Revista Cultura y Ocio

Ollos de auga (Ojos de agua)

Publicado el 17 febrero 2012 por Xoselois

Ollos de auga (Ojos de agua)

Ollos de auga

AutorDomingo Villar (1971)Máis información: Galaxia de autores Más información: Siruela
LibroEditorial: GalaxiaEdición lida: 2010Páxinas: 241ISBN: 978-84-8288-927-6 Edición en castellano: Ojos de agua Editorial: SiruelaEdición: 2010Páginas: 187ISBN: 978-84-7844-048-1 
Mi impresión
Esta é. Ollos de auga, a primeira novela de Domingo Villar e, tamén, a primeira del que leo, e xa devezo por comezar có seguinte, A praia dos afogados. Este Nadal, cando andaba a merca-los libros en galego que me había traer a Bormujos, na librería Segrel da miña vila natal recomendáronme a este autor, e merquei A praia dos afogados. Xa en Pontevedra, dando un paseo polo centro da vila atopei este libro e, lendo a contraportada, vin que era o primeiro dos dous, có cal decidín mercalo e, sen dúbida, non me trabuquei na elección. A narración vainos amosando como dous policías, o inspector Leo Caldas e o seu axudante, Rafael Estévez, tentan resolver o macabro asasinato dun saxofonista no seu apartamento, nun edificio máis que coñecido para todo aquél que teña ido algunha vez á cidade de Vigo, e sito na illa de Toralla. O asasinado, a mais de toca-lo saxofón, é mestre no conservatorio e participa nun grupo de jazz. Asemade, a súa condición sexual, tamén atópase vinculada a todo o acontecido.
Leo Caldas é un policía que recentemente deixou a súa relación emocional coa súa parella, á que bota de menos continuamente. Asemade, participa nun programa radiofónico no que tentan axudar ós cidadáns a resolve-los problemas cotiás e que poden requeri-la participación da policía, e do que, supón, apenas hai ouvintes mais, ó longo dos acontecementos, descubre que realmente é unha estrela radiofónica. Rafael Estévez, maño, destinado en Vigo por mor do seu xeito de traballar coma policía, é un mangallón que non entende o xeito de ser e de falar dos galegos, pero que fita marabillado de que en Galicia, ó contrario do que pensa a xente, vai un calor e unha humidade que non esperaba. A todo iso, o vivir nunha cidade na que todo é costa arriba ou costa abaixo, segundo se estea abaixo ou arriba, faille que non pare de se laiar durante toda a novela do clima do sur de Galicia. Ainda que esta parella de policías, para min, non é moi orixinal, xa que me fai lembrar a Asterix e Obelix na súa fisonomía e no seu actuar: o máis cativo sempre é o que máis reflexiona o que se debe facer e, o máis mangallón é o que actúa máis có primeiro impulso; a súa compenetración fai que ós poucos váianse resolvendo pequenas incógnitas das vidas destes personaxes e de outros personaxes secundarios a máis da grande incógnita que é o caso que os atañe. Este é o primeiro libro dunha saga que, deica agora, só ten dous novelas, pero que apunta a que poden seguir aparecendo máis e, se están tan ben escritos coma esta narración, paga a péna lelas. Un moi bó libro, e do mellorciño destes últimos tempos.
Contraportada do libro
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico. O cas desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmósfera tensa e afectada dos círculos da alta burgeusía viguesa. Domingo Villar (Vigo, 1971), escritor que proede da televisión e do cinema, artella unha novela policial na que suspense, personaxes e mundo urbano están salferidos cun humor agudo e intelexente.

Volver a la Portada de Logo Paperblog