Reciclemos: Chapas de botella
As ideas de reciclaxe que traio hoxe teñen en común un material: as chapas de botella. É unha desas cousas que adoitamos tirar ao lixo sen máis, sen parar por un momento a pensar se poderíamos aproveitalas para facer algo...
E sen embargo, dan para moito! Partindo do básico, que é a decoración delas ou ben pintándoas ou ben tirando dedécoupage...Con isto temos materia prima para, por exemplo... facer bisutería!
Por exemplo, para levar nas orellas.... (tutorial, aquí)
Ou bonitos colgantes, de jnhkrawczyk.
Ou unha pulseira, coma esta de Nick Cave vista nos foros de Crafster.
Ou para facer broches, coma neste tutorial de Confessions of a Craftaholic.
... aos que sempre se lles poden incorporar outros elementos, como nestes de Las cosas de Mismisi.
... ou como este de ScrapTrendy.
Ou tamén podemos xogar a unir varias chapas para facer adornos, ou mesmo broches en forma de mosaico.