Revista Solidaridad
RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2013 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de ...
Por Aparcamientodiscapacitados1. Ámbito persoal e beneficiarios
a) Poderán solicitar as axudas os funcionarios titulares e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.
O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar en situación de activo ou en excedencia por coidado de fillos e con destino nesta comunidade autónoma no prazo de presentación das solicitudes e reunir os requisitos exixidos polo programa.
b) Tamén poden solicitar a axuda os funcionarios interinos da Administración de xustiza sempre que prestasen servizos nalgún momento nesta comunidade autónoma no período comprendido entre o remate da acción social do ano anterior (31.7.2012) ata a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
c) Terán a condición de beneficiarios aqueles solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos no punto anterior, teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %.
No caso de que o beneficiario teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.
d) No suposto de que dous empregados tivesen a condición de beneficiarios en relación co mesmo causante, só un deles terá dereito á axuda.
e) A percepción das axudas desta acción social é incompatible coa percepción doutras axudas de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra Administración ou organismo oficial ou empresa privada.
2. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria noDiario Oficial de Galicia.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130513/AnuncioG0244-020513-0006_gl.html
Este obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.
Sus últimos artículos
-
Los olímpicos y paralímpicos españoles no vestirán igual porque Joma quería cobrar a los paralímpicos
-
Isidre Esteve: “Llegué a pensar que no volvería al Dakar”
-
Air Europa se niega a pagar la silla que rompió a un tetrapléjico
-
Una madre denuncia la falta de un monitor en el instituto para su hijo con discapacidad