Revista Cultura y Ocio

As andanzas de Paio de OVIRAVAI

Publicado el 17 julio 2020 por Kericolo @PalabrasyMundos
As andanzas de Paio de OVIRAVAIAs andanzas de Paio hoxe me fixeron bailar, un pequeno libro da Editorial Galaxia onde atoparedes ós animáis máís marchosos do mundial bailando e pasándoo ben, e ó mesmo tempo, facendo comprender ós máis pequenos da casa da importancia da reciclaxe, e do cuidado da natureza. Para min foi sorprendente ver que, Paio, viaxa polo mundo adiante coñecendo a outros animáis que son divertidos e teñen una vida distinta da súa, pero non menos interesante. Así coñeceredes a Armando, un armadillo capitán de barco, ou o tiburón que canta cando coñece novos amigos e, que ben canta!!. E falando de cantar, qué me dicides da familia Sapo? Esa familia, penso eu, que debería de ir a  un concurso de canto, porque quedan de primeriños¡¡Un libro moi divertido, que inclúe as cancións nun CD, para que os nenos podan bailar e disfrutar mentras len o libro¡¡ Magníficamente ilustrado da man de David Álvarez e Laura Iglesias, coas súas ilustracións, fan que a imaxinación dos nenos salte entre as cores e os animáis de manera vertixinosa.Ademáis da man de Verónica Santalices e Federico Welicki, todo o mundo se pon a bailar coas divertidas cancións adicadas ós animáis tan divertidos deste pequeno conto. Queredes máis? Pos a leer e a bailar con As andanzas de Paio¡¡ Ídelo disfrutar, tanto os nenos como os non tan nenos, boa lectura.
OVIRAVAI
As andanzas de Paio de OVIRAVAIOVIRAVAI son Verónica Santalices, Laura Iglesisas, Federico Wlicki e David Álvarez. Eles fan todo: tocar, ilustrar e, sobre todo, crear música. A iso se dedican, nalgúns casos dende hai décadas e polo mundo adiante. son veciños de Vigo e de porta, e amosan o seu traballo a través da colección Sonárbore de Galaxia. 




Ficha técnica

 Título As andanzas de Paio

 Autor OVIRAVAI

 EditorialGalaxia

 Páxinas 24 páxinas

 Año de edición
 2016

 ISBN978-84-9865-675-8

 Precio 20,00 €




Volver a la Portada de Logo Paperblog