Revista Deportes

Texto completo con los detalles del por el que los Árbitros Gallegos piden a Louzán la cabeza del Presidente del Comité, Iglesias Figueroa

Publicado el 05 noviembre 2015 por Jmporense @futbolbaseymas
Texto completo con los detalles del por el que los Árbitros Gallegos piden a Louzán la cabeza del Presidente del Comité, Iglesias Figueroa
En estos momentos no tenemos confirmación de si la noticia o previsión que adelantaba esta tarde Onda Cero sobre una posible huelga arbitral en Galicia este fin de semana se llevará a cabo, estaremos pendientes. Lo que si pudimos conseguir fue una detallada exposición de situaciones muy graves y que dan fé del malestar existente basado en actitudes que poco bueno y mucho malo dicen del actual Presidente del Comité, Fernando Iglesias Figueroa. Una representación de buena parte de los colegiados gallegos transmitió al Presidente de la F.G.F. Rafael Louzán este malestar esperando tomase medidas al respecto. Abajo el amplio y detallado escrito al completo y en versión original en galego (los muchos visitantes de fuera de esta Comunidad pueden traducirlo, merece la pena). Analizando con detalle la situación y como decía Sabina, parece claro que a los sufridos colegiados gallegos les "sobran los motivos", cuando algo parecía que no podía ir peor alguien se encarga siempre de llevar la contraria. 
Huelga árbitrosgallegos@futgal a la vista. Más en Onda Deportiva 5 noviembre :http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/coruna/audios-podcast/onda-deportiva-coruna-112015_20151105563b75fd6584a883ed9932ac.html
Estimado señor presidente:

Os árbitros poñémonos en contacto con vostede para informalo do rumbo que está tomando o Comité Técnico de Árbitros da F.G.F., o profundo malestar que temos e as graves consecuencias que podería ter para o noso colectivo e para o fútbol galego se non cambia a dirección. 

A  Don Fernando Iglesias Figueroa só lle preocupa que o acompañemos a todos os actos o maior número de colexiados posible, coa única intención de dar sensación de poderío cara a vostede e para poder poñer a nova na web da F.G.F. A realidade dista moito do que aparece na web, os verdadeiros obxectivos do noso presidente son:

-Eliminar do seu contorno a todas as persoas válidas pero que pensa que por curriculum e competencia lle puidesen facer sombra.

-O ascenso do seu fillo, o verdadeiro obxectivo que o move a tomar as decisións.

HIJOS, SOBRINOS/AS, PADRINOS Y DEMÁS FAMILIA

Señor presidente, propoñémoslle que impoña a incompatibilidade de cargos de Presidente ou Directivo do Comité Técnico de Árbitros no caso de ter familiares directos arbitrando en analoxía ao resto de incompatibilidades que hai noutros estamentos da nosa sociedade. Actualmente non só se ven beneficiados os fillos ou sobriños dos dirixentes arbitrais, senón que tamén conseguen debilitar a calidade do resto en beneficio dos seus familiares, e o que é peor, matan a nosa ilusión pola arbitraxe:

-O fillo do presidente, Don David Iglesias Melón:  o seu pai dende a delegación de Vigo eliminou toda a competencia que puidera ter, para que puidese ascender ata terceira división sen complicación ningunha e agora volve repetir estas prácticas dende o Comité Técnico Galego. O 10-01-2015 quedou eliminado na proba de campo ao facer 53,27 segundos (folla nº 1) pero uns días despois e xa co pai de presidente fixo 51,03 (folla nº 2). Nesas mesmas probas co pai de presidente acerta todas as preguntas do exame das regras de xogo (todas!), cando polo súa dificultade ningún árbitro de ningunha categoría consegue ter ese resultado (sendo 125 os  integrantes da terceira, preferente e asistentes), nin sequera os compañeiros que dan clase das regras de xogo conseguen igualar a D. David Iglesias Melón. Só el e o seu mellor amigo Don Cristian Vázquez Martínez son capaces de conseguilo (follas nº 2,3,4,5 e 6), curiosamente este árbitro acadou o ascenso a asistente de Segunda B este mesmo ano como número un (folla nº 7 )

Nas probas de inicio de tempada en Ourense para que o seu fillo non tivese problemas minimizou os requisitos da proba de intervalos (de 13 a 10 voltas) e eliminou a proba de campo na que o seu fillo ten máis dificultades (folla nº 10).  Proba do seu baixo nivel físico é que tivo que repetir unha serie de velocidade. Nestas mesmas probas D. David Iglesias volve conseguir un novo pleno no exame de regras de xogo, nin un só  erro.

