A ciencia non ten idioma, como moito ten unha linguaxe propia: a metodoloxía científica. Por iso escribo esta entrada no legado que me deixaron os meus vellos: a fala.
Arestora estase a celebra-lo tweetchat #whywedoresearch en castelán auspiciado e moderado por +Carmen Villar (@carmenvillarb na foto caracterizada como Mrs Evidence)
Unha conversa en 140 caracteres para dar resposta ás cuestions que abaixo vos poño tentando de saca-las claves da escaseza de investigación en coidados.
O papel da universidade na investigación en coidados e a distancia que semella que separa a esta do traballo diario na clínica e a preocupante falta de implementación da evidencia tamén formarán parte da conversa.
Dou por descontado que vos uniredes e se non podedes facelo sempre podedes lee-lo debate "tirando do hastag.
E aquí van as miñas respostas:
Q1-Investigar está ó alcance do sacrificio do tempo persoal e familiar das enfermeiras.
Q2-O que teñen semella que é obxectivos diferentes e non sempre orientados ó doente.
Q3-Facendo que os créditos horarios dos profesores asociados se adiquen non só ós alumnos senon a asesorar a investigación clínica.
Q4-Divulgar, divulgar e voltar a divulgar. En cada control, en cada consulta e en cada centro.