Revista Salud y Bienestar

Non sen evidencia

Por Enferevidente @EnferEvidente

Hoxe ben podería reproduci-la miña entrada sobor ¿qué é magufa? para manifesta-lo meu rexeitamento ó que se pretende facer cos chamados "medicamentos" homeopáticos. Mais coido que con reproduci-la miña versión do comunicado da "movilización" reflicto mellor a miña posición.
Non sen evidencia.
A evidencia científica é un dos pilares nos que se asenta a medicina moderna. Isto non sempre ten sido así: durante anos, aplicaronse tratamentos sen comprobar previamente a súa eficacia e seguridade. Alguns foron efectivos, malia que moitos tiveron resultados desastrosos.
Porén, na época na que mais coñecementos científicos se acumulan na historia da humanidade, existen aínda pseudo-ciencias que pretenden, sen demostrar nengunha efectividade nin seguridade, pasar por disciplinas cercanas á mediciña e chegar ós doentes.
Os asinantes deste manifesto, profesionais sanitarios e de outras ramas da ciencia, periodistas e outros, somos conscientes de que a nosa responsabilidade, tanto legal como ética, consiste en aporta-lo mellor tratamento posible ós doentes e velar pola súa saúde. Por elo, a aparición nos medios de comunicación de novas sobre a apertura dun proceso de regulación e aprobación de medicamentos homeopáticos preocupanos como sanitarios, científicos e cidadans, e coidamos que debemos actuar ó respecto. As declaracions da directora da Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS) asegurando que “no todos los medicamentos homeopáticos tienen que demostrar su eficacia” e que la seguridad no se tiene que demostrar con ensayos clínicos específicos” non fan senon aumenta-la nosa preocupación.
Polo tanto, solicitamos:1.   Que non se aprobe ningún tratamento que non teña demostrado, mediante ensaios clínicos reproducibles, unhas condicions de eficacia e seguridade ó menos superiores ó placebo. A regulación duns supostos medicamentos homeopáticos sen indicación terapéutica é unha grave contradicción en si mesma e debe ser rexeitada. Si non está indicado para nada ¿para qué hai que dalo?.2.   Que a AEMPS retire da comercialización aqueles fármacos, de calquer tipo, que malia ter sido probados, non teñan demostrado unha eficacia superior que o placebo ou que presenten efectos adversos desproporcionados.3.   Que o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e o resto das autoridades sanitarias persigan aquelas empresas que atribuen cualidades curativas ou beneficiosas para a saúde ós seus productos sen telo demostrado científicamente.4.   Que o Consejo General de enfermería se manifeste públicamente en contra destas intencions das autoridades.Logo tamén vos convido a leer (ademáis do xa citado manual de homeopatía para estudantes) o documento do parlamento científico universitario sobor do tema


Volver a la Portada de Logo Paperblog