En definitiva, o clínic de Manzaneda que a vostede se lle vendeu como unha mellora en realidade baixaron os requisitos e baremos das probas. Nin que falar ten o que se lle pasa a pedir a os árbitros de primeira Galicia (sete segundos na velocidade e dez minutos no dous mil), estas probas eran boas fai trinta anos, hoxe o fútbol require unha mellor preparación e que nos podamos adestrar coa motivación necesaria. Ao Comité lle da igual que se fagan ou non probas físicas noutras categorías, o deixa a o criterio de cada un.  Esperemos que vostede non teña que ver árbitros galegos con cambras nos partidos por unha incorrecta preparación.                                                                           

Faremos mención doutras prácticas para favorecer o seu fillo en detrimento doutros compañeiros: o único partido neutral que a RFEF asigna a Galicia é a copa de S.M. el Rey de xuvenís, o comité galego designa o fillo de Don Fernando Iglesias, e como asistentes o  íntimo amigo do fillo e a Don Jorge Fojo Rodríguez, novo membro do comité galego. Esta designación non foi posta na web da F.G.F. ¿Por que o quería ocultar?.(Adxuntamos proba, folla nº  8)

O único árbitro de terceira división elixido para acompañar a ver un partido da liga Adelante é, novamente,  Don David Iglesias Melón. 

Na I Copa da R.F.E.F. de Fútbol Praia que se celebrou en Sanxenxo do 28 a o 30 de Agosto, só houbo dous árbitros que nunca actuaron nesta modalidade, sendo máis dun centenar de colexiados de Galicia que nos tería gustado estar presentes, pero elixen novamente a Don David Iglesias. Pode comprobalo na web da F.G.F. en designacións do torneo. 

Isto sería un suma e segue. Ante o temor de ser cesado, o vogal de información nomeará a informadores que saben o que teñen que facer para estar a servizo dos fillos e sobriños dos presidentes e directivos.

-O fillo do presidente da zona norte, Don Jorge Rodriguez Penas, levaba 3 anos tentando acceder ao corpo específico de asistentes, pero nunca superou os mínimos esixidos nas fases de ascenso. Este verán, xa con novo presidente, e vicepresidente a punto de ser nomeado, este árbitro consegue o ascenso como o mellor clasificado (folla nº  9 ), con récord mundial incluído. Fíxese na segunda serie de velocidade 2,72 segundos, en cambio o home máis rápido do mundo faino por riba dos catro segundos, deste xeito consegue a puntuación máis elevada nesta proba, ao igual que o exame de regras de xogo sendo novamente un familiar de directivo do C.T.A. da F.G.F.  o único que acerta todas a preguntas. Tamén no clínic de Manzaneda consegue facer pleno de acertos no exame. De non aprobar a non errar nin unha soa vez no último trimestre. As designacións dos asistentes sempre a levaron as delegacións, agora correspóndenlle ao equipo do señor Iglesias, ¿outra casualidade?. Os tres fillos de súpeto teñen as mellores designacións de toda a súa vida, ¿terá algo que ver que o seu pai sexa o vicepresidente da zona norte?.


Texto completo con los detalles del por el que los Árbitros Gallegos piden a Louzán la cabeza del Presidente del Comité, Iglesias Figueroa

-A sobriña do vogal de información (quen tamén mantén unha relación co fillo do noso presidente), Dona Zulema González González, nos chama a atención que entre todas as galegas, chega a terceira división unha familiar (casualmente) dun directivo do C.T.A. da F.G.F. Tamén sendo directivo o seu tío, foi a elexida para representar a Galicia no Fútbol Praia, ¿requisitos?, non os houbo.  Nós tamén nos alegramos e  apoiamos as mulleres, pero a todas. O que se lle vendeu estes días á sociedade está moi ben, pero isto ten una segunda lectura que dende fóra non se sente,  ¿como se atopan as outras colexiadas que non teñen familiares como directivos  e  que traballaron con toda a ilusión e dedicación do mundo? Bótelle un ollo á clasificación do cursiño de marzo na preferente (folla nº 3), a sobriña atopámola no posto nº 41 (non fixo a proba de campo, e as outras pasounas raspadas; de ter sido un home tiña certificado o descenso de categoría) e mire quen está no número 1, no 14 e no 15, no outro cursiño da tempada a número un tamén foi a mesma rapaza, mentres a sobriña quedou no 36 (folla nº 16), non podemos comparar  os informes delas, pero si se fala señor presidente; non ten máis que velas arbitrar. Agora o tío ten que clasificar a súa sobriña. ¿Vostede veo lóxico?. O primer informe llo fai o ourensán Don Jorge Gómez Barril, non esperan nin a metade de tempada en intentar tapar as súas intencións.

