Revista Salud y Bienestar

Pódese humanizar sen universalizar?

Por Enferevidente @EnferEvidente
Ás veces hai que plantexa-las preguntas de xeito imperioso ou impertinente porque senon córrese o risco de quedarmos baixo unha morea de verbas benintencionadas, asolagados baixo o nivel do "que se pode" e non do "que ten que ser".
Pódese humanizar sen universalizar?
Constreñidos polos condicionantes de políticas que non entenden mais que de beneficios e rendementos alguns responsables chegan á conclusión de que o simple discurso altera a realidade e de que a pose feita cartel ou título nun boletín abonda...
Cómo podemos facer unha atención humana, emocional, sen acenos nen segundas intencions si non podemos atender a quen con nós convive? Cómo podemos deixar falecer na nosa porta a outros humanos sen facer un movemento para evita-lo que lles fai vir ata aquí?.
Cónstame que hai profesionais que queren humaniza-la atención dende a base porque saben que esa é unha obriga aparellada obrigatoriamente á atención sanitaria; mais u-la a "humanidade" nos decretos?
A humanidade facemola as persoas nos feitos os papeis lévaos o vento pero non pode haber unha atención "humana" si discrimina entre os que a precisan por motivos extranos.

Volver a la Portada de Logo Paperblog