![La Revista del Fútbol Femenino Galego (Diciembre) aborda el polémico nombramiento de los seleccionadores para el Galicia-Catalunya La Revista del Fútbol Femenino Galego (Diciembre) aborda el polémico nombramiento de los seleccionadores para el Galicia-Catalunya](http://m1.paperblog.com/i/418/4181637/revista-del-futbol-femenino-galego-diciembre--L-gTqzSE.jpeg)
En esta edición de la Revista del F.F. galego, su Director Carlos Castro aborda en un extenso y documentado artículo de opinión, la polémica surgida por el nombramiento de los seleccionadores del combinado gallego para el Galicia-Cataluña de selecciones absolutas femeninas que se disputará en el Campo Municipal de A Lomba el próximo 22 de diciembre a las 19:00 horas. Aconsejamos leer el texto completo en la revista y tratar de entender los motivos por los que se toman decisiones "extrañas" como en el caso que nos ocupa. Carlos es todo un experto en el mundillo del fútbol femenino, nosotros no, pero en asuntos federativos ya no nos sorprende nada, basta recordar como se eligieron a ciertos seleccionadores de base en Ourense.
Calquera serve
Carlos Castro
Quin Balbuena e Susú Cores, á fronte
da irmandiña
Hai poucas semanas a FGF, logo de procurar
absurdamente o inexistente, técnicos ou técnicas
galegas con sona vinculadas ao fútbol feminino,
tomaron a decisión de darlle un dos mellores
premios que se poden conceder a un treinador, o
cargo de seleccionador absoluto, a Quin Balbuena e
a Susú Cores. A partir dese momento as chamadas
do futfem sucedéronse, pedíannos resgardar a
intimidade das súas manifestacións, que mostraban
un malestar moi acusado. A través deste artigo,
pulsando unha actualidade rabiosa, nunca mellor
dito, queremos analizar este feito. A moita xente, o
nomeamento pareceulle unha frivolidade, cando
non unha inxustiza. Como mínimo, a decisión do
trío Louzán, Falque e Manu Fernández é o
resultado dun desleixo.
Outra pregunta asáltanos para comprobaar a
desigualdade de atención que se lle dá ao fútbolfeminino en relación ao masculino. No caso que no
masculino non houbera técnicos galegos como os
que coñecemos, porían aos Lucas, Iago Aspas,
Joselu ás ordes dos seleccionadores galegos da
sub’18 e da sub’12? E ollo que non facturará máis,
pero no contexto do fútbol mundial, por exemplo,
Vero é máis importante, a teor das listas FIFA e
UEFA, que calquera dos tres citados.
Antes de comezar a ler este artigo é moi importante
que o lector non esqueza, sobre todo de tratarse dalgún
citado, as seguintes cinco cousas.
Primeira.
Este é un artigo de opinión, aínda que teña a
información obxectiva necesaria para sustentalo.
Segunda.
Non se trata dun artigo contra as persoas,
senón dunha valoración reflexiva da traxectoria no
fútbol dos novos seleccionador e seleccionadora.
Terceira.
En base ás dúas anteriores, elevar á reflexión
pública se é xusto que Quin Balbuena e Susú Cores
ostenten esa representatividade. Sobre todo tras a
cantidade de mensaxes que recibimos de seguidores do
fútfem galego, incomodados con ese nomeamento.
Cuarta.
Como queremos facer crítica construtiva,
aportamos alternativas de persoas con curricula máis
importantes para optaren ao exercicio do cargo.
Quinta.
O texto non pretende escurecer o valor do
partido. Polo contrario, entendemos que a recuperación
do encontro de Nadal da absoluta é necesario, axuda ao
progreso. Pensamos que o evento é unha das
manifestacións anuais máis importantes do futfem
galego e, nese sentido, felicitamos á FGF pola
iniciativa.
Sen embargo, con independencia disto, os acertos non
deben disimular o que parte do noso futfem considera
desacertado. Até nós chegaron moitas críticas
realizadas por persoas vinculadas directamente co
fútbol feminino galego (aquí “moitas” non é unha
esaxeración, senón un adverbio de cantidade). Por iso,
este artigo vólvese un compromiso cos nosos lectores,
un medio para que se escoite a súa voz, interactuando
con eles, e unha voz que reforzamos cos nosos datos,
que fan o seu desacordo máis contundente.