Témolo claro: ou buscamos padriño, ou non temos nada que facer mentres teñamos estes dirixentes en Galicia. O señor Iglesias tamén o ten claro, o que non lle guste  que non estea.

Os colexiados de Terceira División tiñamos a ilusión de prepararnos a tope para intentar ser mellores, para lograr o noso ascenso ou para poder dirixir un partido de intercambio co Comité Catalán. Agora non temos nin unha cousa nin outra. Antes só estabamos desilusionados os árbitros de Vigo, agora parecen que nos entenden o resto de compañeiros de Galicia. De seguir así, axiña non haberá árbitros e volveremos ter que aceptar que calquera poida pitar partidos. Non hai máis que ver a baixada na asistencia a adestramentos, por exemplo na Coruña dende que non está o anterior delegado que incluso ía a miúdo polo lugar de adestramento e as designacións tamén se facían  tendo en conta o estado físico dos colexiados. Parece que este punto non lles preocupa aos actuais dirixentes máis ocupados en que os árbitros asistan a actos públicos e poñelos na web da F.G.F. Don Fernando estará contento que os talentos non se preparen xa que así terá opcións de clasificarse o seu fillo, a historia repítese señor Louzán, ningún colexiado de Vigo superou as probas na fase de clasificación en Ferrol (folla nº 1 ); imos camiño de que ocurra en toda Galicia. Nesas probas é curioso, dos seis primeiros clasificados, catro foron da delegación da Coruña, tal vez o delegado que tiñan os motivaba de máis e ían ser moita competencia para o fillo. Agora, díganos:  ¿Que tén unha persoa, se non ten ilusión?.

Desapareceu a transparencia nas clasificacións dos árbitros de Terceira e Preferente Galicia, os catros descensos de Terceira e os sete descensos de Preferente non se corresponden coas listas feitas polo que era o responsable da calificación e clasificación (follas nº  11 e 13). O presidente fixo as súas propias listas e  deullas asinar o dia da súa despedida e con présas;  cando soubo o que asinara sentiuse enganado. Houbo unha reclamación por un árbitro de terceira división que, con datos obxectivos, demostraba que el non podía estar descendido (resultados en probas, exames, informes…) e non se fixo pública a resolución da reclamación pero o certo é que a día de hoxe segue mantendo a categoría e actuando en Terceira División, tampouco  se cambiou a clasificación  nin se explicaron os motivos; afectando isto aos dous seguintes colexiados da clasificación na preferente (folla nº 12)  que non conseguiron recompensa ao seu traballo co ascenso e unha vez máis quítaselles a ilusión sen explicacións.

Sorprendeunos que vostede na Asemblea felicitase a Fernando Iglesias por “a renovación que estaba levando a cabo nas delegacións”. Seguramente iso foi o que lle vendeu a vostesde, vexamos en que consiste esta renovación:


Texto completo con los detalles del por el que los Árbitros Gallegos piden a Louzán la cabeza del Presidente del Comité, Iglesias Figueroa

-A CORUÑA:

 O anterior delegado Don Roberto Pablo Jallas Amigo, de 45 anos, pasou 12 anos en Segunda División B con ampla experiencia como informador e coñecido por todos nós. Traballou arreo para motivar os árbitros da delegación e modernizar o funcionamento que herdou  do anterior delegado, que “casualmente”  é o actual vicepresidente norte do Comité.

Cando foi  a presentación de D. Fernando Iglesias na Coruña díxonos a todos na aula que se estabamos contentos con Roberto, seguiría, manifestámoslle que así era, malia a iso mentiunos e botouno fóra pasados uns meses;  sen darnos  explicacións e sen admitir preguntas. 

A chamada “renovación” vén da man dun home cercano aos 70 anos, Don José Luís Fernández Cao. Descoñecido por nós pero moi afín ao actual presidente D. Fernando Iglesias.  A maioría de nós non naceramos cando el arbitraba, dixéronnos que foi árbitro na década dos 80. A súa actividade máis coñecida foi a de concelleiro do PSOE no concello de Culleredo. 


