Chegou ata as miñas mans este libro pequeno de título "Vic e Bombona" da escritora Sara Barreiro. A Editorial Galaxia inclúe este libro na súa colección Árbore, dedicada as lecturas para nenas e nenos maiores de 10 anos.Sen dúbida é unha historia moi orixinal e que te mantén pegada as súas follas desde o principio ata o final do libro. É unha narración feita co unha linguaxe sinxela cuio protagonista é un cativo, aventureiro e curioso que ben podría ser un dos nosos cativos. Os nenos sentiránse moi intrigados e non pararán de ler porque lles gustaría pasar unha aventura así de divertida nas súas vidas.
Bic, que así se chama o protagonista deste pequeno conto, fará uns incribles achados no seu pobo que levarano a descubrir historias e misterios doutros tempos. Non penso contar máis cousas do argumento do libro, o que si diréi é que de maneira sutil a autora leva a reflexión os nenos sobre o respecto ós mestres e lles fai meditar sobre a importancia de acudir ó colexio e de ser puntuáis e responsables, tamén engade unha importante reflexión sobre o respecto á natureza e lles ensina a disfrutar dos nosos entornos naturáis facendo actividades no campo cos amigos e familiares como outra opción para encher os espacios de lecer das súas vidas. Estou segura que eles atoparán aínda máis ensinanzas coa lectura deste libro, pero eso mellor será que o descubran eles mesmo.
Unha historia a de Bic e Bombona ben construída, onde os nenos non deixarán de ler porque a autora conta as aventuras de Bic de tal maneira que eles mesmos sentirán que están a vivíla con Bic no mesmo momento, e sen darse conta estarán a practicar a súa lingua e a lectura de maneira fácil e divertida.
Misterios e diversión para os máis pequenos da man de Bic e Bombona, cunha historia moi orixinal e divertida, unha boa adquisición¡¡