Revista Salud y Bienestar

Mírame ós ollos, estou eiquí... Diferénciate

Por Enferevidente @EnferEvidente
Cheguei á casa tras duas semanas en Santiago e subín á habitación; alí estaba, deitada, como facía 2 meses... dende que entrara na fase final desa terrible enfermidade... que a esquecera ata de si mesma.
"-María Varela¡¡" dixen
"-Mira pra ela..." respostou mecánicamente tal e como fixera toda a súa vida cando se mencionaba o seu nome... ese que ela xa esquecera salvo por ese automatismo; e inmediatamente, virou a cabeza para buscar cos ollos a quen a interpelaba.
O que vos veño de contar semella non ter moito que ver coa enfermeiría salvo porque eu aínda estaba estudiando a diplomatura Pero sempre, sempre, sempre que falo coas compañeiras da importancia que ten a cercanía á xente e a comunicación non verbal me lembro dela e de cómo percuraba ca mirada a un cando dicia esa frase.
Non importa si pensas que a orixe da profesión de coidar ven da Sta. Nightingale e dos campos de Crimea ou si coidas que o coidado arricou como arte xa na escuridade do tempo concordarás que tanto a  asimilación das mensaxes que emites como a facilidade para que outros se comuniquen contigo depende da túa atitude no intre clave de "establecer contacto".
I é que o ollar das persoas porta unha cantidade de información que xa quixeran para sí moitas tabletas das mais modernas, mais tamén a pose, o soriso, o contacto, o ton da voz... Ese saberse achegar.
Pero o avance técnico, a presión asistencial, os trocos na educación e na sociedade na que moramos está a facer que esa parte importante da "esencia do coidar" se perda... e con ela certa parte importante da empatía e das habilidades de comunicación que tanto aportan ó traballo da enfermeiría e de tódolos que traballamos na sanidade en xeral.
Así as cousas un grupo de xente veñen traballando arreo para lanzaren hoxe a iniciativa "Mírame... diferenciate" na que por diversos medios se tentará voltar a por en valor as habilidades de comunicación non verbal na atención ós doentes e acompañantes, usuarios todos do servizo sanitario e máxima razón so seu ser.
Invítovos a que "lle botedes unha ollada" e non o deixedes pasar de lado.

Mírame ós ollos, estou eiquí... Diferénciate

Página de la iniciativa www.diferenciate.org


Mírame ós ollos, estou eiquí... Diferénciate

Unha iniciativa de:
Mírame ós ollos, estou eiquí... Diferénciate

Quero agradecer a toda esa xente que estivo traballando en documentar e montar esta iniciativa que se permitise participar libremente na difusión da mesma.
Mírame ós ollos, estou eiquí... Diferénciate
Mírame ós ollos, estou eiquí... Diferénciate

Volver a la Portada de Logo Paperblog