Texto completo con los detalles del por el que los Árbitros Gallegos piden a Louzán la cabeza del Presidente del Comité, Iglesias Figueroa

-OURENSE: 

Nesta delegación tivemos moitos problemas nos últimos anos, con folgas, conflitos entre compañeiros, rebelións internas, delegación arcaica… hai 2 anos colleu a delegación Don José Antonio Presas López (que chegou a 2ª división, con máis de 25 anos de experiencia arbitral; aínda que levaba un tempo fora) e cando parecía que comezaba a  solucionar os nosos problemas Don Fernando Iglesias obrigouno a dimitir. 

A “renovación” neste caso pasou por nomear a Don Claudio Cerceira Casas, árbitro de primeira rexional. Coñecido é de todos a súa falta de aspiracións, non hai máis que ver os resultados alcanzados nas probas e na súa carreira arbitral. ¿Cómo nos pode motivar para adestrar, estudar e preparar os partidos un delegado que sabemos que el non o facía?

O peor é que unha vez máis non contan con nós para elixir o noso delegado, e camúflase o despido do señor Presas como unha dimisión; máis que facernos parvos quedan en ridículo o un e o outro. Hoxe están a tratar con xente formada e este tipo de xogos só lles serven para enganarse a eles mesmos.


Texto completo con los detalles del por el que los Árbitros Gallegos piden a Louzán la cabeza del Presidente del Comité, Iglesias Figueroa

-PONTEVEDRA: 

Delegación de alto nivel deportivo, físico e técnico. Con magníficos resultados nos últimos anos. O seu delegado era Don Pedro Fernández Louro, con 30 anos no colectivo arbitral e alcanzando a categoría  nacional. O presidente D. Fernando Iglesias césao dicíndolle que non lle queda máis remedio que recoñecer o bo traballo realizado por este e por Roberto  (A Coruña). Se todos os árbitros estabamos contentos, se os resultados eran bos e se o presidente recoñece que se facía un bo traballo ¿Por qué D. Fernando Iglesias quere cambiar o rumbo da delegación? ¿polo ben do fútbol galego?. A resposta é sempre a mesma.


Texto completo con los detalles del por el que los Árbitros Gallegos piden a Louzán la cabeza del Presidente del Comité, Iglesias Figueroa

-VIGO:

 É curioso que nos últimos anos os resultados da delegación fosen tan decepcionantes, como exemplo nas probas de Ferrol (folla nº  1) ningún árbitro de terceira da nosa delegación pasou as probas físicas (ningún!), levamos dous anos sen representación na segunda B (ata que botou os irmáns Costa Soto, non parou) e sen remuda xeracional en preferente e terceira división. Cando D. Fernando Iglesias estaba á fronte desta delegación nos últimos anos, eramos unha delegación desmotivada para adestrar e prepararnos, a sabendas de que ascendería/descendería sen ter en conta as probas e informes arbitrais, só a afinidade persoal e por suposto sen que ninguén lle puidese facer sombra ao seu fillo ¿para que adestrar? ¿para que estudar? ¿para que preparar os partidos?. O que todos tiñamos claro era que debiamos asistir aos actos que se organizaban, xa que se non o faciamos tiñamos represalias coas designacións e cos ascensos na delegación.

 Tras o nomeamento como presidente do comité de Don Fernando Iglesias, este decide nomear como delegado nesta cidade a Don Francisco Soto Balirac, mozo avogado de prestixio que aínda que “só” chegou a preferente Galicia recibímolo na delegación con aires de liberdade, modernización e xuventude. Don Fernando Iglesias vendeunos este nomeamento como o de unha persoa moi competente, e cremos que estaba no certo, non hai máis que preguntar no ambiente xurídico de Vigo para darse conta do prestixio deste señor. Ademais pese á súa idade, era unha persoa seria e moi respectada por todos os árbitros.

