Revista Solidaridad

Un hombre utilizaba para aparcar la tarjeta de su mujer discapacitada ya fallecida en Pontevedra

Por Aparcamientodiscapacitados
Utilizaba a tarxeta de discapacidade da súa muller falecida para estacionar nas zonas reservadas a persoas con mobilidade reducida. A Policía Local descubriuno e denunciárono. Pero non é un caso illado nin casual. Os axentes alertan dun incremento desta práctica. As asociacións que loitan contra o uso fraudulento destas tarxetas tamén aseguran que cada vez hai máis casos.Os axentes localizaron o vehículo na praza de Valentín García Escudero en Pontevedra. O coche estaba estacionado nesta praza para persoas con discapacidade e na tarxeta expedida figuraba o nome dunha muller. A Policía Local comprobou que o condutor era un home de setenta e oito anos de idade e que a tarxeta correspondía á súa esposa falecida.
"Cando estaban os axentes procedendo a denuncia e requerimento do guindastre municipal para o traslado do vehículo por unha infracción de tráfico é cando aparece o condutor. Identifícase como o marido desta señora e dille a policía que acaba de estacionar e que vai recoller a muller. Ata que recoñece que a súa esposa faleceu hai dous anos e que estaba facendo un uso fraudulento da tarxeta durante todo o tempo".
Segundo a Policía Local, o uso fraudulento das tarxetas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida vai en aumento. Tamén o aseguran desde as asociacións que loitan contra esta práctica e afirman que preto dun cincuenta por cento fan un uso fraudulento das tarxetas."Cremos que é bastante corrente. De feito, pensamos que o cincuenta por cento das prazas de discapacitados que se atopan ocupadasfánse de xeito fraudulento. Precisamente por familiares, amigos ou coñecidos que usa a tarxeta para utilizar o aparcadoiro como VIP, un privilexio, cando en realidade é unha necesidade social".
"Hai un certo abuso. Estas tarxetas son a nome personal de persoas con movilidade reducida, non é o titular do vehículo. Polo tanto o vehículo cando estaciona nestas prazas, ten que ser o condutor ou ir acompañado do titular da tarxeta".
Os axentes requisáronlle a documentación e formularon a denuncia.
www.crtvg.es/informativos/un-home-utiliza-para-aparcar-a-tarxeta-da-sua-muller-discapacitada-que-xa-morreu-912851Licencia Creative Commons
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Volver a la Portada de Logo Paperblog