Magazine

No lugar de Eirovello

Publicado el 12 enero 2011 por Calamar
No lugar de Eirovello Nos primeiros tempos da historia da fotografía a maioría das tomas eran de paisaxes debido ós longos tempos de exposición necesarios, permanecer tanto tempo inmóvil resultaba case imposible. Cos anos a mellora da técnica permitiu acurtar eses tempos a uns cantos minutos, e comezou entón a historia do retrato fotográfico. Foi así como as clases máis baixas económicamente puideron ter tamén os seu propios retratos, daquela só os máis ricos eran quen de pagar a un pintor para que llo pintase. Durante décadas os retratos pretenderon ser coma pinturas; as poses, os fondos e as expresións dos suxeitos procuraban unha certa similitude coa pintura clásica, ata mediados do século pasado, cando coa chegada das cámaras compactas ter un retrato pasa a ser algo da vida cotián, e aqueles vellos modelos funcionais evolucionan ata adentrarse en múltiples vías que exploran a representación do home e a súa imaxe. Velaí un gran retrato da miña familia no lugar de Eirovello, feito por Daniel López Martín.
(E de agasallo esta fermosa imaxe do making off)

Volver a la Portada de Logo Paperblog