Revista Cómics

Presentación de Ratoon

Publicado el 07 junio 2011 por Alvaropons

El viernes 10 de junio, a las 18:30, se presenta en la librería Paz de Pontevedra la obra Ratoon, de Jano.
[Nota de prensa]

O autor destacou de novo como editor de “Lixo”, publicado tras outros fanzines como “Baixochán” ou “Monográfico” . A súa primeira obra profesional de cómic foi “Nieve Negra” (1999-2000), con guión de Adrián López e Kike Benlloch, unha das escasísimas BDs de autores galegos publicadas fóra de Galicia na década dos 90. Autor de fanzines (“Calamar”) e coordinador de outros (“Sintoteca”), ten colaborado en diversas publicacións de todo o Estado (“Buen Provecho”, “Tos”, “BD Banda”) e en varias exposicións colectivas. Cofundou e participou no colectivo Polaqia (2001-2002) con dúas historias na colectánea “Mmmh!!” e co título propio “Patricia”. Colaborou na obra colectiva “Tapa Roja” (Sinsentido, I-2004) e participa en diversos fanzines (“Fanzine Enfermo”, “Carne Líquida”). O seu monográfico “Layka” foi publicado en 2005 por Cabezabajo Ediciones, de Madrid, recollendo obras parcialmente editadas en diversas publicacións.
Ten un extenso palmarés: Entre outros galardóns, foi premiado en Arteixo 1998, Cangas 2001, Ourense 2001 (4º premio da categoría de 19 a 22 anos) e Alacante 2001 (mellor guión). Gañou o prestixioso galardón Injuve (2002). Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2003) por “Layka”, obra vencedora do IV Certame de Imaxe Artística 2003. Gañou o 3º premio do I Certame de Imaxe Artística Xuventude 2000 modalidade BD, categoría de 18 a 22 anos, por “Ninguén te quere xa”.


Volver a la Portada de Logo Paperblog