COGAMI conta cun veleiro, o Laion, preparado para subir a bordo e navegar con persoas que vaian en cadeira de rodas. Todos os veráns dende 2002, ano no que a Audiencia Nacional lle incauta ao narcotráfico o veleiro e llo cede en garda e custodia a entidade membro de COGAMI Adisbismur, navegan no Laion tanto usuarios de COGAMI como de entidades afíns, como a nosa.
Se es socio/usuario de AS.PA.NE.MI., e te interesa a actividade, ponte en contacto con nós, por vía telefónica 981 946 319, noso Facebook, blog, ou correo-e: [email protected], ANTES DO 20 DE MAIO, data límite para as inscripciónsACTIVIDADE A REALIZAR A BORDO DO VELEIRO LAION:
- Venres 5 de xullo: Actividade en Ferrol (Horario: de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.)
- Sábado 6 de xullo: Actividade en Ferrol (Horario: de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.)
REGATA S.A.R. INFANTA ELENALugar: A CoruñaDatas e horarios:
- Venres 30 de agosto: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
- Sábado 31 de agosto: 1 saída pola mañá e 1saída pola tarde.
- Domingo 1 de setembro: 1 saída pola mañá.
Para persoas discapacitadas con movilidade, levaránse a cabo nos seguintes lugares:
- Ribadeo
- Ares
- Camariñas
- Vigo
Teñen unha duración de 4 horas, en horario de mañá ou de tarde, e están dirixidas a un grupo de 8 persoas con discapacidade.Para máis información podedes visitar a páxina web de COGAMI ou escribir a [email protected]http://aspanemi.blogspot.com.es/2013/04/proxecto-gavea-2013-cogami.html
Este obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.