Hoxe é o día das Letras Galegas. Un día que, en teoría, serve para amosar a normalidade, ou para intentalo. É un día no que, ano tras ano, se escolle a un escritor galego e se lle fai unha homenaxe (este ano tocoulle a Luís Pereiro).
Moita é a xente que, a día de hoxe, segue coa idea do “Habla castellano, no seas paleto”. Moitos mozos sinten vergoña de falar a lingüa dos seus pais, dos seus avós, da súa historia. Unha lingua que foi sinónimo de cultura pero que foi pisoteada e desprestixiada por uns e por outros, mentres os galegos, co noso “as cousas son así” calabamos e non loitabamos polo noso.
Vergoña sinto eu, ainda que non me considere galego falante ó 100% (estoulle a por remedio, que quede claro) desas parvas persoas que protestan cando, nas clases de galego, se lles manda falar nun idioma que representa e é parte da nosa cultura, da nosa máis forte e arraigada tradición (ainda que, por motivos políticos, estea fortemente castelanizada).
As nosas verbas únicas, a nosas tradicións sin igual, as nosas costumes máis cotiás (que non valoramos ata que as deixamos de ver por marchar ó exterior), son as que nos definen como pobo, as que fan que mereza a pena conservar todo o que é Galicia.
E se ti non o cres, xa o entenderás. Eu mentres tanto, teño a lingua de fóra.
Na Galiza, en galego!
Quempallou – Coa lingua de fóra!
Perdón a mis lectores no gallegos por esta entrada. Sé que sois unos cuantos, pero esta vez, toca protestar (tengo el día revolucionario, lo sé).