Revista Solidaridad

Mila López regresa de Barcelona con dúas medallas de ouro

Por Aparcamientodiscapacitados
Mila López regresa de Barcelona con dúas medallas de ouroA corredora baionesa Milagros López, pertencente ao Club Ciclismo Oiense, continúa obtendo éxitos. Este fin de semana participou no I Open Handbike Barcelona, onde obtivo dúas medallas de ouro na categoría WH4.
A primeira proba disputouse o sábado, a contra o reloxo, nun circuíto con forma de T dándolle 10 voltas para completar os 12,5 km. dos que constou esta crono. Mila completouna en 27 minutos e 3 segundos.
O domingo celebráronse as probas en ruta, onde os ciclistas deron 25 voltas ao circuíto para percorrer os 38 kms. A corredora de Ciclismo Oiense realizou o percorrido en 1 hora 45 minutos 50 segundos.
Estas dúas probas celebradas en Barcelona son as dúas últimas da primeira Copa de España de Ciclismo Adaptado, para as modalidades de Triciclos e Handbike, e nesta ocasión estiveron organizadas polo Club Esportiu Handbike Barcelona xunto coa Federación Catalá de Ciclismo.
una publicación de Fundacio Isidre Esteve.
Handbike Barcelona preparou un espectacular percorrido entorno á Praza de España e rúas estremeiras, en pleno corazón da cidade, onde os ciclistas adaptados puideron ofrecer unha emocionante carreira ao numeroso público congregado na zona comercial.
Mila necesita máis apoio
Cabe destacar, que Mila puido participar grazas ao único apoio de Fundación Seur para o traslado da Handbike, e do seu adestrador no Centro Ponte da Fundación Isidre Esteve, que a acompañou na viaxe.
Mila López regresa de Barcelona con dúas medallas de ouro
Resultados del I Open de Handbike en Barcelona
www.baionatv.com/apps/blog/show/42663181-mila-l%C3%B3pez-regresa-de-barcelona-con-d%C3%BAas-medallas-de-ouroLicencia Creative Commons
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Volver a la Portada de Logo Paperblog