Pero en 5 meses sorprendentemente Don Fernando Iglesias césao,  cando era tan bo, ¿Por qué? É curioso que días antes asinara no despacho do Alcalde de Vigo un convenio para a utilización por parte dos árbitros de Vigo, e de balde, as pistas de atletismo de Balaídos, algo que en 14 anos á fronte da delegación o señor Iglesias non acadou. Por outro lado, e coa intención de estar ao tanto de todo, preguntou por certos temas que non tiveron resposta, ¿como había tantos colexiados que non pitaran nin un só partido?  Parece ser que se trata dun acordo coa Universidade de Vigo que ninguén nunca viu e do que se descoñece qué saca en limpo o colectivo arbitral.  A diferenza do asinado polo Alcalde e o señor Balirac que si se nos foi enviado a todos nós. O  mozo avogado no seu afán por dar a máxima transparencia ó funcionamento da nosa delegación preguntou sobre as normas  e tarifas en vigor da F.G.F. de cara a facer os presupostos para os torneos do verán, chegando ao punto de que antigos colaboradores de Don Fernando Iglesias eliminaran correos electrónicos da delegación para que o señor Balirac non meterá os fociños.

Don Fernando Iglesias sentiuse decepcionado pola falta de “lealdade” do mozo avogado e todo rematou cando nunha xunta directiva votou en contra dunha das súas propostas, en defensa dos árbitros da nosa delegación dado que se debatía o ascenso a preferente de un compañeiro desta delegación. Conforme aos principios e traxectoria de Don Fernando Iglesias espetoulle “como te atreves a votar en contra de una propuesta mía”, achacándolle a partir dese intre unha perda de confianza, e  non dubidou en proporlle a renuncia polo ben da arbitraxe de Vigo  alegando que nela puxera motivos laborais.  Motivo polo cal o señor SOTO BALIRAC deixou de ser delegado de Vigo. Permítanos que o poñamos en maiúsculas xa que hoxe en dia é fácil aceptar todo tipo de prácticas para non renunciar a 842 €/mes.

Creemos que cando o señor Iglesias o nomeou, viu a unha persoa descoñecida a nivel nacional arbitralmente falando e competente para levar a delegación, e cando viu que era capaz de chegar a asinar acordos para o ben dos árbitros no propio Concello  e unha persoa máis que competente, botouno fóra, non vaia a ser…  A pregunta repítese unha e mil veces. ¿Polo ben da arbitraxe? ¿Polo ben do fútbol galego?

O substituto do avogado é Don Jorge Cendón Rodríguez, novamente un señor de elevada idade e que non superou a categoría de primeira rexional, pero dende logo da plena confianza de Don Fernando Iglesias e que de seguro  non denunciará ningún presuposto fóra do aprobado por a F.G.F.  

Señor presidente, pedímoslle auxilio. O descontento é xeneralizado, aínda que ninguén se atreverá a dicilo por medo a represalias, os que o fixeron hoxe están fóra da organización. Todos estes cambios van en contra do fútbol galego. A diferenza coa xestión que fai vostede é notable, por exemplo na escola de adestradores está Don Manuel Mosquera, sen dúbida de gran capacidade e un dos mellores, estaba na anterior xunta directiva e segue con vostede. 


Sirva tamén como exemplo, Don Manuel Mosquera interveu no noso clínic en Manzaneda e sentimos pena de ver como outros estamentos do fútbol galego avanzan e se modernizan, pero nós retrocedemos no tempo.  No noso estamento cámbianse os delegados que segundo Don Fernando Iglesias eran “los mejores de Galicia y sus delegaciones funcionaban bien” por outros de elevada idade, moi afíns pero sen a motivación nin capacidade necesaria para impulsar as novas xeracións. Non se nos ten en conta para nada, sentímonos desamparados e non sabemos que rumbo imos tomar. O único que temos claro é que debemos asistir a todos os actos para dar unha boa imaxe ante vostede e que o señor Iglesias saia na foto arroupado por todos nós, pero sempre obrigados e baixo a mesma ameaza.

FALTA DE EDUCACIÓN Y AMENAZAS

Tamén o debemos informar da falta de educación, as prácticas e as constantes ameazas do actual presidente Don Fernando Iglesias Figueroa:

A facilidade que ten para insultar non é propia do colectivo a que representa. Nós pedimos que acaben as agresións físicas e verbais pero malia a iso o noso presidente chama “cabrón” publicamente a anteriores presidentes e difúndeo entre os directivos e delegados coa clara intención de facer dano (folla nº 15, pódeo ler enteiro, non ten desperdicio). Noutras reunións é coñecido que se dirixiu a presentes cun “eres gilipollas” . Ou non ten reparos en dicir diante de varios presentes que o actual secretario xeral da F.G.F. “es un incompetente” ou o actual secretario do Comité Técnico de árbitros “es un vago”… esta forma de falar forma parte da súa personalidade pero é indigna nun dirixente da F.G.F. ¿qué imaxe pode dar do fútbol galego en Madrid?

