Revista Salud y Bienestar

Vintecinco

Por Enferevidente @EnferEvidente
VintecincoHoxe debería ser un día moi especial para min e para moitas mais compañeiras... hoxe fai 25 anos que nos entregaron certo documento que nos habilita para exerce-la profesión de coidar.
Tamén fai 25 anos que escomencei a paga-la cuota colexial; lembro perfectamente o nome do presidente do colexio no que me inscribín... Que porqué o lembro? Sinxelo, segue a se-lo mesmo: Sergio Quintairos.
Por desgracia esta historia se repite en moitos dos colexios provinciais e, aínda peor, no Consello Xeral de Enfermeiría.
Seica JC Cela dicía que "O que resiste vence"; eu négome a pensar así e ó igual que penso que a antiguedade como "mérito remunerable" non ten ningún senso tampouco o ten facer festa dun día así porque si miramos atrás con serenidade e contemplamo-lo acadado nestes 25 anos pola profesión semella: fume.
O bó do tempo non é velo pasar ou percibilo nas marcas do camiño feito; o bó e saber que por diante quedan roteiros por descubrir.

Volver a la Portada de Logo Paperblog