Revista Solidaridad

Programa de Ocio Náutico en Sanxenxo para mujeres con discapacidad

Por Aparcamientodiscapacitados

Dende COGAMI ofrécennos a posibilidade de que un grupo de mulleres con discapacidade da nosa entidade participe no programa de lecer náutico que leva a cabo en Sanxenxo, no marco do Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) que permite acercar o deporte náutico da vela ás persoas con discapacidade nesta vila mariñeira de luxo durante os días 2 a 6 de setembro de 2013.
Con este correo queremos informarvos das condicións do programa co fin de que se estades interesadas vos anotedes, enviándonos un correo electrónico á dirección [email protected]  xunto coa ficha de inscrición individual que se achega. No caso de necesitar unha persoa de apoio teredes que inscribila tamén como participante. As prazas son limitadas e seguirase unha estricta orde de inscrición.
O programa de lecer náutico inclúe:- Un curso de vela lixeira de 20 horas de duración que se desenvolverá polas mañás de luns a venres en horario de 11:00 a 15:00 horas, e impartido polo Club náutico de Sanxenxo. A participación no curso é obrigatoria.- Aloxamento durante os días do programa  na residencia Aixiña.- Participación en actividades varias organizadas polas tardes (pendentes de determinar)
custe do programa ascende a 125 € por persoa, para cubrir os gastos de manutención (almorzo, comida e cea)
Programa:Día 111:00 horas. Recepción de alumnos e configuración de grupos.11:30 horas. Charla teórica e vídeo.12:30 horas. Montaxe dos barcos.13:00 horas. Saída ao mar.14:30 horas. Volta a terra.15:00 horas. Xantar.TARDE: actividades variadasDía 211:00 horas. Montaxe barcos.11:30 horas. Saída ao mar.14:30 horas. Volta a terra.15:00 horas. Xantar.TARDE: actividades variadasDía 311:00 horas. Montaxe barcos.11:30 horas. Saída ao mar.14:30 horas. Volta a terra.15:00 horas. Xantar.TARDE: actividades variadasDía 411:00 horas. Montaxe barcos.11:30 horas. Saída ao mar.14:00 horas. Volta a terra.15:00 horas. Xantar.TARDE: actividades variadasDía 511:00 horas. Montaxe barcos.11:30 horas. Saída ao mar.14:00 horas. Volta a terra.14:30 horas. Entrega de diplomas.15:00 horas. Xantar.TARDE: actividades variadas
Se tedes calquera dúbida, poñédevos en contacto con nós.
Quedamos á espera das vosas inscricións. Animádevos!.Ficha de InscripciónRecomendacionesLicencia Creative Commons
Este obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.

Volver a la Portada de Logo Paperblog