O día 22 a selección galega absoluta xogará contra
Cataluña un partido amigable. O partido está cargado
de simbolismo porque se recupera a irmandiña tras oito
anos e con ela a posibilidade de ver, xunto ás mellores
que aínda seguen nos nosos equipos, a Vero, a Mari
Paz, a Anair, a Sarita, a Carolina, a Andrea Mirón, a
Clo, a Pauleta, a Natalia Sánchez, a Sheila, a Belén ou
a Patri – certo que algunhas non poderán vir, Carla
González e Ana Buceta están lesionadas e a Maria
Vidal probablemente non a chamen pois, malia deixar
coa boca aberta a todas as compañeiras no seu único
treino coa sub’18, Balbuena non volveu chamala –
defender xuntas un mesmo emblema: o de todas/os
nós.
A FGF cumpriu a súa palabra. Cando no pasado verán
a masculina xogou contra Venezuela, Louzán dixo que
habería partido da feminina e ímolo ter. Será a terceira
vez que xoguemos contra a cuatribarrat e o lugar
escollido tamén é acertado: o campo da Lomba, que
ademais é o único da nosa terra que chegou a albergar
un partido internacional oficial de seleccións femininas
absolutas. Seguro que será unha nova festa para o
fútbol galego, sen matiz de xénero, na que todos imos
pasalo ben.
Pera vaiamos ao “érase unha vez”, ao comezo da
historia. Deberiamos ir uns anos atrás. Sen dúbida, o
dúo Louzán-Falque sabía que cando destituíron a Pili
Neira, hai un par de anos, tiña que escoller unha nova
inquilina para o cargo se querían recuperar á absoluta.
A dificultade estaba en atopar a adecuada e establecer
un criterio para iso. O problema está en que mentres o
fútbol galego é capaz de exportar xogadoras, non fai o
mesmo cos técnicos e apenas ten técnicas.
Ser o seleccionador que represente a un país (non imos
entrar no concepto de país porque para este texto é un
tema irrelevante) ten unha responsabilidade, igual que
o seu nomeamento. Todo o mundo entende que, como
mínimo, quen ocupe ese cargo, deberá ter un
percorrido e uns resultados. Debe ser dos mellores e
estar avalado por un pasado.
Neste caso non foi así. Debeu ser que como Louzán,
Falque e/ou Manu Fernández (Ruiz nisto non pinta
nada porque simplemente non sabe), non atoparon
algún técnico galego afamado (certo que non o hai),
tomaron a do medio e decidiron nomear como
responsables da absoluta a Quin Balbuena e Susú
Cores. Para que romperse os miolos? Quin Balbuena e
Susú Cores promovidos á absoluta por desleixo? O
nomeamento demostra que os responsables da FGF
parecen máis amigos da vaidade da foto (ao non
habela, tanto ten quen sexa o seleccionador), que de
recoñecer, valorar e premiar co cargo o traballo
silencioso de técnicos galegos humildes, brillantes,
pero descoñecidos do gran público.
Ás veces que coincidín con Quin Balbuena e con Susú
Cores atendéronme coa máxima corrección e con
amabilidade. Non teño dúbidas, en ningún dos casos,
que sexan unhas boas persoas, xente de ben por riba de
todo. No caso do primeiro, ademais, polos avatares da
vida, un ser humano digno de todo o cariño do mundo.
Pero quen son Balbuena e Cores no mundo do fútbol?
Son os mellores? Non.
Existen técnicos con mellores curricula, incluso no seo
da FGF? Rotundamente, si.
....A xente pregúntase, e trátase dunha pregunta textual
que nos chegou en varios dos whatsapps: “Por que a
Quin Balbuena lle dan todos os caramelos?”
Ninguén o entende logo dunha traxectoria deportiva
tan deficiente no fútbol feminino.
Revista F.Femenino Galego (Diciembre 2016) from José Morales Futbol Base y mas