Foto do artigo (o enlace é para suscriptores)
Por poñervos en situación dende Novembro de 1993 ata Septembro de 1998 formei parte da plantilla do Hospital de Verín. Tiven a sorte de formar parte da equipa que abriu o centro e, como soio dicir, "tocunos definir ata onde iban as papeleiras".
Os partos nese hospital aínda tardaron un tempo en porse en marcha mais foron unha das bandeiras da que daquela era a "Fundación hospital Verin" porque era unha das reivindicacions históricas non só da xente de Verín senon de tódala bisbarra e as colindantes.
Aquela apertura non estivo exenta de polémica pois tanto as mulleres de xinecoloxía como as de obstetricia e binomio nai-fillo tra-lo parto ou cesárea eran ingresadas na unidade de hospitalización "verde" xunto cos doentes de medicina interna. Mais aquel goberno da xunta cun flamante xerente do SERGAS que pode que lle soe (un tal Alberto Nuñez Feijoo) entendeu que aquelo non puña en risco a calidade asistencial.
Co tempo a Fundación foi liquidada (polo mesmo mencionado que antes a creara e xa exercendo como presidente da Xunta) e os traballadores puideron optar por integrarse no sistema público mais ignoro si o modo de xestión do paritorio (daquela unha especie de cooperativa de matronas) se trocou ou non.
Chegou logo a creación da Estructura de organización de xestión integrada EOXI como medio de palia-los problemas de cobertura de profesionais sobor de todo de certas especialidades médicas e un xeito de dar unha visión integrada á asistencia sanitaria eliminando as barreiras entre niveis asistenciais. Dita integración a encabezou Eloina Nuñez (familiar directo do antedito).
As polémicas laborais entorno a esta integración non se fixeron de agardar e dende o principio a idea da EOXI "renxeu" á hora de dar solucións ós problemas para os que foi creada... e no cumio dunha rocambolesca situación a xerencia de EOXI decide que dende hoxe se pechan os paritorios no hospital de Verín.
Adúcense, seica, criterios de calidade asistencial que deben estar sacados dun manual de antes da declaración universal dos dereitos humanos porque para calquera que estudase calidade asistencial a accesibilidade é un criterio primario desa calidade. A OMS así o corrobora.
Doe comprobar que a sospeita apunta ós propios profesionais que asinan para apoia-la medida; como dí o artigo da foto "Esta clausura obedece a una reciente sentencia judicial que obliga a especialistas con plaza o interinos a desplazarse dentro del área sanitaria y cubrir las necesidades de desatención que pueda precisar el área".
Tamén doe o aparente silencio dos representantes da profesión na provincia que se limita a reproducir novas sobre o tema... xa que sería de agardar que estando a profesión lanzada á reivindicación dos seus valores se fixera gala dun dos mais universais como é a abogacía en saúde no nome das persoas e a sociedade á que servimos.
Aínda menos mal que tanto o colexio profesional dunha provincia veciña como algunha das sociedades científicas exercen esa función no canto de que outros corren facerse fotos coa administración que realiza semellante falcatruada.
Para rematar unha reflexión; o xerente da EOXI cando acudiu a Verín a explica-la medida aduciu "falta de pericia" por parte das profesionais que atenden ese proceso en Verín... É lóxico que si hai unha falla nas capacidades ou habilidades dos profesionais se opte polo peche do servizo? ou é mais lóxico aportar ferramentas nos planos de formación continuada para resolver ese déficit?.
O interior de Galicia leva décadas sufrindo unha hemorraxia poboacional agravada cun forte envellecemento non cadra que os mesmos que falan de "resolve-los problemas da 'España valeirada'" apoien medidas políticas que xustamente restan calquer esperanza de darlle-la volta a esa situación.
EDICIÓN 1/12/19 10h.
Evidentemente a poboación sí que ten voz...
...e terá voto.