Revista Arte

Banksy en Seven Sisters

Por Calamar
Banksy en Seven Sisters
O vello leva unha americana de pata de galo tres ou catro talles máis grande. Senta xunto á tola que leva uns minutos pedindo un cigarro a cada peón que pasa por diante da súa mesa na terraza do Open, en Seven Sisters. Dentro a maioría dos clientes son pensionistas, ou emigrantes que só falan do seu país para non sentir o remordemento de non estranalo. A tola bebe unha cocacola light pero érguese e marcha cando a dona do café lle di que deixe de molestar. A dona semella rumanesa ou búlgara, e sempre leva o mesmo sorriso vencido. Pídolle un cafe late, e tamén coma sempre, arde como o lume, non sabe facelo ou non lle importa. Entra o vello da americana grande e senta na miña mesa. Pregúntame se estudei algo e respondo historia da arte. Entón di once there came a guy and painted something on the back wall, but now they put a glass.

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Revistas