Revista Cultura y Ocio
Reseña: Os contos de terror do tío Montague, de Chris Priestley
Publicado el 15 enero 2016 por Chema Fernández @chemaupO tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo.
Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos?
Pero non hai tempo para respostas. Á volta, Edgar ten que atravesar o bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra?
Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.
Fai tempo tiña en mente traer ao blog unha reseña en galego, unha pequena sección para a lingua da miña terra. Coa recente colaboración de Sushi Books co blogue, pois hoxe traio un libro sobre contos de terror para un público xuvenil. Como sabedes, gústame os libros de terror, sí, chamádame morboso pero devezo por pasalo mal, por pouco que sexa pero esa sensación é única e os libros de terror son capaces de transmitir iso.
Este é un libro de relatos, unha novela que pese a que sexan contos ten un fío conductor, unha pequena trama superficial que nos achega aos contos. Edgar é un rapaz que pasa moito tempo en casa do seu tío Montague, un home misterioso que vive nunha masión cruzando o bosque do camiño da súa casa. Nunha das súas visitas, Edgar pídelle o tío que lle conte contos para pasar o rato pero ben sabe él que ese relatos son falsos, que detrás de tanta maxia e morte so é cousa da mente do tío Montague ¿o non? Parece que a realidade supera a ficción.
O libro divídese en doce capítulos que son doce contos é un agasallo ao final co relato número trece. Son historias que case todas teñe un denominador en común: a morte. Nestes relatos a morte atopa as súas vitimas e faise con elas. Sexan rapaces o maiores é capaz de cobrar aquelo no que está a buscar.
A ambientación da novela é fenomenal, xa dende o primeiro momento, metémonos de cheo nunha historia escura, chea de sombras e segredos, un ambiente enrarecido polo comportamento do tío Montague así como das historias que vai contando.
Unha das cousas que máis chámame a atención é poder ver como meras cousas do día a día poden ocultar unha historia oculta que ten sufrimento, dor e morte. O autor sabe xogar con iso e por eso mezclao moi ben durante a narración dos contos.
Ademáis, as ilustracións que atopamos nas súas páxinas dan bastante arrepío, saben conxugar moi ben a historia co ambiente, un foco máis para enlazarnos coa historia de cheo.
En resumo, Os contos de terror do tío Montague é unha novela de relatos que tentará de facernos pasar un mal rato coas pequenas cousas do día a día pero que conseguen transmitir ese sentimento de medo. Pese a que está enfocado a un público xuvenil creo que é unha lectura para tódolos públicos porque o terror non entende de idades, é un sentimento primixenio que non evolucionou durante todos estos millóns de anos no que o home existe como tal.
Podes comprar o libro aquí: Os Contos De Terror Do Tio Montague
Grazas a Sushis Books polo libro.
Chámate a atención o libro? Sabes doutro libro similar? Espero os teus comentarios máis abaixo :)