Revista Deportes

I torneo benxamín solidario “operación kilo”

Publicado el 17 diciembre 2012 por Jmporense @futbolbaseymas

I TORNEO BENXAMÍN SOLIDARIO “OPERACIÓN KILO” Por primeira vez os equipos de fútbol da cidade de Ourense, organizan no campo do Seixo de Santa Cruz de Arrabaldo o I torneo benxamín solidario “Operación Kilo”, o vindeiro 23 de decembro, co fin de colaborar coa asociación xuvenil Amencer e Cáritas, na operación kilo que todos os anos coa chegada do Nadal, recolle alimentos e xoguetes que axuden as familias máis necesitadas a poder celebrar estas festas. Ante a situación económica que vivimos actualmente, o número de familias e persoas que se atopan en situacións de necesidade incrementouse considerablemente, desbordando o traballo de asociacións como Cáritas, que necesitan máis aportacións de alimentos ou xoguetes, para poder chegar a máis familias, que necesitan a súa axuda.
 O fútbol base ourensán quere facer un acto de solidariedade cos más necesitados, organizando este torneo en nome tanto dos equipos participantes como do resto de equipos do fútbol ourensán.
 Con esta iniciativa, os equipos organizadores do Torneo, invitan a colaborar ós  asistentes, pedindolles que como entrada simbólica,  fagan a súa aportación nos vestiarios do campo. As aportacións poden ser xoguetes en bo estado, que servan para xogar, que non falten pezas ou estean en mal estado ou comida, principalmente non perecedera (latas, turrón, pasta, arroz, leite….).
 Agradecemos a vosa colaboración, por axudarnos a achegar o Nadal as familias máis afectadas pola situación económica do noso país. 
VER HORARIOS Y NORMAS
Futbol Base y mas

Volver a la Portada de Logo Paperblog