«Dende 25 de xaneiro ata 25 de marzo de 2010. Na Biblioteca Municipal Sagrada Familia mostra bibliográfica con grandes películas baseadas na literatura.
A nosa habitual sección de recomendacións especialízase nesta ocasión, e por dous meses, na literatura no cine. Obras como "Desayuno en Tiffany's", "El mercader de Venecia", "El jardinero fiel" ou "Trece badaladas" son algúns dos títulos que compoñen esta exposición, que pretende dar a coñecer ao lector as obras que inspiraron estas películas.»
Coruña.es/bibliotecas