Revista Sociedad

Una realidad, no se apoya por la diputacion de la coruña el comercio local y ecológico para salir de la crisis

Publicado el 08 noviembre 2012 por Nofler @nofler8

Os recortes non poden coa maior feira ecolóxica de Galiza

A Deputación da Coruña decidiu non apoiar Terractiva, o máis grande evento de produtos e experiencias ecolóxicas do noso país. A 9º edición celebrarase, malia todo, do 17 ao 18 de novembro no Recinto Feiral Terra do Queixo de Arzúa. UNA REALIDAD, NO SE APOYA POR LA DIPUTACION DE LA CORUÑA EL COMERCIO LOCAL Y ECOLÓGICO PARA SALIR DE LA CRISIS
Arzúa será a capital dos produtos ecolóxicos os días 17 e 18 de novembro coa celebración, por noveno ano consecutivo, da Feira Ecolóxica de Galiza, Terractiva. Corenta e dous postos reunirán produtoras e produtores, asociacións, empresas e colectivos que teñen como principio, como afirma a organización, "un xeito de vivir de forma máis respectuosa coa contorna e cos seus habitantes".
Nesta edición preséntanse algúns produtos innovadores e outros que contan cada vez con máis aceptación. É o caso dunha cervexa artesá ou unha cata e demostración de queixos de cabra.
A Deputación da Coruña abandona o patrocinio
A que foi unha das apostas da Deputación da Coruña por promover e dinamizar o sector da produción ecolóxica, tan importante no noso país, deixou de ser do seu interese. Vai ser o propio concello e os postos que encherán a Feira os que carguen cos custes da súa celebración. É a primeira vez que acontece esta situación mais a organización pensa que o "éxito" do evento esta asegurado desde o momento en que en poucos días xa se superou o límite de espazo físico no recinto feiral por parte do sector. "As actividades que teremos seguirán e haberá charlas, coloquios e presentacións por parte dos participantes", asegura Manuel Vicente, responsábel de Culturactiva SCG.
O "éxito" do evento esta asegurado desde o momento en que en poucos días xa se superou o límite de espazo físico no recinto feiral por parte do sector
Alimentación natural e outros
Un dos apartados con máis presenza nesta feira de Arzúa é o da alimentación. Os días 17 e 18 de novembro poderanse atopar, ademais do tradicional queixo, produtos de apicultura, castaña, chocolate, viño ou panadería-repostería. Mais tamén veremos postos sobre o agro, a crianza natural, o comercio xusto, as plantas medicinais e a cosmética natural.
Unha das empresas que terá a súa primeira experiencia en Terractiva é a Factoría Ecolóxica de Biofactory. Brother Fernández, o seu responsábel, xa participou noutras edicións e nesta, co novo proxecto, presentará xelados, queixos crema e viños ecolóxicos mencia, entre outros, feitos na Galiza e con materia prima galega. "Estamos pola produción ecolóxica e propia no país, é unha mágoa que se venda a peso fóra cando o mellor seria a transformación aquí mesmo".
fuente: XERMOS GALIZA

Volver a la Portada de Logo Paperblog