En Vigo é de todos sabido as súas prácticas, se quere favorecer a un determinado árbitro non ten problema en facerlle un simulacro de exame no seu propio coche, o presidente cre que é  segundo a súa sabiduría arbitral e polo ben da arbitraxe. ¿Imaxina vostede que un equipo de terceira queda no octavo posto pero como a vostede lle parece mellor, entón manda repetir os partidos para que este quede mellor clasificado?. Non ten reparo en manifestar publicamente  ao comenzo dunha tempada que este ano ascende un determinado árbitro. ¿Se imaxina a vostede decindo iso de un equipo, qué opinión terían os outros xogadores, adestradores…?  Pois nós, con qué gañas nos preparamos sabendo que o ascenso xa está dado polo señor Iglesias. ¿Estas son prácticas do ano 2015 nunha sociedade democrática, libre e xusta?. Somos deportistas e queremos que se nos trate como tal.

Vostede pode mandar comprobar o que Don Fernando Iglesias Figueroa lle cobrou aos equipos do Fútbol Base de Vigo, tarifas por importes superiores aos establecidos pola F.G.F.  Por favor, mande comprobar os partidos disputados nos torneos e os presupostos pagados polos equipos. Nós non temos nada que ver con isto, e queremos que así conste. Se vostede mantén no cargo a Don Fernando Iglesias Figueroa, vémonos na obriga de avisar aos equipos para que non lles volva suceder.

Señor presidente, pida que comprobe qué prácticas facía (ou fai) Don Fernando Iglesias cos carnés de árbitros. Son coñecidas varias persoas que posúen carné de árbitro para acceder a os campos da F.G.F. sen ter relación co colectivo arbitral. Ou qué prácticas se facían coas entradas que lle cedía o RC.Celta de Vigo para os árbitros, era habitual ver na grada a familia e amigos do señor Iglesias, en cambio os colexiados quedaban sen elas. Sen dúbida é un privilexio que temos os árbitros onde se mestura o pracer coa aprendizaxe, e non o  queremos perder polo abuso que fai o noso presidente.

Na nosa Gala, a dos árbitros de fútbol de Galicia, moitos de nós fomos arroupando os nosos delegados pola presión que tiñan e coa ilusión que continuaran nos seus cargos. O actual presidente púxolle cupos de asistencia obrigatoria a cada delegado como arma de presión, curiosamente uns días despois cesou a 4 de eles. De novo enganounos a todos, para así conseguir dar unha imaxe de poderío ante vostede; aínda que é sabido que esa autoridade a teñen os delegados.  De facelo uns días antes, sabe que a inmensa maioría de nós non asistiriamos. 

Pedímoslle que comprenda a nosa situación: preparámonos física e tecnicamente durante a tempada, superamos as probas e test, colaboramos instruíndo os cursillistas, intentamos ir aos partidos das categorías inferiores para axudar as novas xeracións, diriximos numerosos partidos os fins de semana, dámoslles charlas aos equipos,…. Ninguén nos poderá dicir que non estamos ao servizo do Comité e do fútbol galego. Pero non se nos pode ameazar con represalias se por motivos laborais ou familiares non podemos asistir a algún evento ou acto que o presidente lle interese, non tivo reparo en recordalo no clínic deste verán en Manzaneda.

Señor presidente este clínic demostra a verdadeira xestión que fai Don Fernando Iglesias cos cartos do fútbol galego: un clínic de 3 días, cun nivel moi baixo de baremos físicos e técnicos, pero de seguro  cun alto custo económico. Ao final conseguiu os seus obxectivos: saír na web da F.G.F. e nos medios de comunicación. Mentres tanto os árbitros que empezan non teñen roupa para arbitrar e temos que facer colectas das camisetas vellas, moitas das nosas delegacións teñen instalacións arcaicas, aulas sen espazo para asistir ás clases nin para un 25% dos colexiados, existen delegacións sen lugares fixos de adestramento ou que para telos temos que federarnos en atletismo, pero obrígannos a gastar entre 100 e 150 euros na compra duns chándales cando os anteriores non teñen nin unha ducia de usos, temos que facer un desembolso importante para mercar aparellos electrónicos para pechar as actas nos campos… ¿non cre vostede que existe unha prioridade onde gastar os cartos do fútbol galego? Preguntámonos por que este clínic se fixo ultimamente  nun día e agora son necesarios tres, comprobe vostede mesmo na programación (follas nº 14) que se fixo o sábado a partir das 17:30 (tempo libre), máis a perda de tempo que supón a distribución das habitacións, máis os minutos que adicou o Director Deportivo do CTA da FGF Don Julio Amoedo Chas en facer “a pelota”  ao presidente, o ponente tiña que falar según a programación: “Directrices que rexerán na tempada 15 – 16”; o que temos que facer o deixou claro: louvanzas. Estamos convencidos que un día era o seu, e que existe en que investir os cartos do fútbol galego.

