Revista 100% Verde

Noite dos morcegos no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés

Por Rubenportas
Sábado, 27 de Agosto ás 17:30 - 28 Agosto ás 0:30 en Lobios no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés (Ourense).
Noite dos morcegos no Parque Natural Baixa Limia -  Serra do Xurés
O vindeiro sábado 27 de agosto celébrase internacionalmente a coñecida como "noite dos morcegos". Trátase dunha celebración promovida por EUROBATS e a SECEMU (Asociación Española para la Conservación y el Estudio de los Murciélagos) que ten lugar todos os anos no último fin de semana do mes de agosto, na que se desenvolven diferentes actividades para promocionar o coñecemento dos morcegos.Dentro desta convocatoria está programada a realización de diferentes actividades divulgativas no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés:

17:30 - 18:30. Charla - coloquio. "Os morcegos do P.N. BaixaLimia - Serra do Xurés". Lugar: Auditorio sede P.N. Baixa Limia - Serra do Xurés, Lovios.

19:00 - 20:30 Instalación de caixa morcegueira.Lugar: Paseo Río Caldo, Lovios.
20:30 - 00:30 Instalación de Redes de Captura e observaciónde Morcegos.Lugar: Paseo de Río Caldo, Lovios.
22:30 - 00:30 Paseo con detectores de ultrasóns.Lugar: Paseo de Río Caldo, Lovios.

A actividade será levada a cabo polos membros da empresa Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente S.L. que veñen desenvolvendo actualmente o proxecto “Factores determinantes para a conservación de insectívoros forestais” consistente no estudo das especies de morcegos forestais presentes no parque Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.


Volver a la Portada de Logo Paperblog