"Basta un' armatura per essere un paladino?" (Italo Calvino, Il cavaliere inesistente)
A estas alturas quen tievese o mínimo interés podería estar informado do proceso electoral no Consello Xeral de enfermería (CXE) de España... ou non.
A candidatura gañadora das eleccions de 2011 encabezada polo señor Máximo González Jurado foi declarada nula por sentencia firme do tribunal supremo e polo tanto se convocaron novas eleccions... ¿o motivo? o mesmo que nas outras sentenzas; non cumprir un dos requisitos esixidos: 15 anos de exercicio profesional como enfermeira.
Rematado o prazo de presentación de candidaturas os colexiados somos informados de que se presentan dúas persoas:
Florentino Pérez Raya (presidente do consello andaluz de colexios de enfermería)
e....
Máximo González Jurado.
Si, o CXE non só non informa do porqué ou da apertura de prazos, requisitos e procedementos das candidaturas senon que volta a aceptar ó candidato rexeitado pola sentencia xudicial.
Non vou a entrar na mandanga dos avais a esta ou esoutra candidatura nin na opacidade dos colexios provinciais (así en xeral ainda que van xurdindo excepcions) só quero face-la exposición de feitos das décadas de goberno do señor González Jurado como si houbese unha verdadeira campaña entre candidaturas concurrintes.
Nos 24 anos de profesión que levo non lembro outro presidente do CXE e a verdade o balanzo está cheo de logros "colaterais" e mala planificación...
Acceso á licenciatura: Un dos avances nos que mais se gaba este señor non veu polo seu esforzo... foi consecuencia da creación do Espacio Europeo de Educación Superior e, de feito, o único que fixo foi tratar de articular un sistema de convalidación da diplomatura ó grao no que as taxas dos supostos créditos esixibles paraban en empresas que... bueno eso. Logo, cando os enxeñeiros técnicos conqueriron a homologación automática dos títulos de grao medio a titulos de grao normal tratou de apuntarse o tanto cunha campaña chapucera feita por interpostos que se adicaron a insultar a quen lles deixaba en evidencia.
Prescripción: A inesistente "prescripción enfermeira" estaba fortemente vencellada ó anterior punto (eran parte deses créditos esixibles supostamente) e agora forma parte dunha campaña política de conciliación co ministerio e suposto enfrontamento (puro teatro) co consello de colexios médicos. Preténdese que as enfermeiras que querian prescribir productos non suxeitos a receta paguen uns cursos... en troques a verdadeira prescripción colaborativa está a mostrar grandes resultados en Andalucía.
Especialidades: Neste blogue teño falado do decreto de especialidades dende o seu nacemento en 2005... aínda agora que se gaban delo é patente a chapuceira planificación do seu desenrolo e como moitas comunidades que "pelexan" por ter unidades docentes non moven nin un dedo por facer efectiva a chegada dos especialistas ós dispositivos asistenciais... por non falar da humillación de que non se fagan as probas extraordinarias o que provoca que as persoas que están formando a residentes para seren especialistas NON sexan aínda especialistas. O CXE tivo un claro papel nesto e leva 10 anos mirando cara outra parte poñendose nas fotos cando lle convén e asubiando cando lle apupan.
Formación pregrao, emigración e plantillas no SNS: O CXE e outros representantes da profesión sacan de cando en vez unha cifra das "enfermeiras que faltan" no SNS e tamén promoven de cando en vez programas de acompañamento (euronursing, SERPROCOL...) á innegable emigración profesional... Como se come eso? o peor é que eses programas de acompañamento son tamén en beneficio de empresas que... en fin e que aínda teremos que pagar (tódolos colexiados) estas mamandurrias.
Hai un claro problema de distribución de plantillas e de precariedade laboral no SNS pero cáseque ningúen apunta á regulación da oferta pregrao; por outra banda e malia a esta coñecida situación as facultades de enfermería enchen ano tras ano os seus cupos incluso as escolas privadas constituindo en sí mesmas unha fonte de emprego tanto na formación pregrao como na postgrao o que dificultaría esa regulación apuntada pero de todo esto o CXE "mutis polo foro".
Non vos quero aburrir mais só unhas cantas preguntas desas de moi galego...
¿basta un traxe para facer un dirixente? ¿basta un período electoral para falar de democracia? ¿basta mais dun candidato para falar de concurrencia?... na representación que temos na profesión enfermeira en España cúmprense varias das condicions da "democracia á veneciana": Só un grupo de selectos opta á elección e o electo (polo que se ve) o é de por vida e se traslada con tódala súa familia ó pazo do Dux...
O camiño para romper este círculo pasa ineludiblemente polos colexios provinciais...