanzas pechadas...
Así pois habería que sentar a estes "demócratas" nun sofá e facerlles unha sesión na que se autonalizaran a ver si se van aclarando e a poder ser que o fagan antes de que prescriban tódalas trampalladas (1) que cos nosos cartos e no noso nome levan facendo estes 40 anos...
E por si me ides dicir que o que escribo non lle importa a ninguén vista a asistencia á Xunta xeral/asamblea vos poño esta imaxe da enquisa que fixo nestes días a miña admiradísima Azucena Santillán.
Eu, Eu mesmo e #NursingNow
Como non quixera rematar deixando a sensación de que me opoño á necesidade de visibilizar o potencial profesional vos deixo o "timeline" de eventos para 2020 animándovos a participar si vos apetece nas vías oficiais ou "poñendo a vosa silla" alí onde non teñades sitio.
 Eu, Eu mesmo e #NursingNow
_________________________________________________________________________________
1) como exemplos véxase:*Fio coa historia do "Hotel Velazquez" en Benalmádena*Fío coa historia do Complexo Sociosanitario ‘Florence Nightingale’*Estas dúas entradas sobre os negocios en torno á sede do CGE (1 e 2), lembrovos que na asamblea do pasado 18/12 se acordou pagar 10 millons de euros NOSOS por outra nova sede...

Volver a la Portada de Logo Paperblog