PETICIONES:

Señor Louzán, pedímoslle axuda, faga aplicar no Comité Galego de Árbitros as mesmas prácticas que aplica no resto de institucións que vostede xestiona: 

*Propoña incompatibilidade de cargos directivos no comité con familiares directos, de feito xa existe a de informador con familiar arbitrando na mesma categoría, e este ano o Señor Iglesias añadiu a de non permitir aos nosos delegados informar terceira e preferente; podía aplicarse o conto el mesmo.

*Impoña no Comité Galego de Árbitros a transparencia e xustiza como regra básica de xestión.

*Faga que se comprobe na delegación de Vigo o cobrado aos equipos nos torneos e o que se fai cos carnés de árbitros e entradas que cede o R.C. Celta de Vigo.

*Impoña que as delegacións (verdadeiros motores da arbitraxe galega) estean xestionadas por persoas capaces, motivantes, con ánimo de mellora. Non permita que se perda o capital deportivo que había a favor doutros que teñen como único mérito ser moi leal. 

*Revise os resultados deportivos da delegación de Vigo mentres Don Fernando Iglesias era o delegado. Pode consultar as clasificacións dos árbitros desta delegación nas distintas probas, en Vigo sempre fomos a primeira ou segunda delegación en número de árbitros pero os resultados eran moi escasos, sobre todo nos últimos anos a partir de entrada do seu fillo.

*Xa no nos sorprende que saían parabéns da sua boca para Don Fernando según nos contan as persoas  presentes na xuntanza de informadores, eran sesenta, curso todo o día, “examen” … foto e a Web. Pero, asegúrese de que os informadores son ex-árbitros capaces e xustos, non que informen por motivos afíns ao máximo mandatario. Pregunte porque ex-árbitros de categoría nacional e con experiencia no fútbol profesional nin sequera poden informar e aportarlle os seus coñecementos ás novas xeracións, non admitíndose a súa colexiación, sen expedientes nin respostas por escrito, ¿que terá que responder a isto?; existe unha regulamentación ou acaso el é o dono do fútbol galego? Pasadas unhas xornadas  cómo é que non tivemos informes e olladores nos campo? será que a Don Fernando non lle saen as contas, botou da organización a todo aquel de categoría e agora ten que botar man da terceira idade e de árbitros que nin sequera chegaron a Preferente Galicia. Os informadores teñen que ser capaces e estar actualizados, actualmente e de súpeto chama a xente que leva sobre 20 anos fóra da arbitraxe, outros entre 5 e 10 , ¿vostede sabe o que cambiou isto da información en cinco anos?. Parece que quere tirar os cartos do fútbol galego, con tal de conseguir ou seu obxectivo: o fillo.

Entendemos que un presidente ten que elixir os seus directivos, pero estábamos acostumados a un perfil educado, de categorías altas no fútbol español, con representación feminina…. Agora buscouse outro perfil, non quere a ninguén que polo seu “status social” o poida retratar, que non sexa coñecido fóra de Galicia, que non teña contacto con ningún dirixente da F.G.F. sen o seu consentimento;  agora os nosos novos directivos son:


Texto completo con los detalles del por el que los Árbitros Gallegos piden a Louzán la cabeza del Presidente del Comité, Iglesias Figueroa


-Don Jorge J. Fojo Rodríguez, Vicepresidente 1ª e responsable das designacións, alcanzou ser árbitro de primeira rexional. En Vigo non é coñecido precisamente pola súa dedicación e entrega á arbitraxe. Xa nunhas cantas designacións, e de non ser informado polos propios colexiados, existirían impugnacións por parte dos equipos por non ter este home a capacidade suficiente para realizar o seu labor; aínda que para o Señor Iglesias si a ten sempre e cando o seu fillo saia beneficiado dos nomeamentos e lle sirva os cubalibres na concentración de Cabeza de Manzaneda. Vaia imaxe que dan o vicepresidente 1º e o fillo.

