Revista Solidaridad

Ferrol ofrece mejoras en el bonotaxi para personas con discapacidad

Por Aparcamientodiscapacitados
O Goberno Municipal de Ferrol aprobou esta mañá as novas bases reguladoras das axudas económicas para o servizo de bono-taxi para persoas con mobilidade reducida. A Xunta de Goberno Local, celebrada hoxe no Consistorial ferrolán, deu luz verde ao novo documento que rexerá as achegas e que permite principalmente dúas melloras: o incremento da contía económica e o número de bonos a percibir polos beneficiarios.Esta prestación municipal destinada a axuda económica para o transporte en taxi está dirixida a aquelas persoas que teñen unha discapacidade recoñecida e que lles supón unha dificultade o uso do transporte público. Maioritariamente, os beneficiarios destas achegas son usuarios do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade Física (CAMF) e persoas da terceira idade da residencia de Caranza.A primeira das melloras que recolle as novas bases reguladores das axudas aos transportes en taxi de persoas con discapacidade é o incremento da contía que se financia por viaxe, pasando dos 4 aos 5 euros. Así mesmo, a segunda das melloras suporá o aumento do número máximo de bonos mensuais que poderá percibir o beneficiario, que agora o tope estará establecido en 8 bonos ao mes cando antes era de 6.O número de bonos concecidos estará en función da capacidade económica da persoa solicitante, polo que as persoas con menos recursos económicos serán as que máis bonos reciban. Así, a baremación que rexerá a concesión das achegas é a seguinte:

Ingresos da unidade familiar      Número de bonos / anuais

Até o 100% do IPREM                  96

Máis do 100% até o 150% do IPREM                  72

Até o 200% do IPREM                 50


Requisitos e prazosAsí as cousas, as axudas económicas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade xa se poden solicitar e o prazo está aberto durante todo o ano. Deberánse formalizar a través do Rexistro Xeral do Concello de Ferrol. A concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, salientou que debido a esta mellora das bases reguladoras as persoas que xa teñen concedida esta prestación municipal disporán de tres meses para presentar a documentación para a revisión da súa situación.Algúns dos requisitos para ser beneficiario destas achegas son: padecer unha discapacidade que afecte gravemente á mobilidade, encontrándose imposibilitado para a utilización dos transportes públicos colectivos; estar empadroado no Concello de Ferrol cunha antigüidade de alomenos seis meses; ser maior de idade; contar cuns ingresos familiares que non superen o 200% o IPREM; ou non ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.www.ferrol.es/02-novas-ampliar.aspx?id=1759
Licencia Creative Commons

Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Volver a la Portada de Logo Paperblog