Revista Cultura y Ocio

Svea Kött (carne sueca)

Publicado el 11 enero 2012 por Xoselois

Svea Kött (carne sueca)

Svea Kött (carne sueca)

Autor   Domingo Tabuyo (1959)Máis información: Wikipedia
LibroEditorial: Edicións Xerais de GaliciaEdición leída: 2011Páginas: 159ISBN: 978-84-9914-234-0Idioma: Galego
A miña impresión
Este libro merqueino este Nadal, xunto con tódolos libros en galego que penso ler ó longo do ano e, por casualidades da vida, lino en Cambados, onde transcurre parte da historia.
Derrotado no personal, o persoeiro da narración atópase ante a necesidade de voltar ó traballo logo dun tempo no que estivo a coidar ó seu amor denantes de que esta finara. No profesional, o comisario Romero, aópase ante un caso policial que semella inicialmente ser un caso máis, mais logo haberase converter nunha trama internacional que non ía imaxinar.
A novela trata sobre como un policía e mailo seu equipo de traballo deben traballar contra vento e marea, incluindo contra os seus propios compañeiros de bando (incluindo a toupa que teñen entre eles mesmos). Ó mesmo tempo que se nos está a narrar as distintas accións que levan a cabo para descubri-la trama terrorista que vai dende Madrid a Vigo e dende Toledo a Barcelona, tamén estase a narrar, mixturando os capítulos, os últimos meses nos que viviu en Cambados xunto coa súa parella.
O certo é que non sei moi ben qué esperaba desta novela, mais deixoume un sabor a pouco, a que, se cadra, é un pouco branda de máis ou, seica, é que é bastante previsora, sobor de todo de cara ó final da mesma. O que si é certo é que ten tódolos ingredentes que cómpren para facer unha narración policiaca: equipo de traballo con toupa incluida, problemas no persoal do persoeiro, problemas de traballo cos compañeiros (neste caso de outro corpo policial) e unha banda de malos malísimos. Asi e todo, coido que un pode disfrutar dun bó rato namentras a está a ler.
Contraportada do libro
Sindo Romero, comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), era coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de características excepcionais e por ter unha habilidade singular, unha intuición que lle permitía casar as pezas dos entramados máis complexos aos que ninguén lles atopaba nin pés nin cabeza. Romero, mergullado nas saudades da súa Arousa, onde acaba de enterrar a un ser querido, deberá regresar decontado a Madrid para resolver o enigma que agocha o caso do asasinato da rúa Marqués de Valdeiglesias, no cruzamento de Gran Vía con Alcalá. Un escenario moi cinematográfico para o crime do "home do abrigo beixe", un tipo de mediana idade, indocumentado, que apareceu morto ao pé dunha libraría especializada en libros palestinos e de países da área de Oriente Medio. A aparición doutro cadáver, desta volta en Cambados, que levaba na carteira un recorte de periódico, fai medrar as incógnitas. Existirá algunha conexión Madrid-Arousa entre ambos dous crimes?

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Dossiers Paperblog