-Don Eduardo Rodríguez Martínez, Vicepresidente zona norte aínda que formado como árbitro e nacido en Vigo. Descoñecemos as súas funcións. Foi árbitro de Terceira División. Non formaba parte da organización desde hai case catro anos. Pode preguntar como deixou a delegación da Coruña despois da súa xestión, ¿terá o mesmo obxectivo con todo norte?

-Don Ramón Arís Arribas, Vicepresidente zona sur. Tampouco sabemos a que se vai dedicar ou a que se está dedicando. Chegou a pitar tamén ata terceira. O máis coñecido del é a súa afinidade ao sector radical nacionalista. Levaba máis de catro anos fóra do colectivo.

-Don Carlos Pérez Rodriguez, Vogal de relacións externas, con máis de 25 anos fóra da organización arbitral. Ten máis de 70 anos. Íntimo de Don Fernando, nada máis que engadir.

Señor presidente ¿quen vai traballar pola mellora da arbitraxe galega? ¿quen nos vai motivar para mellorar nas probas e exames? ¿quen nos vai a axudar a preparar un partido? ¿quen nos vai acompañar e tutelarnos nas nosas viaxes fóra de Galicia  representando a F.G.F.?.

Este foi o rumbo que foi tomando o Comité de árbitros da F.G.F. desde o nomeamento de D. Fernando Iglesias Figueroa como presidente. Somos conscientes da dificultade que ten esta situación para vostede. Cremos que o enganaron, dada a traxectoria de xestión de vostede e a de Don Fernando, non existe outra explicación, non ten nada que ver un perfil con outro.

As súas intervencións públicas coma a recente entrevista en V Televisión animáronnos a  informalo do que está a acontecer. Falou dos presidentes das outras federacións (todos en idade de xubilación), xusto do que se está a rodear o presidente dos árbitros galegos, cunha diferenza, nin tan sequera teñen experiencia. 

Máis quedamos perplexos cos nomeamentos de Don Raúl Rois e de don Manuel Castiñeiras, nas delegacións provinciais de Ourense e Santiago, o do presidente de entrenadores, Don Manuel Fernández; tres homes xovenes e do seu estilo. Isto si que é un relevo xeneracional,  parabéns señor presidente. Mentres, seguimos sen entender como pon ao frente do noso colectivo a unha persoa con ideas e formas máis do século anterior  que dos tempos de agora,  dende que o señor Iglesias é dirixente, a súa persoa vai acompañada de conflitos, revoltas, demandas, xuízos, ameazas e un largo etcétera de asuntos que nada teñen que ver co deporte e cos deportistas; non ten máis que consultar a hemeroteca.  Na súa man está darlle un cambio no rumbo, antes de que sexa tarde,  antes que nos cansemos definitivamente, antes de que haxa medidas que poidan prexudicar a celebración de partidos, ou chegue aos medios de comunicación. 

Pedímoslle desculpas por quitarlle o seu valioso tempo, á vez que agradecemos a súa consideración e o respecto que amosa cara o noso labor  publicamente. Por iso cremos que era a nosa obriga informalo para evitar que lle puidese afectar a vostede, aínda que son poucos no colectivo que prefiren esperar a que o señor Iglesias siga enchendo o seu currículum de irregularidades e así saltar o escándalo, sen embargo a maioría de nós non queremos ver danada a imaxe da arbitraxe e a do fútbol galego. A vostede  apoiámolo na súa traxectoria presente e futura, mais só lle pedimos que faga o que estime correcto para o fútbol. O que temos claro é que nós non queremos ser cómplices.  Cremos que vai comprobar por si  mesmo que unha persoa que non estaba capacitada para levar adiante a Delegación de Vigo agora está á fronte do Comité Técnico Galego de Árbitros da F.G.F. 

Este é o sentir da inmensa maioría dos árbitros galegos, todos os datos que lle facilitamos son veraces ,iso si, non nos pregunte se estamos contentos con D.Fernando Iglesias, sería como preguntar en Corea do Norte si están contentos con Kin Jong-un. A resposta sería a mesma.

Coa esperanza de que teña en conta os árbitros de Galicia, reciba unha forte aperta.Futbol Base y mas

Volver a la Portada de Logo Paperblog